A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia desenvolve por segundo ano consecutivo o programa XOGADE (Xogos Deportivos Galegos) co obxectivo de achegar, a través do xogo, o deporte ao maior número posible de escolares galegos de primaria e secundaria.
XOGADE conta con actividades deportivas competitivas e actividades deportivas lúdico-recreativas nun total de 21 deportes entre os que ten cabida o atletismo. Os escolares poden competir, de xeito individual ou por equipos, en atletismo en pista e atletismo en pista cuberta. Nas actividades lúdico-recreativas desenvólvense os programas “xogando co atletismo 1” e “xogando co atletismo 2”.
As categorías dos XOGADE son: Benxamín (2002-2001); Alevín (2000-1999); Infantíl (1998-1997) e Cadete (1996-1995-1994).
Os programas “xogando co atletismo 1”(Benxamín e Alevín) e “xogando co atletismo 2” (Infantil e Cadete) lévanse a cabo por parte das delegacións da Federación Galega de Atletismo e a colaboración dos clubs de atletismo interesados en intervir na organización dos XOGADE, previa inscrición. Este ano o prazo de inscrición rematou o 26 de outubro.
Para as actividades deportivas-competitivas o prazo de inscrición remata o 15 de xaneiro do 2010. As competicións teñen lugar a nivel local, comarcal, provincial e autonómico. Os benxamíns e alevíns participan nas fases local, comarcal e provincial. As categorías infantís e cadetes poden chegar a concursar nas fases autonómica e nacional. Moitas modalidades deportivas distinguen duas ligas: “liga A” e “liga B”, có obxectivo de recuperar os participantes que quedan eliminados nas primeiras fases para que poidan seguir xogando, garantindo así uns dos obxectivos principias de XOGADE: máis tempo de práctica para o maior número de escolares posible.
Poden inscribirse centros de ensino, ANPAs, clubes, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas e asociacións de Galicia a través desta páxina. Tamén vos podedes informar na páxina da Federación Galega de Atletismo.
Para os programas “xogando co atletismo 1” e “xogando co atletismo 2” chegamos tarde, pero a min parécenme unhas actividades deportivas do máis interesante para vindeiros cursos. Que opinades?
2 comentarios:
O programa está ben falta que colla os de prebenxamin, a ver para o ano mirarase de apuntarse. Saudos
Sería estupendo se poidesemos apuntarnos aos Xogade
Publicar un comentario