sábado, 20 de marzo de 2010

Felicitacións

Sabedores de que o éxito da I Carreira/Andaina de Axuda a Haití foi grazas ao esforzo e colaboración de todos, queremos compartir con vos as mensaxes de felicitación que chegaron, esta semán, ao correo electrónico de MillaRaio. Outras moitas persoas, entidades e patrocinadores do evento felicitáronnos en persoa ou de palabra. Aquí só podemos recoller as que chegaron por escrito. GRAZAS A TODOS.

***

Bos días.
Agredecémoslle o seu correo-e, onde fan alusión á colaboración deste concello na magnífica proba deportiva e sobretodo, mostra de solidaridade celebrada o pasado domingo no Milladoiro.
Somos nós, como concello, os que nos sentimos enormemente orgullosos de que haxa no noso termo municipal asociacións e clubes que sexan capaces, dende a precariedade de medios e dificultades nas que todos nos movemos, de levar a cabo iniciativas como estas co éxito que supuxo a todos os niveis.
Polo tanto transmitirlles o noso ánimo, a nosa felicitación e a nosa posta a disposición para manter a colaboración en actividades como éstas ou outras que organizen dende ese clube.
Un saúdo moi cordial.

Departamento de Atención Cidadá do Concello de Ames.

***

Grazas a vos Xosé Luis, a seguir traballando en pro do atletismo. 
Saúdos, 

Victor Sanmartín 
Delegado en Santiago da FGA

***

Hola Xosé, bos dias;
Non tedes nada que me agradecer, gústame colaborar con todas aquelas persoas que loitan polo meu deporte, en Juan Pablo tedes unha persoa preparada e que merece total confianza e apoio... dádello e veredes que os vosos nenos aprenden a disfrutar do atletismo.
Cando queirades, podemos organizar unha xornada de adestramento con eles, unha sorpresa especial ou o que queirades, adoro os pequerrechos e gústame velos lonxe dos malos costumes do botellón e outros. Estades a facer un gran traballo polos vosos fillos, ÁNIMO!!!.

Unha aperta e ata sempre;
Pedro Nimo del Oro


***

Como Empresa colaboradora, MillaSport, quiere extender una gran felicitación al club de atletismo Millaraio por su gran esfuerzo para realizar el evento "Andaina CARREIRA SOLIDARIA POR HAITÍ", el cual consideramos que fue un éxito total para la causa, agradeciendo asimismo a todos lo concursantes por su apoyo y participación en el mismo, dando fuerzas a los más necesitados y alentando a que en un futuro se puedan llevar a cabo más eventos de esta índole.

ATT.
Sergio Bujan Vázquez


***

Felicidades por vuestro éxito y generosidad. Contar nuevamente con nosotros para lo que necesitéis. Un saludo cordial

Dr. Fco. Javier Macía Arce 
CENTRO DENTAL MACIA 
(Disculpa la brevedad, te escribo desde mi iPhone) 


***

Desde Brasil, quedamos muy contentos en ver tantos niños corriendo y además por una causa tan nobre.
Que Dios bendiga a todos que participaron, en especial al clube Millaraio por la iniciativa.

Jaime Fernández

***

Estimado Xosé Luis: 
Escribo para felicitarvos pola boa organización da proba. Todo o mundo o comentou e eu tamén o vin. 
Saúdos, 

José Mª Vispalia, pai de Sara e Adrián 

***

Á at. de Francisco M. Buela Cruces 
Presidente do Clube de atletismo Milla Raio 

Desde o grupo municipal do BNG de Ames non queremos deixar pasar a ocasión para felicitar ao clube que vostede preside pola iniciativa da I Carreira Solidaria para recadar fondos en favor da reconstrucción de Haití. Do mesmo xeito, trasladámoslle os nósos parabéns polo éxito da convocatoria e animamos á asociación a seguir traballando para conseguir novos éxitos. 
Un saúdo 

Olalla Alvite del Río 
Concelleira do BNG de Ames 

***

Hoxe non me dirixo a vos para inscribir a Fátima nunha carreira, senón para felicitar a toda a Directiva polo traballo que fixo e por deixar ao Clube no lugar que se merece. Un saúdo.

Andrés Dell. 

***

Son tantas as felicitacións que hai que repartir que de certo quedarei curta:
Ao Milladoiro, porque acolle con altura de miras e sen complexos todas as propostas que se lle fan. 
Ao deporte galego, próximo e solidario sempre que se lle pide. 
Á directiva de Millaraio, por asumir desde a absoluta inexperiencia un enorme traballo do que agora podemos presumir pola súa eficacia e xenerosidade. Aos pais e nais que doaron o seu prezado tempo con ilusión e a todos os cativos e cativas que fan grande este club.
E a Xoán Paulo, motor da idea, atleta exemplar e dinamizador incansable do noso proxecto.
Parabéns a tod@s!

Susana Mayo Redondo 

***

Hola: 
Son Natalia, a nai de Alex e Lucía Bertussi, supoño que xa sabedes que morreu Juan Bernal, o señor maior de máis de 90 anos. 
Volvendo a cambiar de tema, felicidades por como organizáchedes a carreira este Domingo. 
Saúdos.

No hay comentarios: