miércoles, 30 de enero de 2013

ATENCIÓN -CALENDARIO FEBREIRO


Con os cambios do calendario das competicións escolares de campo a través por mor do tempo, anunciamos algúns axustes para as actividades das vindeiras semanas, co fin de axudar a todos a facer unha mellor programación e contar con todos os atletas nas competicións e adestramentos.

Todos os cambios xa están actualizados no calendario, na parte superior Dereita do blog, aínda que faltan por avanzar as informacións de regulamentos e detalles que iremos achegando unha vez se nos comunique.

Adiantamos que as dúas próximas semanas son de adestramento normal unha vez que Provincial de Campo a Través será o 16 de febreiro. Non teremos adestramento o luns de carnaval, pero si o mércores, cando adestran todos nas pistas da USC, aproveitando peche do pavillón do Milladoiro. 

Trofeo Josefina Romero de Marcha


Malia as difíciles condicións atmosféricas encontradas no pasado Domingo en Vilagarcia de Arousa, dúas atletas do Millaraio participaron na primeira etapa do memorial Josefina Romero de marcha atlética, alcanzando bos resultados unha vez que melloraron súas marcas persoais e conseguiron puntos importantes para a clasificación final do circuito!

Vanesa Varela Rivas acabou os 5km Xuvenil en 40’23” , estando cada vez mais preto de baixa os 40 minutos. A nosa outra representante, Natalia Sánchez Pardo competiu nos 3km Infantil e segue a súa imparable progresión (xa mellorou mais de 8 minutos a marca da súa primeira participación), parando no crono en 24’12” o que supón unha mellora de mais de 1 minuto en relación a súa anterior marca.

O circuíto terá a súa segunda etapa en Cangas o Vindeiro 10 de febreiro e todos aqueles atletas interesados en participar deben comunicar ao seu adestrador o interese e pedir que se lle faga a inscrición. Deixamos abaixo  o enlace coa información do circuíto de probas organizado pola Federación Galega e que busca fomentar as probas de marcha, con grande tradición no atletismo de Galicia e España.

domingo, 27 de enero de 2013

Millaraio o grande protagonista do Intercomarcal de Cross en Santiago

As Choivas dos últimos días pararon un instante para que o campo a través pasara pola Alameda Compostelá na mañá do sábado, deixando unha grande competición deportiva onde un total aproximado de 250 cativos de Santiago e rexión, tomaron a saída en algunha das probas.

O Millaraio presentou mais de 50 atletas, con equipos en todas as categorías alcanzando o podio por equipos en todas elas sendo que os 2 primeiros equipos de cada categoría e os 8 mellores atletas individualmente teñen segura a praza para disputar o Campionato Provincial (09 ou 16 de febreiro e non mais o 02. Confirmarémolo proximamente).  

A falta dos resultados oficiais, adiantamos os postos por equipos:
Benxamín Masculino e Feminino: 3º
Cadetes Masculino, Infantil Masculino y Feminino: 2º (Clasificados para o Provincial)
Cadetes Feminino; Alevín Masculino e Feminino: 1º (Clasificados para o Provincial)

Durante a semana esperamos ter a lista cos clasificados para poder comunicar a todos e preparar as próximas citas do Campo a través. Tamén facilitaremos os resultados oficiais aquí no blog unha vez os publique a Delegación de Atletismo.


RESULTADOS COMPLETOS:    http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1276


Adestramentos da semana:

Luns, 28/02 non abren as pistas de atletismo por día do Patrón da Universidade, pero como é importante manter a actividade e,  diante  da previsión de que non teremos choiva, faremos igualmente o adestramento, nos mesmos horarios de sempre e encontrándonos diante da entrada das pistas. (non traer clavos nin roupa para ducharse)
Sábado 02/02 teremos adestramento normal nas pistas de atletismo nos Horarios habituais.

RENOVACIÓN CAMISETA DE COMPETICIÓN


O vindeiro Sábado 2 de Febreiro,a responsable do material deportivo estará nas pistas para que poidades renovar a camiseta de competición (a branca) se temos a que necesitades. 
A condición é que traiades a que usades nestes momentos. 

IMPORTANTE: SÓ SE RENOVARÁ AOS ATLETAS QUE  TRAIAN A SÚA CAMISETA

miércoles, 23 de enero de 2013

Campionato Escolar de Campo a Través - Fase Intercomarcal


Con motivo do aprazamento do Intercomarcal de cros para o día 26/01, todas as nformacións que valían para o día 19 son válidas para o vindeiro sábado, pero necesitamos que aqueles que estan nas listas de inscritos para o cros e non poden vir, avisen antes de Xoves para que poidamos axustar os equipos!

Recordamos que non é necesario levar os clavos e que cada atleta debe estar polo menos 45 minutos antes da saída da súa proba, levando sempre a camisola branca, a oficial do Millaraio para competicións!

Listas:


Aqueles atletas que nos están clasificados terán adestramento na mesma alameda de 11:00 a 12:30.

   Deixamos o detalle dos horarios e distancias:

6- Horario e distancias aproximadas a percorrer.

                    Hora                       Categoría                     Distancia aproximada
     ---------------------------------------------------------------------------------------------
11                   Benxamin feminino                        600 ms
11,06             Benxamín masculino                     600ms
11,12            Alevin feminino                              800 ms
11,22             Alevin masculino                            1.200 ms
11,32             Infantil feminino                             1.200 ms
11,45             Infantil masculino                           1.800 ms
12,00             Cadete feminino                             1.800 ms
12,15             Cadete masculino                          3.500 ms


   É a primeira vez na historia do Millaraio que participaremos con equipos en todas categorías na fase intercomarcal o que nos dará mais posibilidades de conseguir clasificar a mais atletas para o campionato provincial (2 primeiros equipos de cada categoría e os 8 mellores individuais).

Con motivo de varios aprazamentos de outros probas na provincia de A Coruña, o Campionato provincial pasará do día 02/02 ao día 09/02 no mesmo local. Xa daremos mais información aos clasificados na vindeira semana.

domingo, 20 de enero de 2013

Campionato galego de Cross - Memorial Alejandro Lorenzo


Nun día desapracible, de frío choiva e vento, disputáronse no circuíto do Monte do Gozo as carreiras de cross do memorial Alejandro Lourenzo e tamén o campionato Galego de Cros Cadete e Xuvenil, onde o Millaraio estivo representado por uns valentes atletas que enfrontaron con moita valentía o desafío que supuña un circuíto cheo de barro!

Na primeira carreira da xornada, Valeria Batire fixo unha grande carreira e foi a única representante dos benxamíns na carreira de practicamente 1km. Os Alevíns do Clube estiveron representados por Nicolás Iglesias e David Varela que completaron o circuíto de 2km que xa estaba cada vez mais embarrado!


Valentes chicas do Millaraio!

Chegou a vez das Infantís, que con unha presenza de 5 atletas optaban a clasificación por equipos e, aínda que non sen especialistas en probas de cross, fixeron unha boa proba , quedando 6ªs por equipos e demostrando que o relevo para o equipo cadete está garantido!

O grande logro do Clube foi presentar por primeira vez un equipo nun campionato galego de cross e as nosas atletas non defraudaron e defenderon os colores do Millaraio con unha garra impresionante!

 As 6 atletas convocadas finalizaron a carreira mais dura da xornada unha vez que o vento aumentou, comezou a chover moito mais forte e o circuíto de 3,100m machacado polas  outras categorías, fíxose mais duro se cabe. É un orgullo para o noso Clube contar con atletas tan valentes e que aceptan todos pos desafíos que se lles presenta e como premio conseguiron ser o 7º mellor equipo de Galicia!

Os Xuvenís tamén marcaron presenza  no cros! Vanesa Varela, Antón e Francisco López tiñan que facer 4 e 6 km respectivamente en condicións moi duras, mesmo sendo especialistas en outras probas de pista e ruta. Vanesa finalmente non puido completar a proba e segue a súa preparación para os 5km Marcha en Vilagarcía a vindeira semana. Antón e “Fuco” completaron o desafío cun tempo próximo a 35 minutos no que puido ser unha das carreiras mais duras da súa vida!
Parabéns a todos!!!

Resultados: http://www.atletismogalego.com/fga/p2.asp?id=2441

lunes, 14 de enero de 2013

Campionato Galego Inf/Alev/Benx de Pista Cuberta


Disputouse este Domingo e Millaraio acadou un novo éxito, tanto en número de participantes como en obxectivos puramente atléticos xa que moitos dos nosos atletas melloraron a súa marca persoal, acadaron postos de finalista e incluso obtiveron medallas.

A UN CHANZO DAS MEDALLAS: 
Os atletas Mario Vilar Veiga e Carlos Díos Suárez conseguiron un meritorio 4º Posto no 50 m.l das súas respectivas categorías. 
Pablo Díaz Oiza quedou no 5º Posto no 1000 m.l Alevín Masculino. 
Hugo Rodríguez e Diego Alonso chegaron no 5º e 6º Posto respectivamente nos 2000 m.l Infantil Masculino. 
No Lanzamento de Peso Alevín Masculino Antón Nogueira acariciou as medallas quedando finalmente no 4º Posto. 
En categoría feminina Claudia Costas acadou un 4º posto en Salto de Lonxitude quedándose tan so a 3 centímetros do bronce mentres que María Hernando foi 6ª nos 500 m.l Infantil cun moi bo rexistro.

MEDALLAS: 
Os medallistas (OURO) do Clube Atletismo Millaraio neste caso foron os Irmáns Dani e Decky Mato compartindo especialidade: os 1000 m.l

¡¡¡Parabéns para todos!!!

Para consultar os resultados completos deste campionato visitar a seguinte ligazón: 

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Coruna/c130113.pdf

miércoles, 2 de enero de 2013

Campionato Galego de Pista Cuberta


Despois da participación de Natalia Sanchez e Vanesa Varela no primeiro campionato galego do ano, o Campionato de marcha atlética en pista, chegou a vez da Pista Cuberta ser a protagonista o vindeiro 13/01, nas pistas do palacio de deportes de Riazor (única pista baixo teito de Galicia), onde os atletas das categorías Benxamín, Alevín e Infantil participaran en diferentes probas de pista en xornada de mañá e tarde (depende da proba).



A participación para esa competición está condicionada a posición no ranking de marcas da federación galega, polo que os atletas que teñen ficha por primeira vez ese ano e non teñen marca acreditada en probas de pista non teñen opcións de acudir.

A CONFIRMACIÓN É OBLIGATORÍA E NON SE FARÁ A INSCRIPCIÓN DE NINGÚN ATLETA QUE NON CONFIRME ATA O 07/01/2013. Pódese confirmar aceptando ou rechazando a invitación enviada por email ou, en caso de que teñades problemas para facelo, enviando un correo electrónico a millaraio@gmail.com .

Enviaremos para a inscrición as marcas dos atletas que confirmen interese en participar e faremos chegar as listas cos atletas admitidos e en cales probas están inscritos o xóves ou venres anterior á competición. A confirmación e non participación sen xustificativa implica en multa por parte da federación.

Non hai transporte en autobús previsto para esa competición.

Reglamento de la competición:

http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2071-2012.pdf

Podedes consultar o Ranking das diferentes probas en:

http://www.atletismogalego.com/fga/ranking.asp

O Obxectivo principal do Clube é levar canto mais atletas sexa posible para que teñan unha experiencia nun tipo de competición de pista diferente e que se fai apenas unha vez a cada ano. Os atletas das categorías Cadete e Xuvenil teñen seus campionatos en PC no mes de Febreiro e buscaran conquistar as mínimas nas vindeiras semanas.