En Moaña, na categoría de chupetes, correron Sunny Seijas Portas (4º), Iago Ramos López (6º), Brais Budiño e Mario López que chegaron pola metade da clasificación.
Na categoría alevín feminino Alba López Portabales chegou en 9ª posición e Hugo Rodríguez Abel, en alevín masculino, acadou o posto 12.
Destacar a boa organización da carreira de Moaña, malia un lixeiro retraso debido ao gran número de corredores anotados, sobre todo na categoría de chupetes que contaba con máis de 150 nenos e nenas inscritos.
En Rábade, na categoría A, participou Fátima Dell Blanco que chegou á meta na 10ª posición.
Juan Pablo Fernández correu co club no que milita como atleta profesional, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, acadando o 4º posto na categoría absoluta masculina.
Parabéns aos atletas polos bos resultados acadados e grazas, unha vez máis, a todos/as pola súa participación.
Juan Pablo Fernández correu co club no que milita como atleta profesional, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, acadando o 4º posto na categoría absoluta masculina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario