lunes, 12 de marzo de 2012

Resultados Competición Interna e Control de Noia

Sábado os nosos atletas disfrutarón de unha intensa mañan de atletismo nas pistas da USC, facendo un ensaio para as próximas probas en pistas que estan por vir as vindeiras semanas.

Aínda que nun principio pretendiíamos que cada un dos atletas tomase parte en 2 probas apenas, por motvos de organización e tempo, a grande colaboración por parte dos pais, do Xuez Suso da delegación de Santiago e tamén dos adestradores e membros da directiva, permitiu que cada atleta fixera todas as probas segundo a súas vontade permitindo que o grande obxectivo que era probar o ambiente de competición en diferentes probas se lograra con creces.

O outro obxectivo era ter unha referencia de marcas para que poideramos, dende a dirección técnica, definir as probas que mellor pode desempeñar cada un dos atletas e tamén aquelas onde poden acadar mínimas para algún campionato de nivel autonómico.

Os Resultados serán enviados próximamente e contamos coa compreensión de todos por algún erro que poidan ter unha vez que a organización e xestión foi feita por xueces non profesionais.

Por outra banda a federación Galega cambiou a data de inscripción do campionato Galego Benxamín, Alevín, Infantil que se disputará en Coruña o vindeiro 31/03. Polo tanto, apenas os atletas Cadetes e Xuvenis teñene especial interés en acudir ao Control de marcas de Noya o vindeiro Sábado 17/03, onde poderán competir en probas previstas e horarios no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/hs170312.pdf

Aqueles Pais e Atletas de outras categorias que teñan dúbidas ou que, ainda podendo facer as mínimas na competición do día 24/03 en Santiago, teñan especial interés en competir en Noya, deben entrar en contacto cos adestradores ou mandar un correo a millaraio@gmail.com antes do mércores as 22:00.

Polo tanto a todos os que non van a Noya, adestramento todos na Pista de 11:00-12:30 os do Grupo1 (2002 e anteriores) e de 12:30 a 13:30 os do G2 -(2003, 2004 e 2005).

Un Saúdo!

No hay comentarios: