O pasado sábado disputouse o campionato Galego Xuveníl de PC en A Coruña, competición con acceso por mínimas de participación, na que acudiriamos con 2 atletas, aínda que finalmente Cristina Sanchez Pardo causaría baixa nos 50m por unha gripe, sendo Antón Lopez Bermudez o noso único representante.
Antón tiña mínima para os 50m lisos e salto en Lonxitude e aceptou o desafio de facelas dúas probas, coa dificultade que as semifinales dos 50m se disputarían no medio da proba de salto.
Noso único atleta convocado para unha selección galega, fixo un gran papel nas dúas probas! Aínda que a preparación para pista acaba de comenzar e faltan moitos axustes por facer, mellorou súas marcas en Pista Coberta alcanzando os 5m54 en lonxitude onde foi 7º e os 6,72 segundo en 50m para facer o record persoal e do Clube, quedando a tan só 1 decima da final (8º tempo geral).
Resultados:
Resultados Galego Xuvenil PC 2013
Noraboa a Atón e rápida recuperación á Cristina! En 3 semanas lles tocará aos atletas cadetes acudir ao mesmo encenario para disputar o seu campionato Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario