miércoles, 13 de febrero de 2013

Capionato Gallego Veterán en Pista Cuberta


Non só de rapaces pequenos está feito noso Clube! Nosos atletas Veteranos tamén son unha parte integrante e activa do Clube e dous dos nosos representantes desprazáronse a Coruña para a disputa do Campionato Galego en Pista Cuberta das Categorías maiores de 35 anos.

Joaquin Sanchez e Mabel Mougan fixeron una preparación para a cita con adestramentos específicos e firmaron una grande actuación nas pistas de Riazor, onde Joaquín rozou a medalla de bronce na dura proba dos 800m sendo 4º con 2’25”13 a solo 2 décimas do 3º posto. Tamén firmou boas actuacións en 200m (29”56)  e 400m (1’03”96).

A representante feminina Mabel, competiu en 2 probas sendo que na primeira firmou un bo crono de 6’06” en 1500m para facerse coa medalla de prata, para logo correr os 200m en 33”, sendo 3ª na súa categoría e traendo outro metal para o palmarés do Millaraio en Campionatos Galegos!

Parabéns aos dous atletas polos resultados e por ser un grande exemplo de dedicación ao deporte conciliada ao deporte e a familia!

No hay comentarios: