sábado, 25 de diciembre de 2010

LOTERIA DE NADAL

Como xa sabedes, tocounos un pequeno premio na lotería do nadal, deste xeito vos comunicamos que o pago dos premios farase a partir do vindeiro luns día 27 de decembro.

A entidade bancaria elexida para o depósito dos décimos e o pago dos premios é o Banco Etcheverría sito na rúa García Prieto nº 58, en Santiago de Compostela.

Un saúdo da Directiva.

miércoles, 20 de octubre de 2010

ÚLTIMAS NOVAS ADESTRAMENTO


A Dirección Deportiva  do Club de Atletismo Millaraio decidiu modificalo adestramento do Primeiro Grupo (os nados a partir do 2002) do sábado 23 de outubro.

Como premio o bo inicio da tempada 2010/2011, os/as socios/as do Primeiro Grupo levaran a cabo o seu primeiro adestramento na pista de atletismo do Campus Universitario.

Polo tanto, os/as socios/as do Primeiro Grupo e do Segundo Grupo, quedan todos/as convocados/as para adestrar o sábado 23 de outubro ás 12:00 h. na pista de Atletismo do Campus Universitario de Santiago.

Esta convocatoria non modifica as datas, horas e lugares dos adestramanetos habituais. De tódolos xeitos, estade atentos o blog e o correo polas posibles variacións que poidan xurdir cos adestramentos.

Unha aperta.

XI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

O domingo 24 de outubro celébrase a XI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, a partir das 11:00h.

A Saída e a Meta estarán situadas no Paseo Fluvial de Bertamiráns.

As categorías, percorrido e hora de saída son:

Prebenxamín / 2003 e posteriores / 500 m. / 11:00 h.
Benxamín / 2001 e 2002 / 500 m. /11:10 h.
Alevín / 1999 e 2000 / 1.500 m. / 11:20 h.
Infantil / 1997 e 1998 / 2.500 m. / 11:35 h.
Cadete / 1995 e 1996 / 2.500 m. / 11:35 h.

Premios: trofeo aos 3 primeiros de cada categoria, masculinos e femininos.

Máis información

Todolos/as socios/as do Club de Atletismo Millaraio están apuntados a dita carreira a ser considera de interese polo club, ademáis dito día farase a foto oficial da tempada 2010/2011.

Unha aperta da Xunta Directiva e esperamos veros a todos/as o día da carreira.

jueves, 7 de octubre de 2010

MODIFICACIÓN ADESTRAMENTO SEGUNDO GRUPO

Indicarlles os/as socios/as do segundo grupo de adestramento que a partir do vindeiro sábado 9 de outubro, dito día incluido, os adestramentos comezarán ás 12:00 e non ás 13:00 nas pistas do Campus Universitario de Santiago de Compostela.

Polo tanto quedades todos/as convocados/as os sábados a partir das 12:00 nas pistas do Campus Universitario de Santiago de Compostela.

Unha aperta da Xunta Directiva  

viernes, 1 de octubre de 2010

ADESTRAMENTOS MES DE OUTUBRO

Comenza o mes de outubro e empeza a normalidade cos adestramentos. Como xa sabedes, agora haberá dous grupos en función da idade, polo tanto a convocatoria para os adestramentos queda da seguinte forma:
 
Primeiro Grupo. Os/as máis pequenos/as ou nados a partir do 2002, están convocados para adestrar os sábados ás 13:00 na nave que ten o concello no Polígono do Milladoiro.
 
Segundo Grupo. Os/as maiores de 9 anos ou nados no 2001 ou anterior, están convocados para adestrar os sábados ás 13:00 nas pistas do campus Universitario de Santiago e os mércores ás 18:00 na nave que ten o concello no Polígono do Milladoiro.
 
Unha aperta da Xunta Directiva
 

miércoles, 29 de septiembre de 2010

REMATE DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE SOCIOS/AS

Informar a tódolos/as socios/as do Club Atletismo Millaraio de que o prazo de renovacións remata hoxe día 30 de setembro de 2010. A partir de dita data, todo socio/a que non fixera a renovación pederá dita condición e non  disporá dos dereitos outorgados.

Ánimo, todos/as aqueles/as que todavía non renováchedes facedeo para seguir disfrutando do atletismo co Clube de Atletismo Millaraio.

Unha aperta da Xunta Directiva. 

CARREIRAS VINDEIRO FIN DE SEMANA

Quero pedir desculpas os/as socios/as xa que non enviei o listaxe das carreiras do mes de outubro. O longo desta semana o o terdes cada un no voso correo.

Para este fin de semana, imos publicar ás carreiras no blog e estará activo o formulario de inscricións.  Dito formulario estará operativo ata dúas horas antes do peche da inscrición por parte da organización da carreira.

Esta fin de semana hai tres citas, pero debido o meu retraso os socios/as soamente poden facela inscrición na carreira "XXVIII Carreira Pedestre da Amaia", en Brión.

A proba celebraráse o vindeiro domingo 3 de outubro e o plazo de inscrición remata o venres 1 de outubro ás 14:00 h.

Categorías
A - Mixta de 7 a 9 anos
B - Mixta de 10 a 12 anos
C - Homes de 13 a 15 anos
J - Mulleres de 13 a 15 anos
Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría e para o primeiro home e primeira muller empadroados no Concello de Brión.

Daranse camisetas a todos os participantes que cheguen a meta dentro do control. Dito control pecharase aos 40 minutos dende que se dea a saída.

Os dorsais recolleranse no posto que a organización vai colocar a tal efecto na Carballeira de Santa Minia o mesmo día da carreira antes das 10 horas. Para a súa recollida será necesario presentar o D.N.I., pasaporte ou documento que acredite a identidade do participante.

Máis Información

Inscricións Millaraio

viernes, 24 de septiembre de 2010

"CORRE CON NÓS" o sábado 25 de setembro no Milladoiro

O vindeiro sábado 25 celébrase a Festa da Mocidade no Milladoiro, onde tódolos/as mozos/as do Concello de Ames poderán gozar da música, das atraccións e das diversas actividades dentro das cales se atopa o Atletismo.

O Club de Atletismo Millaraio foi invitado polo Concello de Ames, grazas o bo traballo da Dirección Deportiva e da Directiva, para achegar a práctica do atletismo os/as mozos/as do noso concello. 

A actividade comezará ás 16:30 h no Pavillón de Deportes do Milladoiro, coa supervisión do Director Deportivo e adestradores do club, que achegarán os/as mozos/as a descubrir o atletismo. Ademáis de excplicarlle as diversas modalidades deste deporte, os/as mozos/as poderán levar a cabo a práctica de probas de velocidade, saltos, lanzamentos, etc.

Dende o Club de Atletismo Millaraio convócase a tódolos/as mozos/as a probar co atletismo e si lles gusta invitámolos a "Corre con Nós" e forma parte do club.

Unha aperta da Xunta Directiva.

domingo, 19 de septiembre de 2010

COMENZA A TEMPADA 2010/2011 NO CLUB ATLETISMO MILLARAIO

O pasado  sábado 11 de setembro, comezamos a tempada 2010 - 2011.

O horario do adestramento, o longo do mes de Setembro, é as 13:00 nas pistas a caron do Casa da Cultura do Milladoiro.

De tódolos xeitos, estade atentos o blog  e o correo, xa que a partir do mes de Outubro poderá variar o lugar  e a hora dos adestramentos.

Con respecto á xente que quera darse de alta no club, nesta páxina ten acceso os formularios de inscricións. Recordar que a inscrición non será válida senon se entregan debidamente cumplimentados os dous formularios.

Para calquera dúbida, pódense poñer en contacto có Club a través da conta de correo millaraio@yahoo.es.

Unha aperta da Xunta Directiva.

martes, 29 de junio de 2010

¡Marchamos de vacacións!


Chegou o final da tempada 2009-2010 en MillaRaio. Parecía tan lonxe aló por outubro, cando esta páxina naceu, e xa están aquí o verán e as vacacións.

Despedímonos ata setembro, mes no que comenzará a próxima tempada. Voltaremos con máis socios, novos proxectos e con forzas renovadas despois das vacacións que tan merecidas temos todos, pequenos e grandes.

Quero dar as grazas á directiva actual de MillaRaio pola confianza depositada en mín para botar a andar, durante a presente tempada, este blog. Manifestar, unha vez máis, a absoluta liberdade que me concederon tanto para escoller os temas publicados como no tratamento dos mesmos e o seu respaldo incondicional ao longo de todo o ano. Algo para mín impagable.

Agradecer tamén aos lectores e seguidores deste espazo, socios do club ou non, que fixeron posible as 18.947 visitas en nove meses de funcionamento da páxina. Grazas pola vosa confianza porque nos motiva a seguir traballando máis e mellor.

Só me queda desexarvos que pasedes un verán estupendo e non esquezades que nos vemos en setembro.

martes, 22 de junio de 2010

Carreira Popular Torre de Hércules

O domingo, 27 de xuño, celebrarase o I Trofeo conmemorativo da Declaración como Patrimonio da Humanidade, a partir das 11:30 h nas proximidades do Parque da Torre de Hércules.
Inscrición ata o mércores 23 de xuño ás 20:00.

Categorías menores 
Benxamín/2001-02/500 m/12:15 h
Alevín/1999-2000/500 m/12:20 h
Infantil e Cadete feminina/1995-1998/1000 m/12:25 h
Infantil e Cadete masculina/1995-1998/1000 m/12:35 h
Prebenxamín/posterior ó 2002/100 m/12:45 h

Entrega de dorsais e chips na zona de saída da carreira de 8:30 a 10:00 horas.
A entrega de premios realizarase na zona próxima á Torre de Hércules a partir das 13:00 horas.

domingo, 20 de junio de 2010

Carreiras na Coruña, Celanova e A Estrada

III Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma (A Coruña)
O sábado, 26 de xuño, en San Pedro de Visma (A Coruña), a partir das 18:00 h
Saída e meta nas inmediacións do Centro Cívico de San Pedro de Visma.
Recollida de dorsais o día da carreira, na zona habilitada coma secretaría no Parque de Bens.

Categorías, horarios e distancias
Biberóns/2002 e posteriores/11:55 h/100 m
Benxamíns/2000-01/11:45 h/ 300 m
Alevíns/1998-99/11:45 h/ 300 m
Infantil/1996-97/11:45 h./600 m
Resto de categorías/11:00 h/ 5.500 m 
Cadete (1994-95), Xuvenil (1992-93), Junior (1990-91), Senior, (1989 ata veteráns), Veteráns A (1969-51), Veteráns B (1950 e anteriores)

Premios: trofeo ao 1º clasificado/a e medalla ao 2º e 3º, trofeo ao corredor máis novo, ao máis veterán e á entidade que aporte máis corredores. Os participantes que crucen a liña de meta, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, ata esgotar existencias. As categorías de menores tamén recibirán outros agasallos ó rematar a carreira.

VII Carreira Nocturna de Celanova
O sábado, 26 de xuño, en Celanova (Ourense).
Inscrición ata o 24 de xuño, gratuíta. 
Retirada de dorsais o sabado 26, na oficina de turismo e na saída dende as 18:00 h.
Trofeos aos primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevín, cadete e xuvenil e recibirán medalla tódolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Percorridos e categorías
Pitufos/2005-2007/100 m
Prebenxamín/2003-2004/500 m
Benxamín/2001-2002/500 m
Alevín/1999-2000/1600 m
Infantil/1997,1998/1600 m
Cadete/1995-1996/1600 m

A saída das carreiras escolares darase na Praza Maior ás 21:00 h.

I Carreira Popular Concello da Estrada
O domingo, 27 de xuño, a partir das 10:00 h na Estrada.
Saída e chegada na praza do concello. 
Inscripcións ata o 23 de Xuño. A inscripción e gratuíta.
Os dorsais poderanse recorrer ata media hora antes do comenzo da proba.

Categorías e distancias
Pitufos/3 a 5 anos/100 m
Benxamíns/6 a 8 anos/300 m
Infantís/9 a 12 anos/1 km
Cadetes/13 a 15 anos/2.5 km
Xuvenís/16 a 19 anos/6.5 km
Promesas/20 a 29 anos/6.5 km
Senior/30 a 36 anos/6.5 km
Veteráns/36 anos en diante/6.5 km

O perfíl do percorrido é casi na súa totalidade chan.
Entregaránse medallas conmemorativas a tódolos participantes nas categorías pitufos, benxamíns e infantís (non haberá trofeos para estas categorías).
Trofeo os tres primeiros por categorías e sexo.

sábado, 19 de junio de 2010

A Milla en fotos

Hugo González e Sunny Seijas, 
2º e 3º clasificados en prebenxamín masculino

Fátima Dell Blanco, 
2ª clasificada en prebenxamín feminino

Entrada en meta de Leo Guazzone, 
vencedor en benxamín masculino 
e Hugo Rodríguez Abel

Entrada en meta de Jaime Ferro, 
2º clasificado en benxamín masculino

Entrada en meta de Antón Nogueira, 
3º clasificado en benxamín masculino, 
Adrián Vispalia e Alba López Portabales

Cristina Sánchez e Sara Vispalia,
2ª e 3ª clasificadas en infantil feminino

Natalia Sánchez recolle un balón que 
lle tocou no sorteo posterior á carreira

Pablo Nogueira tamén recibiu un balón

miércoles, 16 de junio de 2010

Clasificacións da X Milla Urbana de Milladoiro


MillaRaio colaborou co Concello de Ames na organización da Milla Urbana de Milladoiro. Este ano a milla tivo menos participación que en edicións anteriores, arredor de 130 corredores. Un total de 23 nenos e nenas de MillaRaio participaron a pasada fin de semana na carreira.

Prebenxamín homes (330 m)
2. Hugo Gonzáles Olveira (1.15)
3. Sunny Seijas Portas (1.22)
4. Iago Ramos López (1.27)
5. Brais Budiño Cancelas (1.27)
6. Miguel Piñón Álvarez (1.28)
7. Ephrem Canal Piñón (1.29)
8. Mario Uzquiaga Escourido (1.35)
9. Brais Márquez Tarrio (1.38)
10. Mario López Lareo (1.40)
12. Aldán Cascallar Mayo (2.32)

Prebenxamín mulleres (330 m)
2. Fátima Dell Blanco (1.31)

Benxamín homes (990 m)
1. Leonardo Guazzone Mariño (3.52)
2. Jaime Ferro Vilas (4.19)
3. Antón Nogueira González (4.24)

Benxamín mulleres (990 m)
5. Xela Cascallar Mayo (5.28)

Alevín homes (990 m)
4. Hugo Rodríguez Abel (3.54)
5. Jacobo Nogueira Colmeiro (4.02)
6. Adrián Vispalia Moreno (4.25)
7. Pablo Nogueira González (4.41)

Alevín mulleres (990 m)
5. Alba López Portabales (4.26)
6. Natalia Sánchez Pardo (5.02)

Infantil mulleres (1.609 m)
2. Cristina Sánchez Pardo (7.40)
3. Sara Vispalia Moreno (8.58)

Moitos papás e mamás do club tamén se animaron a participar: Miguel Buela, Joaquín Sánchez, Carlos Seijas, José Mª Vispalia, Tito Guazzone, Víctor González, Josefina Pardo, Adriana Mariño, Ángeles Escourido, Mónica Lareo.

Na categoría promesa-senior o adestrador e director deportivo de MillaRaio, Juan Pablo Fernández Rodrigues, resultou vencedor. 

Parabéns a todos.

lunes, 14 de junio de 2010

Resultados do I Trofeo de Atletismo Vila de Noia



60 ml homes benxamín
4. Leonardo Guazzone Mariño (10.50)
7. Antón Nogueira González (11.12)

60 ml homes alevín
5. Hugo Rodríguez Abel (10.36)
6. Jacobo Nogueira Colmeiro (10.64)
8. Pablo Nogueira González (11.90)

500 ml homes benxamín
1. Leonardo Guazzone Mariño (1.41.68)
6. Antón Nogueira González (2.01.89)

500 ml homes alevín
4. Hugo Rodríguez Abel (1.44.20)
5. Jacobo Nogueira Colmeiro (1.45.53)
7. Pablo Nogueira González (2.06.14)

60 ml mulleres alevín 
7. Alba López Portabales (10.62)
10. Natalia Sánchez Pardo (11.18)

80 ml mulleres infantil
3. Cristina Sánchez Pardo (12.95)

500 ml mulleres alevín
3. Alba López Portabales (1.55.67)
7. Natalia Sánchez Pardo (2.16.91)

500 ml mulleres infantil
3. Cristina Sánchez Pardo (1.50.97)

PARABÉNS

domingo, 13 de junio de 2010

Carreiras en Xinzo de Limia e Sober

VI Carreira Nocturna Xinzo de Limia
Celebrarase o sábado, 19 de xuño.
Saída e meta na Praza Maior de Xinzo de Limia
Inscrición ata o 17 de xuño, gratuíta para tódalas categorías.

Categorías, horarios e distancias:
Pitufos/2003 e posteriores/20:30 h/285 m
Benxamín/2001-2002/20:45 h/500 m
Alevín/1999-2000/20:45 h/500 m
Infantil/1997-1998/21:00 h/3.000 m
Cadete/1995-1996/21:00 h/3.000 m
Xuvenil, Iúnior, Promesa, Sénior e Veteráns/21:30 h/6.000 m

Premios 
Pitufos: medallas para os 35 primeiros.
Benxamín e alevín: medallas para os/as 3 primeiros/as
Infantil e cadete: trofeos para os/as 3 primeiros/as

II Carreira Popular Concello de Sober
O domingo, 20 de xuño, a partir das 10:25 h na praza do concello de Sober. 
A inscrición é gratuíta, o prazo remata o xoves 17.
Na proba absoluta cobraranse 2 euros polo aluguer do chip.
Recollida de dorsais e chips dende as 9:00 h ata 30 minutos antes do comenzo de cada proba. 

Distancias cortas, categorías e horarios:
1ª/2005 e posteriores/100 m/10:25 h
2ª/2004-2003/800 m/10:30 h 
3ª/2002-2001/800 m/10:40 h
4ª/2000-1999/1.500 m/10:55 h/control chip
5ª/1998-1997/1.500 m/11:05 h/control chip
6ª/1996, 1995, 1994/2.500 m/11:20 h/control chip
7ª/1993, 1992,1991/2.500 m/11:35 h/control chip
Distancias largas/9.600 m/12:05 h

Entregaranse medallas a tódolos participantes nas distancias cortas. O remate de toda-las probas os corredores participantes serán invitados a un aperitivo.

martes, 8 de junio de 2010

Clara en el país de los alimentos


A través do blog de temática infantil peques y más coñecín a campaña que está a realizar Tulipán coa axuda da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación para promocionar unha alimentación san entre os nenos/as. 

Na páxina oficial de Clara en el país de los alimentos atoparedes vídeos coas aventuras de Clara e os seus amigos e xogos variados, por exemplo coa pirámide dos alimentos, que seguro lles gustarán aos nosos atletas.

En come con Clara podedes crear un vídeo persoal para o voso fillo/a que lle axudará a mellorar as súas costumes á hora de comer.

Todos sabemos que a falta de exercicio físico e unha alimentación incorrecta son as causas principais da cada vez maior obesidade infantil. Por iso ensinar aos nosos nenos e nenas a importancia do deporte e a comer axeitadamente a través de xogos ou con vídeos divertidos coma estes parece moi interesante.

lunes, 7 de junio de 2010

I Trofeo de Atletismo en pista en Noia e Milla Urbana en Milladoiro

I trofeo de atletismo en pista Vila de Noia 
Celebrarase o sábado 12 de xuño, no estadio de atletismo de Noia, de 11 a 13:20 h. Os atletas das categorías benxamín, alevín e infantil que o desexen asistirán,  baixo a supervisión de Juan Pablo,  á competición de Noia, que substituirá ao adestramento do sábado.

Os nenos/as de MillaRaio participarán nas probas de velocidade: 
11:00 h/ 60 ml/benxamín e alevín masculino e feminino
11:15 h/80 ml/infantil masculino e feminino 
11:45 h/ 500 ml/benxamín, alevín, infantil masculino e feminino

Os atletas prebenxamíns recibirán o seu adestramento como todos os sábados, nesta ocasión impartido pola atleta Paula Campanero, coñecida xa polos pequenos de MillaRaio.

O domingo 13 de xuño celebrarase a Milla urbana en Milladoiro. Esta carreira é de interés especial para MillaRaio por ter lugar no noso concello. Por  este motivo todos os nenos e nenas do club estarán inscritos para participar nela. A proba terá lugar a partir das 11:00 h na Travesía do Porto, en Milladoiro.

martes, 1 de junio de 2010

Clasificacións da carreira de A Silva (Cerceda)

Mario Vilar Veiga, 1º na categoría chupete masculino 

Lucia Bertussi Lorenzo, 2ª na categoría pitufa feminina

Iago Fuentes García, 3º en alevín masculino 

Alba López Portabales, 5ª en alevín feminino 

Noelia Vilar Veiga non é atleta do club 
pero quixo acompañar ao seu irmán, Mario Vilar, 
e correu na categoría chupete feminino acadando a 4ª posición.

A mamá Natalia Lorenzo tamén se animou a participar. Nesta ocasión, con permiso dos outros participantes, publicamos as palabras dun pai que asistiu a carreira "destacar la carrera de Iago Fuentes García, hizo una carrera de menos a más con muy buena progresión y a punto de terminar segundo"

Non fai falta repetir que en MillaRaio valoramos a todos os atletas polo mero feito de participar, chegar a meta e superarse a si mesmos cada día. Aínda que algúns nenos e nenas xa nos teñen máis que acostumados a conseguir trofeo en cada carreira á que asisten. Parabéns a todos os que participaron.

lunes, 31 de mayo de 2010

X Carreira Popular Rota do Románico, Concello de Pantón

Celebrarase o sábado, 5 de xuño, ás 10:00 h. 
Inscrición: ata o xoves 3 de xuño.

Categorías masculinas e femininas, horario e percorrido:
Categoría A/2003-2006/10:00 h/400 m
Categoría B/2001-2002/10:10 h/800 m
Categoría C/1998-2000/10:10 h/800 m
Categoría D/1995-1997/10:25 h/1.100m

Entrega de dorsais: o día da proba na carpa da organización sita na explanada diante do centro sociocultural de 8:30 a 9:30

Premios: trofeo para @s dúas primeir@s categorías, medalla para os terceiros, camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

Máis información

domingo, 30 de mayo de 2010

Xantar fin de tempada 2009-2010

O sábado rematou cun xantar dos socios do club

Despois un pouco de fútbol... 
A pelota é o mellor xoguete do mundo

Tamén charlamos

Outros fixeron piruetas

Correron os máis peques

Correron os maiores

Correron pequenos e maiores xuntos


Correron papás e mamás cos nenos

Corremos as mamás

Correron os papás

Correron os nenos e nenas co adestrador

Algún púxollo difícil a Juan Pablo

Finalmente dar as grazas aos esforzados fotógrafos


I Carreira de orientación en MillaRaio

Profesor e alumnos en prácticas do CMAFD do IES de Silleda, 
atletas, adestrador, pais e nais participaron na actividade

Ás 10:00 h comenzan os preparativos e as primeiras explicacións

Os atletas saen acompañados de dous monitores, 
en pequenos grupos e de xeito escalonado


Traballar cos mapas de orientación é importante na actividade

Dous atletas atopan a baliza de orientación que se ve ao fondo

Os máis pequenos chegan á meta. Eles non usaron mapas. 
Atoparon papeliños con pistas baseadas no conto dos tres osiños

Os papás e mamás que quixeron participar 
tamén tiveron a súa propia ruta de orientación

miércoles, 26 de mayo de 2010

Clasificacións da XV carreira de Ordes

Prebenxamín masculino
   7. Sunny Seijas Portas (2:16)
Benxamín masculino
   2. Leo Guazzone Mariño (4:02)
Na clasificación absoluta Juan Pablo Fernández acadou a 4ª posición (30:30).

Noraboa aos tres polos resultados e pola vosa participación nunha dura xornada de altas temperaturas.

martes, 25 de mayo de 2010

Que é unha carreira de orientación?

Ofrecemos unha breve explicación sobre as carreiras de orientación xa que o próximo sábado os/as atletas de MillaRaio, coa axuda de papás e mamás, participarán por primeira vez nunha actividade destas características.

Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas e coa axuda dun mapa e un compás. 

Os participantes usan un mapa especial para situarse no terreo e percorrer na orde indicada os diferentes puntos de control ou balizas que se atopan marcados no mapa. 

Os mapas que se empregan nas carreiras de orientación están a escala 1:10.000 ou 1:15.000 (1 cm equivale a 100 metros ou a 150 metros) e recollen as características do terreo, rocas, árbores, vexetación, ríos, camiños…

No mapa, a saída está sinalada cun triángulo, os puntos de control márcanse con círculos unidos por liñas e numerados na orde que deben ser visitados e a chegada con dous círculos concéntricos. 

Os diferentes puntos de control ou balizas son secretos e os corredores non os coñecen antes de comenzar a carreira. Os corredores saen en intervalos de tempo e cada un toma a súa propia ruta.

Para verificar a visita a todos os puntos cada participante usa unha folla de control cos seus datos. Este control faise marcando a folla cunha pinza perforadora atada a cada baliza ou apuntando o código (letra ou número) que se atopa en cada punto.

O símbolo internacional de orientación. Emprégase para designar os controis ou balizas nas carreiras deste tipo.

Carreiras en Cerceda e Sandiás

VI Carreira Popular Pedestre A Silva (Cerceda)
O domingo, 30 de maio, a partir das 11:00 h en A Silva (Cerceda). 
Saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Ordes).
Inscrición ata o xoves 27 ás 14 horas.

Categorías, horarios e distancias (feminina e masculina):
Chupete/2005 e posteriores/11:00 h/100 m
Pitufo/2003-2004/11:10 h/100 m 
Benxamín/2001-2002/11:20 h/800 m
Alevín/99-2000/11:40 h/1.200 m 
Infantil/97-98/12:00 h/1.800 m
Cadete-xuvenil-aficionados/12:30 h/2.200 m
Absoluta-senior-iunior-promesa-veteráns/13:00 h/7.500 m

Premios 
Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo, camiseta aos 350 primeiros que cheguem a meta. Haberá bebidas e froita ao remate de cada proba. Sorteo de agasallos e degustación de empanadas.

I Carreira Popular Torre de O Castro, Sandiás
O domingo, 30 de maio, a partir das 11:00 h en Sandiás (Ourense). A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a meta diante do Colexio.
Inscrición ata o 28 de maio.

Categorías, horario e distancias 
N. Pitufos/2003 e posteriores/12:40 h/350 m

Saída ás 11:00 h - 2.000 m 
A. Benxamín/2001 e 2002
B. Alevín/1999 e 2000
C. Infantil/1997 e 1998
D. Cadete/1995 e 1996

Saída ás 11:30 h - 7.900 m 
E. Xuvenil/1993 e 1994
F. Iúnior/1991 e 1992 
G. Promesa/1988, 1989 e 1990 
H. Sénior/1987 ata veteráns
I. Veteráns A/maiores de 35 anos 
J. Veteráns B/maiores de 40 anos
K. Veteráns C/maiores de 45 anos
L. Veteráns D/maiores de 50 anos
M. Veteráns E/maiores de 55 anos

Premios 
Trofeo para o 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º de cada categoría. Camiseta para todos os que cheguen a meta.

lunes, 24 de mayo de 2010

Clasificacións da Carreira da Muller

12-15 anos 
   10. Cristina Sánchez Pardo (31:17) 
Senior 
   47. Isabel Abel (29:07) 
   263. Natalia Lorenzo (40:06) 
Veteranas A 
   169. Adriana Mariño (40:06) 
   196. Carlota Blanco (41:50)
   266. Dolores González Rodríguez (46:22) 
   273. Esther García (47:09) 
   321. Ángeles Escourido (51:20) 
   337. Chelo García (53:21) 
   363. Lourdes Piñón (55:42) 
Veteranas B 
   44. Josefina Pardo (34:27)

Parabéns tamén a Hugo Rodríguez Abel, Iago Fuentes García e Natalia Sánchez Pardo que participaron na carreira aínda que non aparecen nas clasificacións.

Parabéns e grazas a todas as corredoras de MillaRaio por colaborar na nobre causa de loitar contra o cancro. Parabéns tamén á organización da carreira que foi de "sobresaliente". Moi ben organizada a recollida e entrega de chips, estupenda idea o de indicar cada quilómetro do percorrido con grandes letreiros (sobre todo para principiantes coma mín) e bon funcionamento das furgonetas de ropeiro. Só comentar que algún turista despistadillo se cruzaba entre as corredoras na zona vella (en San Martiño Pinario e na entrada do Obradoiro). O resto, incluído o ambiente xeral, para quitarse o sombreiro. 

O próximo ano se volve a carreira da muller repetiremos a experiencia. O de participar noutras carreiras populares algunhas mamás xa empezaron, outras aínda o estamos valorando... Pero todo se andará. 

Máis información sobre as clasificacións.

domingo, 23 de mayo de 2010

Mamás de MillaRaio na Carreira da Muller

María Abel, vencedora e tía do atleta Hugo Rodríguez Abel,
cruza a liña de meta.

María Abel e Isabel Abel,
primeiras clasificadas na categoría de irmás.

Un grupo de mamás no Monte do Gozo
colocando o chip antes da saída.

Celebrando a chegada na Praza do Obradoiro.
A festa continúa na Alameda.

E para rematar algo de aerobic...