Comentamos no blog os numerosos beneficios que o deporte proporciona aos nenos/as pero tamén que a actividade deportiva, ata os 7 anos, debe ser entendida como xogo ou actividade lúdica xa que os nenos/as teñen pouca concentración mental e moita movilidade. A partir dos 7 anos aconséllase facer ximnasia ou deporte polo menos dúas veces á semana.
As recomendacións xerais á hora de que os nenos/as practiquen deporte son:
Evitar o sedentarismo e tamén a sobrecarga excesiva. Prestar atención tanto aos nenos inactivos como aos que practican deporte en exceso que pode interferir no crecemento ou na aparición temperá de lesións.
Ter en conta as inclinacións do neno, os seus gustos e intereses para escoller o deporte.
A especialización demasiado precoz nun só deporte non é boa. É mellor a diversidade de movementos e deportes.
Evitar as competicións ata os 12 anos polo menos e facer un seguimento médico do neno, sobre todo se compite.
Se se practica un deporte individual é recomendable completalo cun deporte en equipo, xa que enriquece máis aos nenos/as.
O atletismo é un deporte moi completo, nel únense a carreira, o salto e mesmo os lanzamentos.
Os pequenos/as de 11 a 15 anos deben ser considerados de xeito individual nos seus adestramentos, competicións… xa que forman un grupo moi heteroxéneo no desenvolvemento corporal e maduración biolóxica e psicológica.
O artigo completo de Nieves Palacios e Pilar Antón en Saludalia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario