Con os cambios do
calendario das competicións escolares de campo a través por mor do tempo,
anunciamos algúns axustes para as actividades das vindeiras semanas, co fin de
axudar a todos a facer unha mellor programación e contar con todos os atletas
nas competicións e adestramentos.
Todos os cambios xa
están actualizados no calendario, na parte superior Dereita do blog, aínda que
faltan por avanzar as informacións de regulamentos e detalles que iremos
achegando unha vez se nos comunique.
Adiantamos que as
dúas próximas semanas son de adestramento normal unha vez que Provincial de
Campo a Través será o 16 de febreiro. Non teremos adestramento o luns de
carnaval, pero si o mércores, cando adestran todos nas pistas da USC, aproveitando
peche do pavillón do Milladoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario