Xa están establecidas as categorías de competición para a I Carreira Solidaria de Axuda a Haití, organizada por MillaRaio coa colaboración do Concello de Ames.
A carreira celebrarase o 14 de marzo nas inmediacións do Polígono Industrial de Milladoiro e a saída e meta estarán ao lado da piscina municipal (pendente de confirmar).
Poderán participar atletas federados e non federados e a clasificación será conxunta. Os participantes non federados deberán pagar un seguro de 1,20 euros (a maiores do donativo de 3 euros pola participación na carreira). A Directiva de MillaRaio está a negociar para que algunha entidade se faga cargo deste importe e non sexa necesario pagalo por parte dos participantes non federados.
CATEGORÍAS
Prebenxamín: nados no ano 2003 e posteriores.
Benxamín: nados nos anos 2001 e 2002.
Alevín: nados nos anos 2000 e 1999.
Infantil: nados nos anos 1998 e 1997.
Cadete: nados nos anos 1996 e 1995.
Xuvenil-Junior: nados nos anos 1994, 1993, 1992 e 1991.
Promesa-Senior: nados en 1990 ata veteráns.
Veteráns: nados en 1975 e anteriores.
PARA AS PERSOAS QUE NON CORREN PERO DESEXEN PARTICIPAR HABERÁ UNHA ANDAINA.
INSCRICIÓNS
No correo: inscricionsFGAsantiago@gmail.com
No fax 981 191 559
Deberán aparecer os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa (dd/mm/aaaa), club e nº de licencia (se a ten), correo electrónico.
O prazo remata o 12 DE MARZO ás 14 horas.
Para participar entregarase un DONATIVO de 3 euros destinado íntegramente a MANOS UNIDAS. Todos os donativos serán para axudar aos afectados polo terremoto de Haití. Os donativos entregaranse no momento de recoller o dorsal.
Agradecer a implicación da Delegación de Santiago da FGA e os seus xuíces, que traballarán no control técnico da competición de xeito altruísta.
4 comentarios:
Queria saber si vai haber o final canicross solidario,saliriamos de atras sin molestar a ninguen facendo o mesmo circuito que todos sen premios solo colaborando nos con dita causa.Eu son Evaristo un moi bo amigo e compañeiro de fatigas de Miguel Buela,un saudo pra todos e moitisimas felicitacions por tan boa iniciativa.
Os organizadores aínda non saben si haberá canicross.
Está pendente de aprobación esta semana que comenza o percorrido da carreira co Concello de Ames, por iso non se publicaron as distancias que haberá. Unha vez solucionado isto a organización valorará si é posible ou non facer un canicross.
Ola, supoño que o pago da inscripción será no momento de recollelo dorsal. Grazas
Si, haberá unha urna para introducir o donativo cando se recolla o dorsal.
Publicar un comentario