sábado, 30 de enero de 2010

5 de febreiro xunta xeral de socios/as

O próximo 5 de febreiro os socios/as de MillaRaio celebramos unha xunta xeral no salón de actos da Casa de Cultura de Milladoiro ás 21.00 h.

Juan Pablo Fernández presentará aos pais e nais do Club o proxecto deportivo que vai desenvolver cos nosos fillos/as nos próximos meses. Trataranse tamén aspectos económicos do Club e recordaranse as normas de réximen interno. Finalmente a Dirección de MillaRaio presentará o proxecto dunha carreira benéfica a favor de Haití.

miércoles, 27 de enero de 2010

Competir para superarse e competir para ganar

Texto de Juan Pablo Fernández
Director deportivo de MillaRaio 

Dando continuidade aos temas que tratamos na charla do 15 de xaneiro, e aproveitando que xera puntos de vistas diferentes e é motivo de discusión presente no ámbito do deporte infantil, falarei da COMPETICIÓN.

A competición existe en todos os ámbitos da vida e saber convivir e interactuar con ela é moi importante para grandes e pequenos. No deporte a competición gana aínda máis protagonismo por ser unha das razóns que leva ao adestramento na busca dunha mellora en determinada proba ou tarefa. Esa competición e busca da mellora pode ser feita de diferentes xeitos, dependendo dos obxectivos e tamén do punto de comparación.

O primeiro nivel de competición é o que enfronta a un consigo mesmo, buscando mellorar a execución dunha tarefa ou obxectivo de xeito individual. Este tipo de competición non ten porque gardar relación cun deporte específico, pode ser o simple reto de ir camiñar tres veces á semana para alguén que non fai actividade física algunha. Outros exemplos serían facer dez flexións de brazos seguidas, correr a carreira pedestre de Santiago enteira sen parar, ou aprender a camiñar coas máns facendo o pino... É unha competición que depende da meta que queira un acadar. Depende dun mesmo, do seu empeño e dedicación, sempre que os obxectivos propostos sexan realistas.

Noutro nivel está a competición en relación aos demais, onde a comparación dun resultado ou execución dunha tarefa se fai en relación aos resultados doutros. Este tipo de competición situa o éxito no feito de superar ou ganar aos demais. É o exemplo claro dos deportes federados, principalmente dos colectivos, onde aínda que un xogador faga o seu mellor partido e sexa o mellor do mundo no seu cometido o equipo pode perder. No atletismo, un deporte individual, esto tamén pode pasar. Quedar 1º, 5º ou 50º depende moito de si compito cos meus veciños, cos colegas do traballo ou no campionato mundial!

O perigo está en orientar o deporte infantil na busca do resultado da competición, para ganar aos demais. Especialmente se o facemos cos máis pequenos. Os nenos/as non están no deporte polo resultado competitivo, senón pola diversión, as amizades e o desafío de aprender cousas novas e superarse a sí mesmos (que segue sendo competición). Rapaces e adultos, cando nos dispoñemos a facer algo, queremos facer o mellor e progresar.

No deporte infantil as expectativas e obxectivos están marcados polos adultos, moitas veces sen ter en conta as características e necesidades dos nenos/as. En ocasións a esixencia, cantidade e frecuencia das competicións van en contra do desenvolvemento físico e psicolóxico adecuado para os nenos/as.

Pais e profesionais do deporte debemos utilizar a competición acertadamente, como un medio máis na motivación e desenvolvemento dos nenos/as. A competición non debe ser o fin específico para o que se preparan.

Rematar deixando claro que non estou en contra da competición en idade escolar. Creo que é necesario competir e que os pequenos/as teñan ganas de mellorar, xa que é unha das contribucións do deporte para a súa vida adulta. Pero os nenos/as non son maiores en versión bolsillo, teñen demandas específicas, e non se valen por si mesmos para decidir o que é mellor para eles. Correspóndenos aos adultos orientalos correctamente na competición. ISO DEPENDE DE NÓS!

No próximo texto farei propostas de actitudes prácticas en relación coas competicións, de cara a que os nenos/as se preparen da mellor forma para seren grandes deportistas.

martes, 26 de enero de 2010

Clasificacións das carreiras de Moaña e Rábade



En Moaña, na categoría de chupetes, correron Sunny Seijas Portas (4º), Iago Ramos López (6º), Brais Budiño e Mario López que chegaron pola metade da clasificación.

Na categoría alevín feminino Alba López Portabales chegou en 9ª posición e Hugo Rodríguez Abel, en alevín masculino, acadou o posto 12.

Destacar a boa organización da carreira de Moaña, malia un lixeiro retraso debido ao gran número de corredores anotados, sobre todo na categoría de chupetes que contaba con máis de 150 nenos e nenas inscritos.

En Rábade, na categoría A, participou Fátima Dell Blanco que chegou á meta na 10ª posición.

Juan Pablo Fernández correu co club no que milita como atleta profesional, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, acadando o 4º posto na categoría absoluta masculina.

Parabéns aos atletas polos bos resultados acadados e grazas, unha vez máis, a todos/as pola súa participación.

lunes, 25 de enero de 2010

6 de febreiro carreira en Salcedo (Pontevedra)

A II Carrera Popular San Blas celebrarase o 6 de febreiro, sábado, a partir das 16:00 h no campo de festas de San Blas (Salcedo).

Categorías, horario e percorrido:
Pitufos/0 a 4 anos/16.00 h/100 metros
A-B/5-8 anos/16.10 h /400 metros
C-D/9 a 12 anos/16.20 h/600 metros
E-F/13 a 14 anos/16,30 h/1.300 metros (1volta)
G-H/15-17 anos/16.45 h/2.600 metros (2 voltas)
K-L /maiores de 35 anos/17.10 h/4.000 metros (3 voltas)
I-J/18 a 34 anos/17.50 h/5.300 metros (4 voltas)

Categorías homes (A-C-E-G-I-K)
Categorías mulleres (B-D-F-H-J-L)

Premios: camisetas aos 200 primeiros inscritos, trofeos e medallas. Ao finalizar a carreira sortearase un lote de lacóns entre todos os participantes. Haberá chocolatada, roscón e bebidas.

domingo, 24 de enero de 2010

A.E.M.I novo patrocinador de MillaRaio



A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (A.E.M.I) súmase á lista de patrocinadores de MillaRaio coa doazón de 40 cortaventos, valorados en máis de 500 euros, para os nosos/as atletas.

A Dirección do Club traballa todo o ano na busca de novos patrocinadores, co fin de poder ampliar o equipamento dos nenos/as de MillaRaio. Á lista inicial de patrocinadores do Club: Viajes Canoa, O Curruncho Deportivo e Clínica Dental Macía engadimos agora A.E.M.I.

Grazas a todos eles por facer posible que os atletas de MillaRaio dispoñan do equipamento necesario para facer deporte: chandal, camisetas e, a partir de agora, tamén chuvasqueiros.

Deixamos o enlace á páxina de A.E.M.I

viernes, 22 de enero de 2010

A entrevista de Juan Pablo Fernández

A semana pasada Radio Ames entrevistou a Juan Pablo Fernández Rodrigues, director deportivo do MillaRaio e atleta profesional, con motivo da charla informativa que ofreceu na Casa de Cultura do Milladoiro. O currículum de Juan Pablo está a vosa disposición neste mesmo blog.

Para os/as interesados/as deixamos o enlace ao arquivo sonoro da entrevista.


miércoles, 20 de enero de 2010

Dereito a equivocarse e rectificar, tamén no deporte

Como persoas e como pais e nais todos/as nos equivocamos ás veces nos nosos comportamentos, palabras ou actitudes. Procuramos facelo o mellor que sabemos pero se nos equivocamos temos a capacidade de aprender, rectificar e mesmo pedir perdón. Desculparse e recoñecer erros pasados cos nosos fillos/as ou compañeiros/as non resta autoridade e fainos gañar en respecto.

Un ano despois de comenzar a nosa andadura no MillaRaio temos máis información e experiencia. Sabemos que o deporte é fantástico para a saúde dos nosos pequenos/as pero tamén para o seu desenvolvemento como persoas e que a través del fomentamos valores e educamos. Tamén sabemos que os fillos/as aprenden principalmente observando aos pais e nais, os actos teñen máis importancia que as palabras porque eles observan máis que escoitan.  Juan Pablo díxonos que os adultos non temos a mesma idea de competir que os pequenos/as, eles esquencen rápidamente as clasificacións e os pais/nais  debemos restarlles importancia.

Gustaríanos coñecer si como pai/nai que asistes ás carreiras populares a túa actitude ou comportamento cambiou neste último ano. Si queremos restar importancia aos resultados competitivos, debemos reclamar trofeos cando hai erros de organización? De que xeito se deben reclamar diante dos nenos/as? Que enseñamos aos fillos/as reclamando trofeos nas carreiras? Repetindo a fórmula da enquisa sobre as clasificacións propoñemos outra que agardo teña o mesmo interés e participación.

Deixovos o enlace “nunca es tarde para rectificar” que garda relación con este tema. Podedes miralo e enviarnos os comentarios que estimedes oportunos.

martes, 19 de enero de 2010

Juan Pablo Fernández "no deporte base todos son diamantes"


A charla informativa sobre o deporte base, que Juan Pablo Fernández Rodrigues impartiu o pasado venres, comenzou coa definición do talento deportivo. O adestrador chega a conclusión de que no deporte base non se debe excluír a ningún neno/a, xa que "todos son diamantes", todos poden ter talentos deportivos.

Outras ideas que Juan Pablo tratou na charla foron a modo de resumo:
O lugar máis axeitado para detectar talentos deportivos é a escola porque é o sitio polo que pasan todos. De feito nos países comunistas todos os nenos/as pasan a criba para detectar posibles talentos deportivos.

Pais e nais debemos acompañar aos fillos/as na súa formación deportiva. Apoiando e incentivando a participación, sen darlle ningunha importancia aos resultados competitivos.

Non se debe facer unha especialización temperá no deporte base. A especialización debería comenzar a partir da pubertade. O máis importante é a variedade de movementos e a toma de contacto con diferentes situacións deportivas. 

A maioría de nenos/as e mozos/as que practican deporte din facelo porque é divertido e por pasalo ben. Seguido polo feito de facer amigos e o compañeirismo. Nos derradeiros lugares establecen a saúde, aprender a respectar as normas ou a competitividade. Os resultados da enquisa, feita pola Universidade de Santiago de Compostela, neste enlace.

Publicaremos artigos de Juan Pablo nos que se desenvolverán estes temas.

domingo, 17 de enero de 2010

Educación deportiva de calidade

En breve publicaremos un artigo resumo cos aspectos máis importantes que se trataron na charla informativa que Juan Pablo Fernández ofreceu o pasado venres a pais, nais e todos os interesados no deporte infantil que asistiron. Neste post, como nai que estivo na charla, vou dar a miña visión particular do asunto.

O principal referente para os nenos/as é a familia, os pais e nais principalmente. A moita distancia están como modelos de referencia os amigos e compañeiros do cole, profesores, adestradores deportivos, medios de comunicación...

Pais e nais debemos acompañar e orientar aos nosos fillos/as en todos os ámbitos da súa vida, tamén no deportivo. Educalos con hábitos de vida saudable, correcta alimentación e a práctica regular de exercicio físico. Isto é de importancia vital nunha sociedade cada vez máis sedentaria, na que un 20% dos nenos teñen sobrepeso.

Como pais e nais preocupámonos en buscar o mellor colexio, a mellor academia de idiomas, lecturas apropiadas e de calidade, actividades extraescolares variadas… Todo o que favoreza o desenvolvemento persoal pleno dos nosos nenos e nenas, que son o máis valioso que temos.

O seu desenvolvemento deportivo forma parte dese desenvolvemento persoal. A nosa responsabilidade de pais e nais no deporte non remata cando o neno/a queda inscrito nun club ou actividade deportiva. Nese intre comenza outra responsabilidade aínda maior, a de velar para que os nosos fillos/as reciban unha educación deportiva de alta calidade. 

O currículum de Juan Pablo díxome que era un adestrador con títulos académicos e experiencia. Intuía que o meu fillo estaba en boas máns, desde o venres a intuición pasou a ser confirmación.

viernes, 15 de enero de 2010

A ilusión por correr de Julián Bernal



Julián Bernal non ten relación algunha, que eu saiba, con MillaRaio. Aínda que, por idade, podería ser o bisavó de calquera dos nosos pequenos/as.

Falo de Julián porque resulta emocionante ver como, a pasada fin de semana, intentaba na Coruña batir o récord do mundo da distancia para maiores de 90 anos. O record está en 9 minutos, 42 segundos e 49 centésimas. Julián empezou ben pero finalmente empregou 10 minutos, 14 segundos. Parece que o 20 de febreiro en Zaragoza volverá a intentalo, con 91 anos recén cumpridos.

Para mín o importante non é se o logra ou non, aínda que me alegraría por él se o lograse. O importante é a súa ilusión por intentalo e por correr, a paixón polo atletismo co que disfruta como un neno en cada carreira e o afán de superación persoal.

Para os nosos nenos e nenas atletas gustaríame esa mesma ilusión por correr e polo deporte e que non abandoasen a práctica deportiva ao longo da súa vida... Como di Julián “Mientras pueda seguiré corriendo, aunque tenga 100 años”.

Nunha entrevista feita polo Correo Gallego en febreiro de 2009, cando cumpriu os 90 anos, revela que comenzou a correr en 1997, ¡aos 78 anos!. Julián demostra que nunca é tarde para empezar. Tampouco para os papás e mamás de MillaRaio. Alguén se anima...?

Radio Ames entrevista a Juan Pablo Fernández

Hoxe de 12:00 h a 13:00 h emitirase en Radio Ames a entrevista do adestrador de MillaRaio, Juan Pablo Fernández, con motivo da charla informativa que dará esta tarde a partir das 8 na Casa de Cultura de Milladoiro.
O dial de Radio Ames é 107,2 Mhz en FM. 


¡Por fín chegou o día! Temos unha cita ás 8.
Máis información na páxina do Concello de Ames.

martes, 12 de enero de 2010

Próximas carreiras en Moaña, Rábade e Boborás



IX Carreira Pedestre Concello de Moaña
O sábado, 23 de xaneiro, ás 16:30 h. na alameda situada diante do Concello de Moaña.
Distancia: de 200 a 6.000 m.
Inscrición ata o mércores 20 de xaneiro. A inscrición para a carreira escolar será gratuíta.

Establécense as seguintes categorías e distancias:
CHUPETES (2003 e posteriores)/16:30/200 metros.
CADETE (95/96), INFANTIL (97/98), ALEVÍN (99/00), BENXAMÍN (01/02) /17:00/1.500 metros.
PROMESA (88/89/90), JUNIOR (91/92), XUVENIL (93/94), SENIOR (87 e anteriores, ata veterán), VETERÁNS (desde o día que cumpran 35 anos)//17:30/6.000 metros.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo. Máis información

VII Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade
O domingo, 24 de xaneiro, ás 11:30 h no Campo de la Feria de Rábade
Distancia: de 500 a 5.000 m

As categorías son as que seguen:
CARREIRAS DE NENOS/AS
Categoría A: 2005-2004-2003-2002. Primeira carreira: 500 metros
Categoría B: 98-99-2001-2000. Segunda carreira: 1.000 metros
Categoría C: 94-95-96-97. Terceira carreira: 2.000 metros
HOMES/MULLERES
D: nados entre 1975/1993
E: nados entre 1965/1974
F: nados no 1964 e anteriores

Premios para as carreiras de nenos/as:
VALE de 100 € para el primeiro/a de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo).
Trofeo aos tres primeiro/as clasificados/as de cada categoría.
Regalo para todos os participantes. Máis información

X Cross Popular do Concello de Boborás (Ourense)
O domingo, 24 de xaneiro. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:
Categoría 1 ás 11:00 h
Categoría 2 e 3 ás 11:15 h
Categoría 4 e 5 ás 11:30 h

A inscrición terá un importe de 3 euros para as categorías 4 e 5, ou de 2 euros para as categorías 1, 2 e 3. A data límite de inscrición será o 22 de xaneiro ás 15:00 h.

Todos os participantes recibirán unha camiseta e nas categorías 1 e 2 recibirán tamén unha medalla.
Ao remate da proba, tamén no pavillón municipal, haberá bocadillos, froita, chocolate e bebidas para todos os participantes.

jueves, 7 de enero de 2010

15 de xaneiro charla informativa de Juan Pablo



O próximo venres, 15 de xaneiro, Juan Pablo Fernández Rodrigues dará unha charla informativa, ás oito da tarde, no Salón de actos da Casa da Cultura de Milladoiro.

O título da charla é "Deporte infantil para pais e nais: como orientar aos “meus pequenos” para a práctica dunha actividade física saúdable cara ao éxito deportivo". 

A charla está dirixida a: 
Pais con fillos menores de 14 anos interesados en coñecer formas de conducir as actividades deportivas dos seus fillos de xeito óptimo.
Profesionais involucrados no traballo co deporte escolar e a formación de atletas.
Directivos e responsables de clubes e asociacións deportivas que traballen co deporte de base.

Os temas que Juan Pablo tratará na charla son:
O deporte infantil. 
Tipos de deporte e actividades deportivas máis indicadas para cada idade. 
Adestramento a longo prazo e as súas etapas. 
Accións concretas para favorecer o desenvolvemento deportivo dos nenos e mozos.

A charla está organizada polo Club MillaRaio coa colaboración do Concello de Ames. Sen dúbida unha cita ineludible, non só para os socios de MillaRaio, tamén para pais e nais con fillos de corta idade e persoas vencelladas dalgún xeito ao mundo deportivo infantil.

Grazas a Juan Pablo pola súa profesionalidade e a xenerosidade de ofrecernos esta interesantísima charla informativa.

O próximo sábado comenzan os adestramentos

Este sábado, 9 de xaneiro, comenzan de novo os adestramentos dos atletas de MillaRaio. Vémonos o sábado á hora de sempre.

martes, 5 de enero de 2010

Participaches nalgunha San Silvestre?

Se participaches ou estiveches nalgunha das moitas San Silvestre do ano que rematou estaría ben que nos contases a túa experiencia na carreira máis divertida do ano. Corriches en grupo ou disfrazado? Cómo era o ambiente na carreira? Pensas repetir o próximo ano? Recomendas aos que non correron que o fagan?

O enlace de picasa para ver as fotos que o club Alejandro Gómez New Balance colgou da San Silvestre de Vigo que congregou a 900 atletas e reuniu máis de 3.000 kilos de comida non perecedera con motivos humanitarios. O ambiente parece realmente divertido e recomendable...

Parabéns a Leo que correu na San Silvestre de Santiago e chegou primeiro na súa categoría.

Que pasedes unha boa noite de Reis. Non esquenzades deixar as zapatillas e a ver que cae...

lunes, 4 de enero de 2010

10 de xaneiro: III 10 Qms. de Xinzo de Limia

As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas e faranse por e-mail: limiactiva@gmail.com ou fax: 988 55 01 12, ata as 20:00 h do 7 de xaneiro. 

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 20:00 h do 7 de xaneiro. Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de cuota de inscrición.

A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia. Entrega dos dorsais ata 30 minutos antes de cada proba.

Categorías, horario e percorrido: 
A Benxamín / masculino e feminino/nados no 2001 e 2002/11:00 h/ 2.300 m
B Alevín / masculino e feminino/nados no 1999 e 2000/11:00 h/ 2.300 m
C Infantil / masculino e feminino/nados no 1997 e 1998/11:00 h/ 2.300 m
D Cadete / masculino e feminino/nados no 1995 e 1996/11:00 h/ 2.300 m
N Pitufos / nados no 2003 e posteriores /12:45 h /350 m
As categorías da carreira absoluta farán a saída ás 11:30 h cun percorrido de 10.000 m homologados.

Para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete haberá trofeo para o primeiro clasificado e medalla para o 2º e 3º de cada categoría.
Sorteo de agasallos entre tódolos participantes. Chocolate quente e aperitivo ó rematala proba.

Máis información ou no 665 936 887

domingo, 3 de enero de 2010

Beneficios do deporte nos nenos

Unha educación física de alta calidade é o mellor medio para transmitir aos nenos habilidades, valores e coñecementos necesarios para practicar deporte ao longo da súa vida. Contribúe ao benestar físico e mental, mellora as relacións persoais e as habilidades motoras e cognitivas.

Principais beneficios que aporta o exercicio físico:

Mellora a saúde, a axilidade e o benestar corporal. Axuda a desarrollar músculos, osos e habilidades psicomotoras dos nenos ao tempo que proporciona melloras cardiovasculares.

Axuda a regular o peso corporal e evita a obesidade, acompañado dunha dieta equilibrada, tanto en nenos como en adultos (o 80% dos adultos obesos foron nenos obesos).

Axuda aos nenos a familiarizarse co seu corpo e a respectalo, despertándolles o interés por cuidar da súa saúde. Comprenden a importancia do exercicio físico para previr algunhas enfermidades.

Favorece o desenvolvemento de habilidades sociais, a colaboración e o espíritu de compañeirismo, xa que os nenos deben aprender a gañar e a perder con respecto polos demáis.

A actividade física ten efectos positivos contra medos e depresións. Fortalece a autoestima, o respecto por un mesmo e polos demáis e reduce a tendencia a desenvolver comportamentos perigosos.

Fomenta a capacidade de concentración e a actitude participativa.

Permite tomar responsabilidades, cumprir regras e normas e mellorar o rendemento escolar.

Axuda a desenvolver o pensamento abstracto con nocións como velocidade, distancia, profundidade, forza, forza de impulso, xogo limpo.

O artigo completo, da doutora Nieves Palacios e a enfermeira diplomada en Medicina do Deporte Pilar Antón, podes atopalo en saludalia.