Como persoas e como pais e nais todos/as nos equivocamos ás veces nos nosos comportamentos, palabras ou actitudes. Procuramos facelo o mellor que sabemos pero se nos equivocamos temos a capacidade de aprender, rectificar e mesmo pedir perdón. Desculparse e recoñecer erros pasados cos nosos fillos/as ou compañeiros/as non resta autoridade e fainos gañar en respecto.
Un ano despois de comenzar a nosa andadura no MillaRaio temos máis información e experiencia. Sabemos que o deporte é fantástico para a saúde dos nosos pequenos/as pero tamén para o seu desenvolvemento como persoas e que a través del fomentamos valores e educamos. Tamén sabemos que os fillos/as aprenden principalmente observando aos pais e nais, os actos teñen máis importancia que as palabras porque eles observan máis que escoitan. Juan Pablo díxonos que os adultos non temos a mesma idea de competir que os pequenos/as, eles esquencen rápidamente as clasificacións e os pais/nais debemos restarlles importancia.
Gustaríanos coñecer si como pai/nai que asistes ás carreiras populares a túa actitude ou comportamento cambiou neste último ano. Si queremos restar importancia aos resultados competitivos, debemos reclamar trofeos cando hai erros de organización? De que xeito se deben reclamar diante dos nenos/as? Que enseñamos aos fillos/as reclamando trofeos nas carreiras? Repetindo a fórmula da enquisa sobre as clasificacións propoñemos outra que agardo teña o mesmo interés e participación.
Deixovos o enlace “nunca es tarde para rectificar” que garda relación con este tema. Podedes miralo e enviarnos os comentarios que estimedes oportunos.
2 comentarios:
Buenas, para mi la charla fué estupenda y la verdad me ha ayudado algo , pero como mi filosofía de vida coincide en todo lo que ha despcrito el entrenador, no pude cambiar mucho la filosofía , eso si las formas de ver el deporte si .
Espero que le ayude a los demás para ver el atletismo como deporte.
Gracias.
Primeiro bos días a todos alegrome moito que a charla de Millaraio surxa efecto positivo na xente, mirade o exemplo de Hyppy
Publicar un comentario