Hoxe domingo 17 disputouse no circuito de Monte do Gozo en Santiago o segundo Cross Compostela con presencia de atletas do Millaraio. A pesar dun tempo bastante malo e dun percorrido totalmente enlamado conseguíronse uns grandes resultados cun total de 7 medallas.
Na categoria benxamín feminino, Teodora Ruso logrou a primeira posición na proba.
En alevín feminino acadamos outra medalla de ouro coa atleta Noelia Castro.
En alevín masculino o éxito foi dobre, ouro para Pablo Diaz e bronce para Luis García sendo Antón Gómez o 4º.
Inés Castaño logrou a primeira posición na categoría de cadete feminino, confirmando seu bo estado de forma xa que clasificouse para o campinato Galego de Cross.
En xuvenil feminino Vanesa Varela acadou o bronce e na proba absoluta destacar o segundo posto do noso adestrador Joao.
Noraboa a tódolos participantes que a pesar do mal tempo e chegando a perder algún deles as zapatillas polo mal estado do terreo, remataron a proba desmostrando unha gran determinación e fortaleza, destacando a Valeria Batire Guridi e a David Varela que correón grande parte da proba sen unha das zapatillas (perdidas no barro) e aínda así chegarían a meta non entregándose e demostrando o verdadeiro valor do deporte!
A continuación tedes a enlace cos resultados deste II Cross Compostela.
resultados II Cross Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario