O adestrador é unha figura clave no deporte infantil, o seu papel pode asegurar unha boa iniciación deportiva e reducir o número de abandonos. Deben favorecer o desenvolvemento das destrezas deportivas, a autoconfianza, a motivacion e a diversión.
Recomendacións para que os adestradores consigan un clima deportivo satisfactorio e axeitado para a práctica deportiva:
Ensinar destrezas deportivas. É importante mellorar a condición física e técnica, sen separar o aprendizaxe do xogo e do adestramento. En deportes de grupo non excluír a ningún xogador e realizar cambios para que todos poidan aportar o seu grao de area na competición.
Realizar actividades deportivas curtas, variadas e sinxelas, ao alcance dos deportistas. As experiencias de éxito fortalecen a confianza pero si esiximos máis das posibilidades de cada un, a experiencia de fracaso pode debilitar a confianza do deportista e levalo ao abandono. Adaptarse ás diferencias individuais e crear un ambiente de traballo agradable.
Dar instruccións claras, concisas e positivas. O adestrador actúa como modelo, realizando demostracións e adaptando a linguaxe ao nivel de compresión dos deportistas.
Recompensar acertos de xeito inmediato. Coa recompensa aprenderán novas condutas desexables e manterán outras que xa teñen. Apreciar e valorar os esforzos para conseguir os obxectivos propostos.
Recompensar habilidades emocionais e sociais. Apreciar valores como a cooperación, a responsabilidade...; promover sempre o xogo limpo y non perder o control coas decisións arbitrais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario