Malia as difíciles
condicións atmosféricas encontradas no pasado Domingo en Vilagarcia de Arousa,
dúas atletas do Millaraio participaron na primeira etapa do memorial Josefina Romero
de marcha atlética, alcanzando bos resultados unha vez que melloraron súas
marcas persoais e conseguiron puntos importantes para a clasificación final do
circuito!
Vanesa Varela
Rivas acabou os 5km Xuvenil en 40’23” , estando cada vez mais preto de baixa os
40 minutos. A nosa outra representante, Natalia Sánchez Pardo competiu nos 3km
Infantil e segue a súa imparable progresión (xa mellorou mais de 8 minutos a
marca da súa primeira participación), parando no crono en 24’12” o que supón
unha mellora de mais de 1 minuto en relación a súa anterior marca.
O circuíto terá a
súa segunda etapa en Cangas o Vindeiro 10 de febreiro e todos aqueles atletas
interesados en participar deben comunicar ao seu adestrador o interese e pedir
que se lle faga a inscrición. Deixamos abaixo
o enlace coa información do circuíto de probas organizado pola Federación
Galega e que busca fomentar as probas de marcha, con grande tradición no
atletismo de Galicia e España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario