O Domingo día
10 as atletas Vanesa Varela Rivas e
Natalia Sanchez Pardo desprazáronse ata Aldán (Cangas) para disputar o Campionato
Galego de Marcha en Ruta.Malia a maña de choiva e vento que estaba as dúas
atletas enfrontáronse con ganas ás súas respectivas distancias nun circuíto de
1km de lonxitude cada volta.
Natalia nos 3km
infantís enfrontouse a unha carreira na que a chuvia estibo bastante presente
pero malia iso fixo un tempo de 24 minutos 14 segundos nunha carreira na que
mantivo un ritmo constante e bo dende o principio o que lle levou finalmente a
conseguir a súa mellor marca persoal en ruta e a súa segunda mellor marca de
sempre entre a pista e ruta.
A seguinte en
competir sería Vanesa que se tiña que enfrontar o inédito reto de facer os 10km
da categoría xuvenil. Nunha carreira na que a choiva xunto cun forte vento case
non lles permitía avanzar as atletas, soubo manter un ritmo bastante constante
desde o 1º Km para finalmente conseguir finalizar os 10km en 1 hora 26 minutos
35 segundos.
Parabéns ás dúas
atletas que levan o nome do Clube a
moitas competicións de marcha e están superando retos e sorprendendo pola sua
evolución nas probas en que compiten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario