Despois da participación de Natalia Sanchez e Vanesa Varela no primeiro campionato galego do ano, o Campionato de marcha atlética en pista, chegou a vez da Pista Cuberta ser a protagonista o vindeiro 13/01, nas pistas do palacio de deportes de Riazor (única pista baixo teito de Galicia), onde os atletas das categorías Benxamín, Alevín e Infantil participaran en diferentes probas de pista en xornada de mañá e tarde (depende da proba).
A participación para esa competición está condicionada a posición no ranking de marcas da federación galega, polo que os atletas que teñen ficha por primeira vez ese ano e non teñen marca acreditada en probas de pista non teñen opcións de acudir.
A CONFIRMACIÓN É OBLIGATORÍA E NON SE FARÁ A INSCRIPCIÓN DE NINGÚN ATLETA QUE NON CONFIRME ATA O 07/01/2013. Pódese confirmar aceptando ou rechazando a invitación enviada por email ou, en caso de que teñades problemas para facelo, enviando un correo electrónico a millaraio@gmail.com .
Enviaremos para a inscrición as marcas dos atletas que confirmen interese en participar e faremos chegar as listas cos atletas admitidos e en cales probas están inscritos o xóves ou venres anterior á competición. A confirmación e non participación sen xustificativa implica en multa por parte da federación.
Non hai transporte en autobús previsto para esa competición.
Reglamento de la competición:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2071-2012.pdf
Podedes consultar o Ranking das diferentes probas en:
http://www.atletismogalego.com/fga/ranking.asp
O Obxectivo principal do Clube é levar canto mais atletas sexa posible para que teñan unha experiencia nun tipo de competición de pista diferente e que se fai apenas unha vez a cada ano. Os atletas das categorías Cadete e Xuvenil teñen seus campionatos en PC no mes de Febreiro e buscaran conquistar as mínimas nas vindeiras semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario