No programa Cancha Junior do pasado fin de semana saiu unha reportaxe do Campionato Provincial de Campo a Través, que tivo lugar en Acea da Ma (Culleredo) o sábado 16, así como unha entrevista á Campiona do Mundo Junior de Triple Salto, de nosa Provincia do Club A.D.D. do Barbanza da Pobra do Caramiñal.
jueves, 28 de febrero de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
FIN DE SEMANA COMPLETO
O pasado fin de
semana foi de moitas actividades do Clube, que tivo representantes en competicións
en diferentes puntos da xeografía Galega, ademais dos moitos atletas que
adestraron nas pistas o sábado pola maña.
Xa a primeira
hora da tarde do Venres os atletas da categoría cadete se desprazaron a Coruña
para disputar a I Xornada do Circuito Marineda, co obxectivo de buscar mínimas
e de facer un primeiro contacto con as competicións de pista. O clima non
acompañou os ánimos e a xornada fría e pasada por auga deixou boas experiencias
en canto a competición, onde as marcas acadadas non teñen maior relevancia, xa
que estamos a comezar a preparación de cara a pista.
Aínda así víronse
mellores marcas persoais e da tempada e bos rexistros das rapazas na dura proba
de 300m lisos con Mínima de Andrea González e Rocio García xunto a Irene Ibañez
rozando a marca de 50” pedida para participar no Campionato Galego do vindeiro
sábado.
O sábado pola
maña, o equipo Alevín e os atletas Hugo Rodriguez e Inés Castaño
formaban a delegación de atletas mais numerosa do Clube nun campionato Galego
de Cros, facendo un bo papel todos, tendo en conta as dificultades do circuíto
e as baixas temperaturas que rexistraba Guitiriz naquela maña.
Os Alevíns
finalmente fixéronse con o 5º posto rozando o podio por escasos 4 puntos, sendo
o primeiro equipo do Millaraio en conseguir colocarse entre os mellores de
Galicia! Daniel Mato fixo una grande Carreira e axudou o equipo con o seu 3º
posto, gañando a medalla de bronce
individual, tamén un feito inédito na breve historia do noso Clube!
Tamén destacar a
actuación de Hugo Rodriguez, sempre indo a mais en cada unha das competicións
segundo avanza a tempada, para ser o 26º mellor atleta infantil de cross de
Galicia e tamén a atleta Cadete Ines Castaño (14ª) que, aínda non sendo especialista en
atletismo, fixo unha grande temporada de Campo a través en medio a súa
preparación para as probas de Triatlón de verán!
RESULTADOS GALEGO CAMPO A TRAVÉS- GUITIRIZ
Parabéns a todos e agora, comeza a tempada de pista e a preparación especial para os novos desafios!
sábado, 23 de febrero de 2013
Historias de Maraton, New York
Aqui vai un enlace a un vídeo moi emotivo e interesante do que impulsa a diferentes persoas a prepararse para un maratón, cada un ten as suas motivacións e metas. Pareceme adecuado compartilo porque agora hai moitos pais e nais do club que tamén corren e unha forma de que se vexan reflexados nestas breves historias que conta casos de xente normal. Ao final, da igual que sexa unha maratón, un carreira de 10 km ou simplemente calquera reto persoal, o importante e a mensaxe de superación, vontade e sacrificio que se transmite . Espero que vos gusta, a min gustoume moito. Non dura moito, ao redor de 20 minutos.
miércoles, 20 de febrero de 2013
CITIUS ALTIUS FORTIUS e Cancha Junio
Dende o club vos propoñemos que vexades o programa do día 16 de Febreiro "Citius, Altius, Fortius" da Televisión de Galicia.
O vídeo ten os seguintes contidos:
*Campeonato de España Promesa de pista cuberta
* Presentación do Campeonato Galego Escola de Campo a Través
* Campeonato Galego de Marcha en Ruta
*Campeonato Galego Xuvenil-Junior de pista cuberta
Poderedes
ver algúns dos atletas do noso club e coñecer mais sobre o Campeonato Galego de Campo a Través que se vai disputar en Guitiriz o próximo Sábado. Como podedes ver, o circuito é todo de herba e é moi importante
levar clavos de 6 a 9mm.
Citius, Altius, Fortius 16/02/2013
Outro Progama onde aparecen nosos atletas é o Cancha Junior, que tamén trae información da pista Cuberta e do Cross. Tedes a Partir do minuto 19:35.
Video Cancha Junior
Son bonitos recordos que quedan dos desafios que enfrontan os nosos atletas!
Un saúdo!
Outro Progama onde aparecen nosos atletas é o Cancha Junior, que tamén trae información da pista Cuberta e do Cross. Tedes a Partir do minuto 19:35.
Video Cancha Junior
Son bonitos recordos que quedan dos desafios que enfrontan os nosos atletas!
Un saúdo!
lunes, 18 de febrero de 2013
RESULTADOS PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS- VARIOS CLASIFICADOS PARA O GALEGO ESCOLAR
O pasado sábado disputouse en Culleredo o Campionato Provicial de Campo a través escolar con un día de sol e nun magnífico circuito por herva, onde o Millaraio participou con 35 atletas con representantes en tódalas categorías!
Todos fixeron un
grande papel, dando o mellor de si e facendo con que o Clube rozara o podio na maioría
das categorías, en algúns casos por un par de puntos. Iso é o que fai do Cross
por equipos unha competición moi apaixonante onde moitas veces importa mais o
4º integrante do equipo que o 1º!
O primeiro éxito
da xornada chegou xa na primeira carreira do día onde Degnesh Maria Mato
proclamouse a MELLOR BENXAMÍN DA PROVINCIA DA CORUÑA EN CROS, facendo unha
grande carreira onde disputou sempre a primeira posición con outra atleta ata
que, a falta de 100m, lanzou un ataque final para facerse coa vitoria.
Despois do éxito do
ano pasado onde os Benxamíns foron campións provinciais, ese ano o grande
destaque ficou por conta dos Alevíns masculinos, que lograron ser primeiros con
grande solvencia e logrando ser o PRIMEIRO EQUIPO DE MILLARAIO a clasificarse para un campionato galego de
Cross. Daniel Mato foi o 3º nun apertado Sprint que decidiu os 3 primeiros
postos.
Tamén están
clasificados de maneira individual Hugo Rodríguez Abel, que foi 8º nunha
recuperación nos últimos metros e conseguiu así o pase para a próxima fase e
Ines Castaño García, que correu de menos a mais para ser finalmente 7ª e
garantir así a participación de 8 atletas do Millaraio o vindeiro Sábado pola
maña, no Campionato Galego en Guitiriz, onde se medirán cons mellores equipos e
atletas de toda Galicia.
Pedimos que se algún
dos clasificados (os dous xa nomeados e tamén os 6 atletas Alevín que correron
no Provincial) non pode acudir o sábado pola maña ao Galego, avisen cuanto
antes para poder preparar as listas!
Parabéns a todos
os que loitaron en cada un dos Cross disputados e que demostraron que o
importante é enfrontar os desafíos facendo o mellor posible, independente do
posto que chegamos e dando o mais que se poida para o equipo!
domingo, 17 de febrero de 2013
II CROSS COMPOSTELA
Hoxe domingo 17 disputouse no circuito de Monte do Gozo en Santiago o segundo Cross Compostela con presencia de atletas do Millaraio. A pesar dun tempo bastante malo e dun percorrido totalmente enlamado conseguíronse uns grandes resultados cun total de 7 medallas.
Na categoria benxamín feminino, Teodora Ruso logrou a primeira posición na proba.
En alevín feminino acadamos outra medalla de ouro coa atleta Noelia Castro.
En alevín masculino o éxito foi dobre, ouro para Pablo Diaz e bronce para Luis García sendo Antón Gómez o 4º.
Inés Castaño logrou a primeira posición na categoría de cadete feminino, confirmando seu bo estado de forma xa que clasificouse para o campinato Galego de Cross.
En xuvenil feminino Vanesa Varela acadou o bronce e na proba absoluta destacar o segundo posto do noso adestrador Joao.
Noraboa a tódolos participantes que a pesar do mal tempo e chegando a perder algún deles as zapatillas polo mal estado do terreo, remataron a proba desmostrando unha gran determinación e fortaleza, destacando a Valeria Batire Guridi e a David Varela que correón grande parte da proba sen unha das zapatillas (perdidas no barro) e aínda así chegarían a meta non entregándose e demostrando o verdadeiro valor do deporte!
A continuación tedes a enlace cos resultados deste II Cross Compostela.
resultados II Cross Compostela
Na categoria benxamín feminino, Teodora Ruso logrou a primeira posición na proba.
En alevín feminino acadamos outra medalla de ouro coa atleta Noelia Castro.
En alevín masculino o éxito foi dobre, ouro para Pablo Diaz e bronce para Luis García sendo Antón Gómez o 4º.
Inés Castaño logrou a primeira posición na categoría de cadete feminino, confirmando seu bo estado de forma xa que clasificouse para o campinato Galego de Cross.
En xuvenil feminino Vanesa Varela acadou o bronce e na proba absoluta destacar o segundo posto do noso adestrador Joao.
Noraboa a tódolos participantes que a pesar do mal tempo e chegando a perder algún deles as zapatillas polo mal estado do terreo, remataron a proba desmostrando unha gran determinación e fortaleza, destacando a Valeria Batire Guridi e a David Varela que correón grande parte da proba sen unha das zapatillas (perdidas no barro) e aínda así chegarían a meta non entregándose e demostrando o verdadeiro valor do deporte!
A continuación tedes a enlace cos resultados deste II Cross Compostela.
resultados II Cross Compostela
jueves, 14 de febrero de 2013
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
Un ano mais o Millaraio levará un nutrido grupo (sobre 40 atletas) ao campionato provincial de Campo a Través que ese ano será en Culleredo, moi preto da cidade da Coruña, o vindeiro sábado 16/02 a partir das 11:15 da mañan.
Todo o detalle tedes no enlace:
O Autobús sale as 9:15 da mañan, en fronte a entrada de abaixo dos buses na estación de Autobuses de Santiago. (Diante do BNG) e é de uso exclusivo dos atletas. Recomendamos que, ainda que os pais leven os seus coches, os atletas fagan súa viaxe de ida (polo menos) no autocar cos compañeiros!
Tras evaluar no local as condicións do terreno, notamos que en caso de que non esté mollado, pódese correr con zapatillas normais, pero facemos a seguinte recomendación:
TODOS OS ATLETAS QUE TEÑAN A POSIBILIDADE DE LEVAR OS CLAVOS DEBEN FACELO!!! (OS QUE TEÑAN PINCHOS DE 6 A 9mm TAMÉN DEBEN LEVALOS.)
Imprescindible equipación do clube (camistea Blanca e chandal) e pantalón ou mallas oscuras (azul oscuro ou negro)
Por outra banda, recordar que hai adestramento normal para todos aqueles que non irán ao Provincial, nas pistas de atletismo, nos mesmo horarios de sempre (consultar calendario en caso de dúbida).
Agardamos un bo día para a competición e tamén para o adestramento que xa vai comenzar a centrarse nas probas de pista que comenzarán o vindeiro mes de marzo.
BOA SORTE A TODOS!
miércoles, 13 de febrero de 2013
Capionato Gallego Veterán en Pista Cuberta
Non só de rapaces pequenos está feito noso Clube! Nosos atletas Veteranos
tamén son unha parte integrante e activa do Clube e dous dos nosos representantes
desprazáronse a Coruña para a disputa do Campionato Galego en Pista Cuberta das
Categorías maiores de 35 anos.
Joaquin Sanchez e Mabel Mougan fixeron una preparación para a cita con
adestramentos específicos e firmaron una grande actuación nas pistas de Riazor,
onde Joaquín rozou a medalla de bronce na dura proba dos 800m sendo 4º con 2’25”13
a solo 2 décimas do 3º posto. Tamén firmou boas actuacións en 200m (29”56) e 400m (1’03”96).
A representante feminina Mabel, competiu en 2 probas sendo que na primeira
firmou un bo crono de 6’06” en 1500m para facerse coa medalla de prata, para
logo correr os 200m en 33”, sendo 3ª na súa categoría e traendo outro metal
para o palmarés do Millaraio en Campionatos Galegos!
Parabéns aos dous atletas polos resultados e por ser un grande exemplo de
dedicación ao deporte conciliada ao deporte e a familia!
lunes, 11 de febrero de 2013
Campeonato Galego de Marcha en Ruta
O Domingo día
10 as atletas Vanesa Varela Rivas e
Natalia Sanchez Pardo desprazáronse ata Aldán (Cangas) para disputar o Campionato
Galego de Marcha en Ruta.Malia a maña de choiva e vento que estaba as dúas
atletas enfrontáronse con ganas ás súas respectivas distancias nun circuíto de
1km de lonxitude cada volta.
Natalia nos 3km
infantís enfrontouse a unha carreira na que a chuvia estibo bastante presente
pero malia iso fixo un tempo de 24 minutos 14 segundos nunha carreira na que
mantivo un ritmo constante e bo dende o principio o que lle levou finalmente a
conseguir a súa mellor marca persoal en ruta e a súa segunda mellor marca de
sempre entre a pista e ruta.
A seguinte en
competir sería Vanesa que se tiña que enfrontar o inédito reto de facer os 10km
da categoría xuvenil. Nunha carreira na que a choiva xunto cun forte vento case
non lles permitía avanzar as atletas, soubo manter un ritmo bastante constante
desde o 1º Km para finalmente conseguir finalizar os 10km en 1 hora 26 minutos
35 segundos.
Parabéns ás dúas
atletas que levan o nome do Clube a
moitas competicións de marcha e están superando retos e sorprendendo pola sua
evolución nas probas en que compiten!
Campionato Galego Xuvenil PC
O pasado sábado disputouse o campionato Galego Xuveníl de PC en A Coruña, competición con acceso por mínimas de participación, na que acudiriamos con 2 atletas, aínda que finalmente Cristina Sanchez Pardo causaría baixa nos 50m por unha gripe, sendo Antón Lopez Bermudez o noso único representante.
Antón tiña mínima para os 50m lisos e salto en Lonxitude e aceptou o desafio de facelas dúas probas, coa dificultade que as semifinales dos 50m se disputarían no medio da proba de salto.
Noso único atleta convocado para unha selección galega, fixo un gran papel nas dúas probas! Aínda que a preparación para pista acaba de comenzar e faltan moitos axustes por facer, mellorou súas marcas en Pista Coberta alcanzando os 5m54 en lonxitude onde foi 7º e os 6,72 segundo en 50m para facer o record persoal e do Clube, quedando a tan só 1 decima da final (8º tempo geral).
Resultados:
Resultados Galego Xuvenil PC 2013
Noraboa a Atón e rápida recuperación á Cristina! En 3 semanas lles tocará aos atletas cadetes acudir ao mesmo encenario para disputar o seu campionato Galego.
Antón tiña mínima para os 50m lisos e salto en Lonxitude e aceptou o desafio de facelas dúas probas, coa dificultade que as semifinales dos 50m se disputarían no medio da proba de salto.
Noso único atleta convocado para unha selección galega, fixo un gran papel nas dúas probas! Aínda que a preparación para pista acaba de comenzar e faltan moitos axustes por facer, mellorou súas marcas en Pista Coberta alcanzando os 5m54 en lonxitude onde foi 7º e os 6,72 segundo en 50m para facer o record persoal e do Clube, quedando a tan só 1 decima da final (8º tempo geral).
Resultados:
Resultados Galego Xuvenil PC 2013
Noraboa a Atón e rápida recuperación á Cristina! En 3 semanas lles tocará aos atletas cadetes acudir ao mesmo encenario para disputar o seu campionato Galego.
viernes, 8 de febrero de 2013
SUPERAMOS AS 40.000 VISITAS!!
Esta semana é moi especial para o club porque chegamos ás corenta mil visitas no noso blog!
Esto é motivo de satisfacción pois o noso medio de comunicación cos nosos socios e seguidores vaise consolidando pouco a pouco. O noso nome xa se está coñecendo...
Nestes últimos anos foi aumentando o número de socios de maneira considerable,despertando no entorno dos nenos o interese polo deporte do atletismo e polas súas diferentes disciplinas.
Como podedes ver na anterior publicación xa somos un club que aparecemos nos medios especializados neste deporte o que comproba que xa está artellandose en diferentes probas e en diferentes categorias.
Isto tamén é posible gracias ao apoio do noso patrocinador principal e aos nosos colaboradores:
CENTRO DENTAL MACIA
* Librerías e papelerías
O TINTEIRO
O TINTEIRO
* Cristalería de automoción
GLASSDRIVE - GRUPO AUTO VIDRIO.
* Restaurantes, cafeterías, cervecerías
WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES
VAGALUME
BAR JOY
* Cortinas e edredóns
GLASSDRIVE - GRUPO AUTO VIDRIO.
* Restaurantes, cafeterías, cervecerías
WWW.RESTAURANTECENTRAL.ES
VAGALUME
BAR JOY
* Cortinas e edredóns
MAYZU
* Mascotas, animais
CENTRO MASCOTA.
jueves, 7 de febrero de 2013
Millaraio na TV
Deixamos o enlace con o reportaxe sobre o Campionato Galego de Pista Cuberta de Menores onde vemos moitas imaxes dos nosos atletas e un resumen bastante completo da competición.
O programa de TV é producido semanalmente pola Federación Galega de Atletismo e difundido pola TVG2 nos finais de semana.
A través do mesmo procúrase de divulgar e difundir as noticias mais importantes que afectan o noso atletismo Galego, complementándolo con outras seccións como reportaxes, Clubs, historia, concursos, entrevistas, etc...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)