O pasado fin de
semana foi de moitas actividades do Clube, que tivo representantes en competicións
en diferentes puntos da xeografía Galega, ademais dos moitos atletas que
adestraron nas pistas o sábado pola maña.
Xa a primeira
hora da tarde do Venres os atletas da categoría cadete se desprazaron a Coruña
para disputar a I Xornada do Circuito Marineda, co obxectivo de buscar mínimas
e de facer un primeiro contacto con as competicións de pista. O clima non
acompañou os ánimos e a xornada fría e pasada por auga deixou boas experiencias
en canto a competición, onde as marcas acadadas non teñen maior relevancia, xa
que estamos a comezar a preparación de cara a pista.
Aínda así víronse
mellores marcas persoais e da tempada e bos rexistros das rapazas na dura proba
de 300m lisos con Mínima de Andrea González e Rocio García xunto a Irene Ibañez
rozando a marca de 50” pedida para participar no Campionato Galego do vindeiro
sábado.
O sábado pola
maña, o equipo Alevín e os atletas Hugo Rodriguez e Inés Castaño
formaban a delegación de atletas mais numerosa do Clube nun campionato Galego
de Cros, facendo un bo papel todos, tendo en conta as dificultades do circuíto
e as baixas temperaturas que rexistraba Guitiriz naquela maña.
Os Alevíns
finalmente fixéronse con o 5º posto rozando o podio por escasos 4 puntos, sendo
o primeiro equipo do Millaraio en conseguir colocarse entre os mellores de
Galicia! Daniel Mato fixo una grande Carreira e axudou o equipo con o seu 3º
posto, gañando a medalla de bronce
individual, tamén un feito inédito na breve historia do noso Clube!
Tamén destacar a
actuación de Hugo Rodriguez, sempre indo a mais en cada unha das competicións
segundo avanza a tempada, para ser o 26º mellor atleta infantil de cross de
Galicia e tamén a atleta Cadete Ines Castaño (14ª) que, aínda non sendo especialista en
atletismo, fixo unha grande temporada de Campo a través en medio a súa
preparación para as probas de Triatlón de verán!
RESULTADOS GALEGO CAMPO A TRAVÉS- GUITIRIZ
Parabéns a todos e agora, comeza a tempada de pista e a preparación especial para os novos desafios!
No hay comentarios:
Publicar un comentario