A I Carreira/Andaina Solidaria de Axuda a Haití, organizada por MillaRaio, celebrarase o14 de marzo en Milladoiro. MillaRaio conta coa colaboración do Concello de Ames e, grazas a Juan Pablo, co control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo) para o correcto desenvolvemento deste acto de solidariedade.
A Directiva de MillaRaio está a concretar os detalles finais da carreira e o seu regulamento que publicaremos a próxima semana. Tamén traballan para conseguir patrocinadores para a carreira e animan aos socios/as do club que desexen votar unha man a poñerse en contacto coa Dirección.
MillaRaio súmase con esta carreira solidaria ás múltiples iniciativas particulares e institucionais que se están a levar a cabo para a recollida de fondos que axuden á recuperación de Haití. O Concello de Ames enviou 1.500 euros da caixa municipal e leva a cabo unha campaña de recollida de fondos a través da Biblioteca Municipal de Ames, en Bertamiráns e Milladoiro, baixo o lema “Con Haití no corazón”. A Escola de Educación Infantil de Milladoiro, a través da súa ANPA Millapeques, recaudou 511,78 euros para esta campaña o 9 de febreiro. O CEIP de Ventín tamén participará nesta iniciativa o 11 de febreiro.
O próximo 14 de marzo ademáis de estar “Con Haití no corazón” empregaremos a fondo as pernas e correremos por Haití. QUE NON FALTE NINGUÉN, esta causa solidaria ben merece un esforzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario