Julián Bernal non ten relación algunha, que eu saiba, con MillaRaio. Aínda que, por idade, podería ser o bisavó de calquera dos nosos pequenos/as.
Falo de Julián porque resulta emocionante ver como, a pasada fin de semana, intentaba na Coruña batir o récord do mundo da distancia para maiores de 90 anos. O record está en 9 minutos, 42 segundos e 49 centésimas. Julián empezou ben pero finalmente empregou 10 minutos, 14 segundos. Parece que o 20 de febreiro en Zaragoza volverá a intentalo, con 91 anos recén cumpridos.
Para mín o importante non é se o logra ou non, aínda que me alegraría por él se o lograse. O importante é a súa ilusión por intentalo e por correr, a paixón polo atletismo co que disfruta como un neno en cada carreira e o afán de superación persoal.
Para os nosos nenos e nenas atletas gustaríame esa mesma ilusión por correr e polo deporte e que non abandoasen a práctica deportiva ao longo da súa vida... Como di Julián “Mientras pueda seguiré corriendo, aunque tenga 100 años”.
Nunha entrevista feita polo Correo Gallego en febreiro de 2009, cando cumpriu os 90 anos, revela que comenzou a correr en 1997, ¡aos 78 anos!. Julián demostra que nunca é tarde para empezar. Tampouco para os papás e mamás de MillaRaio. Alguén se anima...?
No hay comentarios:
Publicar un comentario