O pasado 15 de marzo a Consellería de Presidencia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, convocou os Premios do Deporte Galego 2009.
Os Premios serán concedidos nas seguintes categorías:
1. Premio á mellor deportista feminina.
2. Premio á mellor deportista feminina discapacitada.
3. Premio ao mellor deportista masculino.
4. Premio ao mellor deportista masculino discapacitado.
5. Premio ao mellor equipo feminino.
6. Premio ao mellor equipo masculino.
7. Premio ao mellor equipo de deportistas discapacitadas ou discapacitados.
8. Premio á mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base.
9. Premio ao mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar.
10. Premio ao/á mellor adestrador/adestradora.
11. Premio ao/á mellor árbitro/a - xuíz/a.
12. Premio ao mellor labor informativo.
13. Premio ao mellor evento deportivo.
14. Premio patrocinio deportivo.
15. Premio revelación.
16. Premio ao concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte.
Poden presentar candidaturas as asociacións deportivas inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, os concellos de Galicia así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada e persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego. O prazo remata o 25 de marzo. Máis información no DOGA do 15 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario