viernes, 26 de febrero de 2010

A situación en Haití e que se fai cos cartos recadados


Un representante de Intermón Oxfam Galicia mantivo unha charla amigable coas persoas que se achegaron á biblioteca para, nas súas palabras "dar conta da transparencia" coa que se xestionan as axudas que os veciños e veciñas achegaron para apoiar os plans de emerxencia en Haití. Intermón é unha das ONG que segue protocolos controlados a nivel internacional polos que se asegura que as doazóns dirixidas a unha catástrofe chegan integramente aos dannificados.

Por outra parte, puidemos coñecer as duras condicións de vida ás que se enfronta o país caribeño. Un dato esclarecedor: antes do terremoto, só o cinco por cento da poboación tiña acceso á auga potable. É por isto que durante os nove meses que durará a primeira fase de intervención Intermón Oxfam colaborará para conseguir o acceso á auga potable e sistemas de evacuación de augas negras, para evitar as pandemias.

Finalmente, José Luis Quintela agradeceu as distintas inicitivas que desde a biblioteca e as ANPA do Milladoiro se levaron adiante para recadar fondos, insistindo no importante valor que ten a participación cidadá, polo seu poder mobilizador e educativo. Neste sentido, felicitouse pola fermosa proposta de MillaRaio e comprometeuse a participar na carreira solidaria que o noso club está a organizar para o próximo 14 de marzo.

Este texto foi enviado por Susana Mayo Redondo, socia de MillaRaio que asistiu á charla na biblioteca o pasado mércores 24 de febreiro.

1 comentario:

Xosé Luís Ramos dijo...

En primer lugar dar las gracias a la socia Sunana mayo por haber asistido a la charla de la biblioteca y luego publicar la noticia que ha publicado.
Además animar, haciendo publicidad del club Atletismo Milla-raio,al señor de la ONG a correr en dicha carrera.
Gracias.

Atentamente.