Algo máis de 1.500 euros foi a cantidade recadada na I Carreira/Andaina Solidaria de Axuda a Haití que se celebrou hoxe, 14 de marzo, no Milladoiro. Ao finalizar o evento os cartos foron entregados a Manos Unidas que os destinará a algún dos proxectos de reconstrucción que a ONG está a desenvolver actualmente no país haitiano.
A carreira foi un éxito de participación e organización, malia ser o primeiro evento destas características que MillaRaio organizaba. O club contou coa colaboración do Concello de Ames e da Delegación de Santiago da FGA, sen a súa axuda non sería posible este logro así que o éxito é tamén deles.
A participación de atletas foi moi elevada en todas as categorías. Na categoría prebenxamín foi necesario desdobrar a carreira en dúas, nenas e nenos por separado, debido ao gran número de inscritos. A andaina tamén tivo boa acollida entre o público. Nela participaron Carlos Fernández, alcalde de Ames; Francisco Villaverde, concelleiro de cultura, deportes e patrimonio histórico; Gustavo Nieto, concelleiro de infraestructuras e obras, servizos básicos, parques e xardíns; representantes do PP e do BNG do Concello de Ames; Marcos Monteagudo, presidente de AEMI; Pedro Nimo del Oro, atleta de élite e padriño da carreira; así como moitas persoas do concello e arredores que se sumaron deste xeito ao acto de solidariedade con Haití.
O evento estivo presentado polo xornalista da RTVG Pedro Pablo Alonso e contou coa cobertura informativa da TVG que emitirá un resumo no programa Revista fin de semana.
3 comentarios:
Son tantas as felicitacións que hai que repartir que de certo quedarei curta:
Ao Milladoiro, porque acolle con altura de miras e sen complexos todas as propostas que se lle fan.
Ao deporte galego, próximo e solidario sempre que se lle pide.
Á directiva de Millaraio, por asumir desde a absoluta inexperiencia un enorme traballo do que agora podemos presumir pola súa eficacia e xenerosidade. Aos pais e nais que doaron o seu prezado tempo con ilusión e a todos os cativos e cativas que fan grande este club.
E a Xoán Paulo, motor da idea, atleta exemplar e dinamizador incansable do noso proxecto.
Parabéns a tod@s!
Susana Mayo Redondo
FELICITACIONES por el GRAN EVENTO que vuestra asociacion ha ofrecido a la FAMILIA de Milladoiro y de AMES!
Alex Righi y Nieves
Director y Editor Ames@diario
Como secretario do Club Atletismo MillaRaio, dar as grazas a vosoutros pola cobertura tan maravillosa que habedes feito de dito evento , para o noso Club tan modesto, é un gran orgullo que xente como vós nos apoien de esa maneira.
Moitas grazas dende a Xunta Directiva de MillaRaio.
Xosé Luis Ramos
Publicar un comentario