¡Por fin! A I Carreira/Andaina solidaria de axuda a Haití, que terá lugar o 14 de marzo, xa ten percorrido definitivo. Despois de grandes esforzos por parte do director deportivo de MillaRaio, Juan P. Fernández, e do secretario do Club, Xosé Luis Ramos, o percorrido aceptado e aprobado pola policía local de Ames é o que tedes na foto.
O desexo da Directiva de MillaRaio era que a carreira solidaria e a andaina se desenvolvesen, na súa maior parte, polas rúas da cidade co obxectivo de darlle maior visibilidade ao evento e que os habitantes de Milladoiro se implicasen tamén neste acto de solidariedade. As numerosas negociacións coa policía local fixeron que se retrasase a aprobación definitiva do percorrido. A saída e meta estarán situadas no polígono, no aparcadoiro que hai enfrente da Escola Infantil.
A distancia das probas para cada categoría e os horarios son:
11:00 h. Prebenxamín e anteriores/ 300 m (1 volta ao párking)
11:15 h. Benxamín e Alevín/ 1000 m (2 voltas A)
11:30 h. Infantil e Cadete/ 1400 m (volta A+B)
12:00 h. Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns/ 5000 m (2 voltas C)
12:00 h. Andaina/ 1500 m (1 volta D)
No hay comentarios:
Publicar un comentario