lunes, 14 de enero de 2013

Campionato Galego Inf/Alev/Benx de Pista Cuberta


Disputouse este Domingo e Millaraio acadou un novo éxito, tanto en número de participantes como en obxectivos puramente atléticos xa que moitos dos nosos atletas melloraron a súa marca persoal, acadaron postos de finalista e incluso obtiveron medallas.

A UN CHANZO DAS MEDALLAS: 
Os atletas Mario Vilar Veiga e Carlos Díos Suárez conseguiron un meritorio 4º Posto no 50 m.l das súas respectivas categorías. 
Pablo Díaz Oiza quedou no 5º Posto no 1000 m.l Alevín Masculino. 
Hugo Rodríguez e Diego Alonso chegaron no 5º e 6º Posto respectivamente nos 2000 m.l Infantil Masculino. 
No Lanzamento de Peso Alevín Masculino Antón Nogueira acariciou as medallas quedando finalmente no 4º Posto. 
En categoría feminina Claudia Costas acadou un 4º posto en Salto de Lonxitude quedándose tan so a 3 centímetros do bronce mentres que María Hernando foi 6ª nos 500 m.l Infantil cun moi bo rexistro.

MEDALLAS: 
Os medallistas (OURO) do Clube Atletismo Millaraio neste caso foron os Irmáns Dani e Decky Mato compartindo especialidade: os 1000 m.l

¡¡¡Parabéns para todos!!!

Para consultar os resultados completos deste campionato visitar a seguinte ligazón: 

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Coruna/c130113.pdf

No hay comentarios: