Galicia saudable é un plan estratéxico para o fomento da actividade física e contra o sedentarismo que está a elaborar actualmente a Xunta de Galicia e que se desenvolverá nos vindeiros catro anos. O plan contempla tamén a creación dun Observatorio da práctica deportiva e da alimentación saudable.
O goberno galego promoverá, nos ámbitos educativo e familiar, o hábito da práctica regular de actividade, consciente da súa importancia na infancia. Lograr a adquisición de hábitos saudables entre os máis pequenos e estender a concepción do exercicio físico como unha ferramenta de saúde é o obxectivo principal.
Este proxecto parte dun informe da Secretaría Xeral para o Deporte sobre sedentarismo e actividade física e contará coa participación directa da Consellería de Sanidade e coa colaboración doutras consellerías. Incorporará intervencións e accións concretas en diferentes áreas do eido político, educativo e sanitario.
No eido educativo, poranse en marcha accións concretas de intervención en cada grupo de idade, con especial atención a unha acción estratéxica contra a obesidade infantil e o abandono da actividade deportiva na adolescencia. Buscarase ampliar as horas dedicadas á educación física nos colexios e mellorar a oferta de actividades deportivas.
O plan tamén promoverá liñas de colaboración entre os profesionais da sanidade e do deporte para conseguir a prescrición e recomendación de exercicio físico desde os centros de atención primaria.
Poranse en marcha campañas de comunicación e concienciación en medios de comunicación. Buscarase a chamada de atención e concienciación, elaborando materiais informativos, formativos e educativos estratificados por grupos de idade e xénero e tamén de xeito integrado e transversal sobre o triángulo familia-escola/actividade-contorno social.

Galicia Saudable nace da necesidade de frear a tendencia á alza dos índices de obesidade, que na última década se teñen triplicado en España e que consumen o 7% do investimento do Goberno en sanidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario