miércoles, 25 de noviembre de 2009

A ponte de decembro estará plagada de carreiras


O sábado 5 de decembro celebrarase a XI Carreira Pedestre Lestrove-09, a partir das 16.00 h. 

A Saida e Meta estarán situadas no lugar de A Devesa, xunto F.P. e o Pavillón Novo de Padrón.
As categorías, percorrido e hora de saída son:
PITUFOS / 0 a 5 anos / 150 m. / 16:00 h.
A e B / nenos e nenas de 6 a 10 anos / 860 m. / 16:10 h.
C e D / nenos e nenas de 11 a 13 anos / 2.220 m. / 16:25 h.
E e F / nenos de 14 a 16 e nenas de 14 a 17 anos / 2.220 m. / 16:25 h.
G, H, I, J,K,L,M,N / 17 anos en diante/ 8.750 m. /17:00 h.

Premios: 350 camisetas, medalla para todos os Pitufos, trofeo aos 3 primeiros de cada categoria, trofeo aos 3 primeiros equipos (puntuan 4 atletas). 



O domingo, 6 de decembro celebrarase o XXXVI Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas a partir das 10.00 h. Terá lugar na Alameda Vella de Cangas e as distancias a percorrer van dende os 250 metros aos 9.000 m. Organiza o Club de Atletismo Vila de Cangas. 


Finalmente, o martes 8 de decembro, terá lugar a Carreira Pedestre Gran Premio La Bella Otero, en Valga. A hora de comenzo é a partir das 11:00 h. no Teleclube de Cordeiro (km 3 da estrada PO-548 dende Pontecesures a Vilagarcía).

Categorías, idades e percorrido:

A e B/nenos e nenas de 6 a 8 anos/ 800 m.
C, D, F/ nenos e nenas de 9 a 12 anos e nenas de 13 a 16 anos/ 2.200 m.
E, G, H, I, J, K e L/ 6.600 m.
Trofeo aos tres primeiros de cada categoría e CHURRASCO gratis para todos os participantes.

1 comentario:

Xosé Luís Ramos dijo...

Buenas recordar a la persona responsable del blog , que el día 12/12/09 también hay carrera en Santiago , en el II Cros de Santiago, a celebrarse en el parque Eugenio Granel.

Gracias.