O palacio de Deportes de Riazor en A Coruña será o cenario do Campionato Galego de PC o vindeiro Sábado en Xornadas de mañan e tarde. A participación no Campionato queda condicionada a selecion por marcas que vaise facer con base nas listas que enviarón os clubes ata onte pola noite. Mércores ou Xoves pola mañan, enviaremos a lista definitiva e os horarios por si hai algunha variación en decorrencia da alta inscripción.
O feito de ser un campionato de Galicia e en Pista Cuberta (menos calles e menos participantes por proba) condiciona a seleción, que tamén é mais dificil para os nosos, pois apenas competirón en pista 1 ou 2 veces na presente tempada, unha vez que no inverno hai predominancia das competicións de cros e da preparación para a pista ao aire libre. Ainda así esperamos levar unha boa representación do Millaraio à Competición.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario