No canal youtube da Federación Galega de Atletismo está colgado este video, adicado a todos os atletas galegos. Vai acompañado da seguinte nota: "Este video se proyectó a mitad de la Gala Anual del Atletismo Gallego 2009. En él se muestra de forma emotiva todo el esfuerzo que realizan los atletas a diario con el objetivo de conseguir su meta..."
domingo, 28 de febrero de 2010
sábado, 27 de febrero de 2010
Percorrido da carreira/andaina solidaria por Haití
¡Por fin! A I Carreira/Andaina solidaria de axuda a Haití, que terá lugar o 14 de marzo, xa ten percorrido definitivo. Despois de grandes esforzos por parte do director deportivo de MillaRaio, Juan P. Fernández, e do secretario do Club, Xosé Luis Ramos, o percorrido aceptado e aprobado pola policía local de Ames é o que tedes na foto.
O desexo da Directiva de MillaRaio era que a carreira solidaria e a andaina se desenvolvesen, na súa maior parte, polas rúas da cidade co obxectivo de darlle maior visibilidade ao evento e que os habitantes de Milladoiro se implicasen tamén neste acto de solidariedade. As numerosas negociacións coa policía local fixeron que se retrasase a aprobación definitiva do percorrido. A saída e meta estarán situadas no polígono, no aparcadoiro que hai enfrente da Escola Infantil.
A distancia das probas para cada categoría e os horarios son:
11:00 h. Prebenxamín e anteriores/ 300 m (1 volta ao párking)
11:15 h. Benxamín e Alevín/ 1000 m (2 voltas A)
11:30 h. Infantil e Cadete/ 1400 m (volta A+B)
12:00 h. Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns/ 5000 m (2 voltas C)
12:00 h. Andaina/ 1500 m (1 volta D)
viernes, 26 de febrero de 2010
A situación en Haití e que se fai cos cartos recadados
Un representante de Intermón Oxfam Galicia mantivo unha charla amigable coas persoas que se achegaron á biblioteca para, nas súas palabras "dar conta da transparencia" coa que se xestionan as axudas que os veciños e veciñas achegaron para apoiar os plans de emerxencia en Haití. Intermón é unha das ONG que segue protocolos controlados a nivel internacional polos que se asegura que as doazóns dirixidas a unha catástrofe chegan integramente aos dannificados.
Por outra parte, puidemos coñecer as duras condicións de vida ás que se enfronta o país caribeño. Un dato esclarecedor: antes do terremoto, só o cinco por cento da poboación tiña acceso á auga potable. É por isto que durante os nove meses que durará a primeira fase de intervención Intermón Oxfam colaborará para conseguir o acceso á auga potable e sistemas de evacuación de augas negras, para evitar as pandemias.
Finalmente, José Luis Quintela agradeceu as distintas inicitivas que desde a biblioteca e as ANPA do Milladoiro se levaron adiante para recadar fondos, insistindo no importante valor que ten a participación cidadá, polo seu poder mobilizador e educativo. Neste sentido, felicitouse pola fermosa proposta de MillaRaio e comprometeuse a participar na carreira solidaria que o noso club está a organizar para o próximo 14 de marzo.
Este texto foi enviado por Susana Mayo Redondo, socia de MillaRaio que asistiu á charla na biblioteca o pasado mércores 24 de febreiro.
Suspendido o adestramento do próximo sábado
O Concello de Ames decidiu suspender a xornada multideportiva deste sábado, 27 de febreiro, por mor do temporal. Tamén se suspenden as clases deportivas que se ían desenvolver nas instalacións deportivas municipais. Máis información.
Por outra banda a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia tamén suspendeu as actividades de deporte escolar previstas para estes días. Máis información.
miércoles, 24 de febrero de 2010
6 de marzo carreira popular en Padrón
O sábado, 6 de marzo, a partir das 16:00 h celebrarase a VIII Carreira Popular Concello de Padrón no Paseo do Espolón.
Hora, categorías (masculina e feminina) e distancias
16:00/ Pitufos: 2006 e posteriores/ 100 m
16:10/ Prebenxamíns: 2005-04-03/ 500 m (1 volta)
16:20/ Benxamíns: 2002-01/ 500 m (1 volta)
16:30/ Alevíns: 2000-1999/ 1.000 m (2 voltas)
16:40/ Infantís: 1998-97 e Cadetes: 1996-95 - 3,5 km (Paseo Espolón- inicio Paseo Fluvial).
17:30/ 10.480 m: 2 voltas a un circuito (pasando por líña de meta)
Todas as probas (agás a 1ª proba de pitufos) estarán controladas por chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas zapatillas antes da saída. Os corredores teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba. Recollida de dorsais e chips o día da proba no Auditorio Municipal (ao carón do Centro Social, no Campo do Souto) ata media hora antes do inicio de cada proba.
A recollida de trofeos e agasallos será ás 19:00 h. no Auditorio Municipal. Nas probas escolares haberá trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo. Agasallos según dispoñibilidade e ata fin de existencias.
lunes, 22 de febrero de 2010
Clasificacións da carreira de Ordes
Benxamín masculino: Leo Guazzone Mariño (1), Adrián Vispalia Moreno (11), Mario Vilar Veiga (16)
Benxamín feminino: Alba López Portabales (2), Fátima Dell Blanco (9)
Na categoría de pitufos feminino participou Noelia Vilar Veiga (6) que non é socia do club pero si ten relación con MillaRaio a través do seu irmán.
O Director deportivo de MillaRaio, Juan P. Fernández, participou na carreira curta do Campionato de España de Cross, celebrado o domingo 21 en Haro na Rioxa, acadando o posto 34. Na mesma categoría por equipos a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, onde milita, logrou o 4º posto (o mellor resultado da súa historia). Máis información
Parabéns a pequenos e grandes.
Parabéns a pequenos e grandes.
sábado, 20 de febrero de 2010
"Todos mis hermanos" o libro de Manel Estiarte
En Todos mis hermanos Manel Estiarte, o xogador de waterpolo seis veces olímpico, conta os seus recordos e vivencias persoais e profesionais. O libro conta con prólogo de Pep Guardiola e Epílogo de Juan Antonio Samaranch. Editado en marzo de 2009 por Plaza edición: Barcelona. Recomendado tamén para os seguidores do Real Madrid, que unha cousa non quita a outra.
Aclara moitas verdades sobre o mundo do deporte e amósanos valores como administrar a victoria e a derrota, desenvolver a xenerosidade co compañeiro, defender os lazos de amizade forxados nun vestiario, fomentar o respecto polo contrario, acatar a disciplina e a obediencia ao adestrador, o espíritu de loita e de autosuperación...
Na entrevista que lle fixo El Mundo cando publicou o libro di cousas como “hay un exceso de información, sobre todo visual, que no se asimila y que a veces intoxica, especialmente, a los padres. Los padres son los que gritan a sus hijos en las gradas y los alientan no a hacerlo mejor, sino a hacerlo mejor que los compañeros de equipo; son los que gritan que el entrenador no tiene ni p... idea. ¿Y esto de dónde viene? De una borrachera de información no asimilada que los lleva a desear no que su hijo se divierta, sino que llegue a ser dios y gane mucho dinero. Y esto es muy peligroso para los niños”.
Xa teño encargado o libro. XA VOS CONTAREI...
jueves, 18 de febrero de 2010
28 de febreiro carreira en O Porriño
A IV Carreira Popular Intersport Piñeiro “Interrunning 2010” celebrarase en O Porriño, o próximo 28 de febreiro, a partir de las 10:30 h.
Categorías, anos, distancia e horario:
PITUFOS: ano 2003 e anteriores/ 100 mts./ 11:20
BENXAMÍNS: anos 2001 e 2002/ 800 mts./ 10:30
ALEVÍN: anos 1999 e 2000/ 1.500 mts./ 10:45
INFANTIL: anos 1997 e 1998/ 3.3 Km./ 11:00
CADETE: anos 1995 e 1996/ 3.3 Km./ 11:00
XUVENIL: anos 1993 e 1994/ 10 Km./ 11:30
JÚNIOR: anos 1991 e 1992/ 10 Km./ 11:30
PROMESA: anos 1988, 1989 e 1990/ 10 Km./ 11:30
SENIOR: ano 1987, anteriores e ata veteráns/ 10 Km./ 11:30
VETERÁNS: desde 35 anos/ 10 Km./ 11:30
SUPERVETERÁNS: desde 46 en diante/ 10 Km./ 11:30
Recollida de dorsais e chips ata as 11:00 h. Todas as carreiras, excepto os Pitufos, serán cronometradas por Championchip. Ao rematar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip.
Máis información na páxina de interrunning ou en Correr en Galicia.
martes, 16 de febrero de 2010
Categorías e inscrición na I Carreira Solidaria por Haití
Xa están establecidas as categorías de competición para a I Carreira Solidaria de Axuda a Haití, organizada por MillaRaio coa colaboración do Concello de Ames.
A carreira celebrarase o 14 de marzo nas inmediacións do Polígono Industrial de Milladoiro e a saída e meta estarán ao lado da piscina municipal (pendente de confirmar).
Poderán participar atletas federados e non federados e a clasificación será conxunta. Os participantes non federados deberán pagar un seguro de 1,20 euros (a maiores do donativo de 3 euros pola participación na carreira). A Directiva de MillaRaio está a negociar para que algunha entidade se faga cargo deste importe e non sexa necesario pagalo por parte dos participantes non federados.
CATEGORÍAS
Prebenxamín: nados no ano 2003 e posteriores.
Benxamín: nados nos anos 2001 e 2002.
Alevín: nados nos anos 2000 e 1999.
Infantil: nados nos anos 1998 e 1997.
Cadete: nados nos anos 1996 e 1995.
Xuvenil-Junior: nados nos anos 1994, 1993, 1992 e 1991.
Promesa-Senior: nados en 1990 ata veteráns.
Veteráns: nados en 1975 e anteriores.
PARA AS PERSOAS QUE NON CORREN PERO DESEXEN PARTICIPAR HABERÁ UNHA ANDAINA.
INSCRICIÓNS
No correo: inscricionsFGAsantiago@gmail.com
No fax 981 191 559
Deberán aparecer os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa (dd/mm/aaaa), club e nº de licencia (se a ten), correo electrónico.
O prazo remata o 12 DE MARZO ás 14 horas.
Para participar entregarase un DONATIVO de 3 euros destinado íntegramente a MANOS UNIDAS. Todos os donativos serán para axudar aos afectados polo terremoto de Haití. Os donativos entregaranse no momento de recoller o dorsal.
Agradecer a implicación da Delegación de Santiago da FGA e os seus xuíces, que traballarán no control técnico da competición de xeito altruísta.
Colaboradores e patrocinadores para a Carreira Solidaria por Haití
A Xunta Directiva de MillaRaio conseguiu patrocinadores e colaboradores para a I Carreira Solidaria de Axuda a Haití que se celebrará o próximo 14 de marzo. Dado que a carreira é solidaria non haberá premios en metálico pero farase un sorteo de todos os agasallos doados polos patrocinadores entre os participantes da proba.
COLABORADORES
Concello de Ames colabora coa loxística necesaria para o evento.
Federación Galega de Atletismo: xestiona as inscricións, a burocracia do evento e os xuíces que controlarán o correcto desenvolvemento das probas.
ChampionChip Norte: publicita a carreira na súa páxina web.
PATROCINADORES
G.S.T. Telecomunicacións: presta o equipo de son e megafonía.
ChampionChip Norte: publicita a carreira na súa páxina web.
TVG: cobertura informativa da carreira no programa "Revista fin de semana".
Pedro Pablo Alonso (xornalista da RTVG): presentador do evento.
Seguros Divina Pastora: cubre os seguros dos participantes non federados.
Moto Club: persoal que se colocará nos cruces coordinados coa Policía Local.
Fundación Compostela para o Deporte: doa bandexas e libros infantís.
Milla Sport: doa 5 camisetas por categoría (40 en total) e mochilas para sortear.
O Curruncho Deportivo: doa mochilas e balóns.
Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI): sorteará vales para mercar nas tendas do Milladoiro.
Centro Dental Macía: sorteará unha limpeza bucal para varias persoas.
Hotel Husa Santiago Apóstol: sorteará unha estancia no hotel.
Froitería Barreiros: doa un camión de froita.
SuperCor (Milladoiro): doa zumes e iogures.
Centro Deportivo: 6 balóns de fútbol, 6 balóns de baloncesto, 6 pelotas de tenis xigantes.
Distribucciones Camba: 200 colacaos e 200 chocolatinas.
Secretaría Xeral do Deporte Galego: material deportivo en lotes individuais. Varias prendas deportivas antigas que tiñan no almacén.
Pedro Nimo del Oro: apadriña a carreira e doa para o sorteo unha das prendas que utilizou no último Campionato do Mundo de Berlín onde correu a Maratón.
lunes, 15 de febrero de 2010
Apoiar e acompañar aos fillos
Como pais e nais unha das tarefas máis importantes, ademáis de criar aos fillos e educalos, consiste en apoialos e acompañalos.
Deixo o enlace dun artigo relacionado coa autoestima, a confianza que debemos depositar nos nosos nenos/as e o noso apoio, que nunca lles debe faltar.
Ola de novo
A petición da Xunta Directiva de MillaRaio continuo como administradora deste blog ata o remate da actual temporada.
Novos proxectos profesionais e a falta de tempo persoal impiden a actualización desta páxina coa frecuencia que eu desexaría e un tratamento de contidos, en ocasións, con maior profundidade.
Por outra banda non desexo faltar á miña responsibilidade con MillaRaio e a súa Xunta Directiva cando aceptei crear e manter este espazo.
Creo no proxecto de MillaRaio como club e neste blog como medio de comunicación entre os socios/as, algo para min gratificante e para vos espero que útil.
Disculpade as posibles molestias ocasionadas e grazas, novamente, pola vosa confianza.
viernes, 12 de febrero de 2010
Despedida
A nova para min máis difícil desde que comenzou a andadura deste blog de MillaRaio alá polo mes de outubro.
Por motivos persoais deixo a administración deste blog, nacido como medio de comunicación entre os socios/as do Club.
A Xunta Directiva de MillaRaio decidirá que facer con este espazo. Si continuará ou non dirixido por outro socio/a, cambiará o seu formato a un foro de opinións ou finalmente se pecha aínda non o sei.
Por derradeira vez quero facer chegar as grazas a todos os lectores/as que nos seguiron estes meses. Grazas mil e ata sempre.
Ángeles Escourido Rapa
Mamá do atleta Mario Uzquiaga Escourido
Mamá do atleta Mario Uzquiaga Escourido
jueves, 11 de febrero de 2010
O 14 de marzo corremos por Haití
A I Carreira/Andaina Solidaria de Axuda a Haití, organizada por MillaRaio, celebrarase o14 de marzo en Milladoiro. MillaRaio conta coa colaboración do Concello de Ames e, grazas a Juan Pablo, co control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo) para o correcto desenvolvemento deste acto de solidariedade.
A Directiva de MillaRaio está a concretar os detalles finais da carreira e o seu regulamento que publicaremos a próxima semana. Tamén traballan para conseguir patrocinadores para a carreira e animan aos socios/as do club que desexen votar unha man a poñerse en contacto coa Dirección.
MillaRaio súmase con esta carreira solidaria ás múltiples iniciativas particulares e institucionais que se están a levar a cabo para a recollida de fondos que axuden á recuperación de Haití. O Concello de Ames enviou 1.500 euros da caixa municipal e leva a cabo unha campaña de recollida de fondos a través da Biblioteca Municipal de Ames, en Bertamiráns e Milladoiro, baixo o lema “Con Haití no corazón”. A Escola de Educación Infantil de Milladoiro, a través da súa ANPA Millapeques, recaudou 511,78 euros para esta campaña o 9 de febreiro. O CEIP de Ventín tamén participará nesta iniciativa o 11 de febreiro.
O próximo 14 de marzo ademáis de estar “Con Haití no corazón” empregaremos a fondo as pernas e correremos por Haití. QUE NON FALTE NINGUÉN, esta causa solidaria ben merece un esforzo.
miércoles, 10 de febrero de 2010
21 de febreiro: Cross ambiental concello de Ordes
O club de atletismo de Ordes organiza a 2ª edición do Cross ambiental concello de Ordes o domingo 21 de febreiro, ás 10:30 h.
A saída será no Campo da Feira de Ordes. Os participantes estarán na saída 5 minutos antes do comezo da súa proba. A entrega de dorsais terá lugar 30 minutos antes da proba.
Categorías, horario e distancias:
Pitufos: 0-5 anos/ 12:10 h/ 100 m
Benxamín: 5-9 anos/ 12:00 h/ 500 m
Cadete: 10-16 anos/ 11:30 h/ 2.660 m
Absoluta: 17 anos en diante/ 11:50 h/ 8.660 m
Canicross: 10:30 h/ 8.660 m
Andar e correr: todas as idades/ 12:15 h
Haberá trofeos para os 5 primeiros/as clasificados/as das categorías Pitufo, Benxamín e Cadete. Medallas para os Pitufos e Benxamíns. Camisetas a repartir entre todos os participantes ata fin de existencias. Sorteo de agasallos (non tirar os dorsais).
lunes, 8 de febrero de 2010
MillaRaio a institución máis colaboradora cos nenos saharauis
MillaRaio foi a institución que máis colaborou na entrega de roupa e material deportivo para os nenos saharauis. Entregamos 7 bolsas de material e roupa.
Juan Pablo fixo chegar a este blog unha mensaxe dando as grazas a todos os socios/as que colaboraron coa campaña.
Juan Pablo fixo chegar a este blog unha mensaxe dando as grazas a todos os socios/as que colaboraron coa campaña.
Juan Pablo Fernández campión absoluto galego nos 3.000 metros
O director deportivo de MillaRaio, Juan Pablo Fernández Rodrigues, resultou campión na final dos 3.000 metros lisos homes no Campeonato Galego Absoluto de Inverno.
Juan Pablo fixo o percorrido nun tempo de 8.35.88. Como atleta profesional corre na Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
A final do Campeonato celebrouse o pasado sábado, 6 de febreiro, nas pistas de atletismo de Elviña na Coruña, debido á folga dos traballadores, que imposibilitou o uso do Palacio de Deportes de Riazor.
Parabéns campión. Os socios/as de MillaRaio desexámosche o mellor persoal e profesionalmente.
Os resultados das probas na páxina da Federación Galega de Atletismo.
domingo, 7 de febrero de 2010
O sábado 13 non haberá adestramento
Con motivo das vacacións do Antroido o vindeiro sábado, 13 de febreiro, queda suspendido o adestramento de MillaRaio.
Desexamos que todos e todas pasedes ben estas datas e gocedes do que toca este mes: disfraces, cocido, filloas, orellas...
sábado, 6 de febrero de 2010
Recomendacións no deporte infantil
Comentamos no blog os numerosos beneficios que o deporte proporciona aos nenos/as pero tamén que a actividade deportiva, ata os 7 anos, debe ser entendida como xogo ou actividade lúdica xa que os nenos/as teñen pouca concentración mental e moita movilidade. A partir dos 7 anos aconséllase facer ximnasia ou deporte polo menos dúas veces á semana.
As recomendacións xerais á hora de que os nenos/as practiquen deporte son:
Evitar o sedentarismo e tamén a sobrecarga excesiva. Prestar atención tanto aos nenos inactivos como aos que practican deporte en exceso que pode interferir no crecemento ou na aparición temperá de lesións.
Ter en conta as inclinacións do neno, os seus gustos e intereses para escoller o deporte.
A especialización demasiado precoz nun só deporte non é boa. É mellor a diversidade de movementos e deportes.
Evitar as competicións ata os 12 anos polo menos e facer un seguimento médico do neno, sobre todo se compite.
Se se practica un deporte individual é recomendable completalo cun deporte en equipo, xa que enriquece máis aos nenos/as.
O atletismo é un deporte moi completo, nel únense a carreira, o salto e mesmo os lanzamentos.
Os pequenos/as de 11 a 15 anos deben ser considerados de xeito individual nos seus adestramentos, competicións… xa que forman un grupo moi heteroxéneo no desenvolvemento corporal e maduración biolóxica e psicológica.
O artigo completo de Nieves Palacios e Pilar Antón en Saludalia.
jueves, 4 de febrero de 2010
Recollida de material e roupa deportiva para axudar aos nenos saharauis
Os socios/as de MillaRaio que desexen colaborar na campaña de recollida de material e roupa deportiva para enviar aos nenos saharauis que está realizando a Federación Galega de Atletismo poden facelo este venres na Asamblea Xeral do club ou o sábado no adestramento.
Juan Pablo Fernández recollerá o material e prendas deportivas que xa non usedes e encargarase de entregarllas á FGA este sábado na Coruña, no Campionato Galego Absoluto.
Froito das conversas cunha ONG de axuda a nenos saharauis e marroquís, a FGA fai un chamamento a todos os membros do atletismo galego que desexen entregar material deportivo ou prendas deportivas que non utilicen para os nenos mais necesitados.
A información completa na web da FGA.
martes, 2 de febrero de 2010
Galicia saudable
Galicia saudable é un plan estratéxico para o fomento da actividade física e contra o sedentarismo que está a elaborar actualmente a Xunta de Galicia e que se desenvolverá nos vindeiros catro anos. O plan contempla tamén a creación dun Observatorio da práctica deportiva e da alimentación saudable.
O goberno galego promoverá, nos ámbitos educativo e familiar, o hábito da práctica regular de actividade, consciente da súa importancia na infancia. Lograr a adquisición de hábitos saudables entre os máis pequenos e estender a concepción do exercicio físico como unha ferramenta de saúde é o obxectivo principal.
Este proxecto parte dun informe da Secretaría Xeral para o Deporte sobre sedentarismo e actividade física e contará coa participación directa da Consellería de Sanidade e coa colaboración doutras consellerías. Incorporará intervencións e accións concretas en diferentes áreas do eido político, educativo e sanitario.
No eido educativo, poranse en marcha accións concretas de intervención en cada grupo de idade, con especial atención a unha acción estratéxica contra a obesidade infantil e o abandono da actividade deportiva na adolescencia. Buscarase ampliar as horas dedicadas á educación física nos colexios e mellorar a oferta de actividades deportivas.
O plan tamén promoverá liñas de colaboración entre os profesionais da sanidade e do deporte para conseguir a prescrición e recomendación de exercicio físico desde os centros de atención primaria.
Poranse en marcha campañas de comunicación e concienciación en medios de comunicación. Buscarase a chamada de atención e concienciación, elaborando materiais informativos, formativos e educativos estratificados por grupos de idade e xénero e tamén de xeito integrado e transversal sobre o triángulo familia-escola/actividade-contorno social.
No eido educativo, poranse en marcha accións concretas de intervención en cada grupo de idade, con especial atención a unha acción estratéxica contra a obesidade infantil e o abandono da actividade deportiva na adolescencia. Buscarase ampliar as horas dedicadas á educación física nos colexios e mellorar a oferta de actividades deportivas.
O plan tamén promoverá liñas de colaboración entre os profesionais da sanidade e do deporte para conseguir a prescrición e recomendación de exercicio físico desde os centros de atención primaria.
Poranse en marcha campañas de comunicación e concienciación en medios de comunicación. Buscarase a chamada de atención e concienciación, elaborando materiais informativos, formativos e educativos estratificados por grupos de idade e xénero e tamén de xeito integrado e transversal sobre o triángulo familia-escola/actividade-contorno social.
Galicia Saudable nace da necesidade de frear a tendencia á alza dos índices de obesidade, que na última década se teñen triplicado en España e que consumen o 7% do investimento do Goberno en sanidade.
lunes, 1 de febrero de 2010
O blog de MillaRaio tivo máis de 5.000 visitas
Nos tres primeiros meses de funcionamento o blog rexistrou máis de 5.000 visitas. Un gran logro se temos en conta o ámbito reducido do blog, que naceu como medio de comunicación entre os 40 socios/as de MillaRaio. O número de visitas continúa aumentando cada mes de xeito progresivo, feito que quero agradecer.
Neste tempo publicáronse 54 novas. Por temáticas, 15 novas fan referencia a carreiras populares, 8 son clasificacións dos nosos pequenos/as atletas, 16 novas do club, 8 textos de Juan Pablo Fernández en calidade de Director Deportivo de MillaRaio e, finalmente, 7 textos deportivos traídos doutras páxinas da internet por conter información variada que nos parecía de interés para os socios/as de MillaRaio.
Hoxe deixamos o arquivo sonoro dunha entrevista que, como administradora deste blog, fixen para Radio Ames durante as vacacións do Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)