Nun día
desapracible, de frío choiva e vento, disputáronse no circuíto do Monte do Gozo
as carreiras de cross do memorial Alejandro Lourenzo e tamén o campionato
Galego de Cros Cadete e Xuvenil, onde o Millaraio estivo representado por uns
valentes atletas que enfrontaron con moita valentía o desafío que supuña un circuíto
cheo de barro!
Na primeira
carreira da xornada, Valeria Batire fixo unha grande carreira e foi a única representante
dos benxamíns na carreira de practicamente 1km. Os Alevíns do Clube estiveron representados
por Nicolás Iglesias e David Varela que completaron o circuíto de 2km que xa
estaba cada vez mais embarrado!
Valentes chicas
do Millaraio!
Chegou a vez das
Infantís, que con unha presenza de 5 atletas optaban a clasificación por
equipos e, aínda que non sen especialistas en probas de cross, fixeron unha boa
proba , quedando 6ªs por equipos e demostrando que o relevo para o equipo
cadete está garantido!
O grande logro do
Clube foi presentar por primeira vez un equipo nun campionato galego de cross
e as nosas atletas non defraudaron e defenderon os colores do Millaraio con unha
garra impresionante!
As 6 atletas convocadas finalizaron a carreira
mais dura da xornada unha vez que o vento aumentou, comezou a chover moito mais
forte e o circuíto de 3,100m machacado polas outras categorías, fíxose mais duro se cabe. É
un orgullo para o noso Clube contar con atletas tan valentes e que aceptan
todos pos desafíos que se lles presenta e como premio conseguiron ser o 7º mellor equipo de Galicia!
Os Xuvenís tamén
marcaron presenza no cros! Vanesa
Varela, Antón e Francisco López tiñan que facer 4 e 6 km respectivamente en
condicións moi duras, mesmo sendo especialistas en outras probas de pista e
ruta. Vanesa finalmente non puido completar a proba e segue a súa preparación
para os 5km Marcha en Vilagarcía a vindeira semana. Antón e “Fuco” completaron
o desafío cun tempo próximo a 35 minutos no que puido ser unha das carreiras
mais duras da súa vida!
Parabéns a
todos!!!
Resultados: http://www.atletismogalego.com/fga/p2.asp?id=2441
Resultados: http://www.atletismogalego.com/fga/p2.asp?id=2441
No hay comentarios:
Publicar un comentario