Cando Pedro Nimo enviou o correo de felicitación pola carreira de Haití manifestaba "adoro os pequerrechos e gústame velos lonxe dos malos costumes do botellón e outros. Estades a facer un gran traballo polos vosos fillos". Como socios/as de MillaRaio e como pais e nais que somos o tema das drogas preocúpanos, aínda que os nosos nenos e nenas sexan pequenos.
A FAD (Fundación de Ayuda contra la Drogadicción) considera o deporte un xeito idóneo de loitar contra as drogas porque:
1. É de fácil acceso e unha actividade compartida, que une e equilibra a cooperación e a competencia.
2. É unha actividade orientada ao disfrute tanto individual (máis común na nosa sociedade) como colectivo (menos presente na oferta social).
3. Pon en funcionamento as esferas física, psicológica e social que compoñen o universo persoal.
4. Ten alta aceptación social e permite o contacto interxeracional (sobre todo nas fases de aprendizaxe).
5. É unha das poucas accións colectivas que sobreviven á tendencia individualizadora dos últimos tempos.
Por estes motivos a FAD creou o Club del Buen Deportista. Unha iniciativa, que se desenvolve en centros educativos, para loitar contra as drogas fomentando a actividade deportiva como fonte de aprendizaxe de valores positivos e fórmulas óptimas de ocupación do tempo libre.
Deixamos tamén o enlace ao artigo "Drogas. El deporte las aleja" publicado o pasado verán na revista Consejos de tu farmacéutico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario