A charla informativa sobre o deporte base, que Juan Pablo Fernández Rodrigues impartiu o pasado venres, comenzou coa definición do talento deportivo. O adestrador chega a conclusión de que no deporte base non se debe excluír a ningún neno/a, xa que "todos son diamantes", todos poden ter talentos deportivos.
Outras ideas que Juan Pablo tratou na charla foron a modo de resumo:
O lugar máis axeitado para detectar talentos deportivos é a escola porque é o sitio polo que pasan todos. De feito nos países comunistas todos os nenos/as pasan a criba para detectar posibles talentos deportivos.
Pais e nais debemos acompañar aos fillos/as na súa formación deportiva. Apoiando e incentivando a participación, sen darlle ningunha importancia aos resultados competitivos.
Non se debe facer unha especialización temperá no deporte base. A especialización debería comenzar a partir da pubertade. O máis importante é a variedade de movementos e a toma de contacto con diferentes situacións deportivas.
A maioría de nenos/as e mozos/as que practican deporte din facelo porque é divertido e por pasalo ben. Seguido polo feito de facer amigos e o compañeirismo. Nos derradeiros lugares establecen a saúde, aprender a respectar as normas ou a competitividade. Os resultados da enquisa, feita pola Universidade de Santiago de Compostela, neste enlace.
Publicaremos artigos de Juan Pablo nos que se desenvolverán estes temas.
1 comentario:
Atletas de Galiza darvós conta que o deporte é diversión, saúde, talento etc.... non só competividade como pensan alguns , deixar en pensar na clasificación dos rapaces e deixar que disfruten correndo algun día teremos atletas de verdade.
¡ VIVA O DEPORTE ¡
Publicar un comentario