Todos fixeron un
grande papel, dando o mellor de si e facendo con que o Clube rozara o podio na maioría
das categorías, en algúns casos por un par de puntos. Iso é o que fai do Cross
por equipos unha competición moi apaixonante onde moitas veces importa mais o
4º integrante do equipo que o 1º!
O primeiro éxito
da xornada chegou xa na primeira carreira do día onde Degnesh Maria Mato
proclamouse a MELLOR BENXAMÍN DA PROVINCIA DA CORUÑA EN CROS, facendo unha
grande carreira onde disputou sempre a primeira posición con outra atleta ata
que, a falta de 100m, lanzou un ataque final para facerse coa vitoria.
Despois do éxito do
ano pasado onde os Benxamíns foron campións provinciais, ese ano o grande
destaque ficou por conta dos Alevíns masculinos, que lograron ser primeiros con
grande solvencia e logrando ser o PRIMEIRO EQUIPO DE MILLARAIO a clasificarse para un campionato galego de
Cross. Daniel Mato foi o 3º nun apertado Sprint que decidiu os 3 primeiros
postos.
Tamén están
clasificados de maneira individual Hugo Rodríguez Abel, que foi 8º nunha
recuperación nos últimos metros e conseguiu así o pase para a próxima fase e
Ines Castaño García, que correu de menos a mais para ser finalmente 7ª e
garantir así a participación de 8 atletas do Millaraio o vindeiro Sábado pola
maña, no Campionato Galego en Guitiriz, onde se medirán cons mellores equipos e
atletas de toda Galicia.
Pedimos que se algún
dos clasificados (os dous xa nomeados e tamén os 6 atletas Alevín que correron
no Provincial) non pode acudir o sábado pola maña ao Galego, avisen cuanto
antes para poder preparar as listas!
Parabéns a todos
os que loitaron en cada un dos Cross disputados e que demostraron que o
importante é enfrontar os desafíos facendo o mellor posible, independente do
posto que chegamos e dando o mais que se poida para o equipo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario