Boa participación dos atletas do noso club no Campionato Escolar de Pista Aire Libre nas pistas da universidade de Santiago.
Neste campionato puidemos ver o estado de forma dos nosos atletas e os erros que temos que corrixir e mellorar para vindeiras citas. Os resultados foron na súa grande maioria mellores que os acadados na competición interna, pois xa foron feitos axustes e os atletas xa poiderón ganar experiencia na cita organizada polo clube.Tamén se acadarón varias MMP (mellores marcas persoais) o que deixara aos nosos atletas mellores colocados no ranking de Galicia.
Resaltar tamén o agradable día de atletismo que vivimos todos os presentes o sábado na competición na que o bo ambiente e a climatoloxía axudaron a que todo transcorrese estupendamente.
No enlace de aquí abaixo podedes consultar os resultados oficiais.
http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s240312.pdf
Parabéns para todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario