lunes, 29 de marzo de 2010

Deporte para previr malos hábitos e drogas

Cando Pedro Nimo enviou o correo de felicitación pola carreira de Haití manifestaba "adoro os pequerrechos e gústame velos lonxe dos malos costumes do botellón e outros. Estades a facer un gran traballo polos vosos fillos". Como socios/as de MillaRaio e como pais e nais que somos o tema das drogas preocúpanos, aínda que os nosos nenos e nenas sexan pequenos. 

A FAD (Fundación de Ayuda contra la Drogadicción) considera o deporte un xeito idóneo de loitar contra as drogas porque: 
1. É de fácil acceso e unha actividade compartida, que une e equilibra a cooperación e a competencia. 
2. É unha actividade orientada ao disfrute tanto individual (máis común na nosa sociedade) como colectivo (menos presente na oferta social). 
3. Pon en funcionamento as esferas física, psicológica e social que compoñen o universo persoal. 
4. Ten alta aceptación social e permite o contacto interxeracional (sobre todo nas fases de aprendizaxe). 
5. É unha das poucas accións colectivas que sobreviven á tendencia individualizadora dos últimos tempos. 

Por estes motivos a FAD creou o Club del Buen Deportista. Unha iniciativa, que se desenvolve en centros educativos, para loitar contra as drogas fomentando a actividade deportiva como fonte de aprendizaxe de valores positivos e fórmulas óptimas de ocupación do tempo libre. 

Deixamos tamén o enlace ao artigo "Drogas. El deporte las aleja" publicado o pasado verán na revista Consejos de tu farmacéutico.

viernes, 26 de marzo de 2010

Clasificacións da carreira de As Pontes

Prebenxamín feminino: Lucía Bertussi Lorenzo (12) 
Benxamín masculino: Leonardo Giovanni Guazzone (2) 
Alevín masculino:
Alessandro Bertussi Lorenzo (8), Adrián Vispalia Moreno (12) 
Infantil feminino: Sara Vispalia Moreno (3)

Lamentamos esquencernos do noso director deportivo Juan Pablo Fernández, que na categoría senior masculina acadou o 2º posto. Discúlpanos Juan (xa se sabe que as presas nunca foron boas).

Parabéns a todos e todas.
Máis informacion

jueves, 25 de marzo de 2010

Próximas carreiras en Quiroga e Padrón

VI CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA
Venres, 2 de abril, ás 17:00 h en Quiroga (Lugo).
Inscrición ata o 31 de marzo.
Premios 
A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 19:00 horas. Trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría, tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais, e ó corredor de maior idade e o mais novo. Tódolos participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias. Os tres primeiros de cada categoría recibirán como obsequio botellas de viño da nosa comarca. 
Categorías, horarios e distancias 
Pitufo/ 2005 e posteriores/ 17:00 h/ 100 m. 
Prebenxamín/ 2003-2004/ 17:15 h/ 500 m. 
Benxamín/ 2001-2002/ 17:15 h/ 500 m. 
Alevín/ 1999-2000/ 17:20 h/ 1.000 m. 
Infantil/ 1997-1998/ 17:25h/ 2.000 m 
Cadete/ 1995-1996/ 17:25h/ 2.000 m. 
Proba absoluta/ 17.30 h/ 9.400 m. 
Máis información na web Popular de Quiroga 

XXXI CARREIRA POPULAR DE PASCOA CONCELLO DE PADRÓN 
Sábado, 3 de abril, a partir das 11:20 h. Saída e chegada na Praza de Macías. 
Inscrición ata o 31 de marzo. 
Celebraranse 3 probas con control de CHIP (incluídas as escolares, agás a 1ª proba de pitufos) con percorridos e horarios diferentes según as categorías: 
Pitufos/ 2006 e posteriores/ 11:20 h/ 100 m 
Prebenxamíns/ 2005-04-03/ 11:30 h/ 500 m 
Benxamíns/ 2002-01 / 11:30 h/ 500 m 
Alevíns/ 2000-99/ 11:40 h/ 2.000 m 
Infantís/ 1998-97/ 11:40 h/ 2.000 m 
Cadetes/ 1996-95/ 11:40 h/ 2.000 m 
Proba absoluta/ 12:00 h/ 13.300 m 
Resultados
En www.championchipnorte.com ou en www.correrengalicia.org. 
Recillida de dorsais e chips
No Pavillón Polideportivo Grupo Escolar (Pavillón Novo) a partir das 10:00 h. ata media hora antes do inicio de cada proba. 
Trofeos, premios e agasallos 
Medallas (escolares) e agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias. Trofeos aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo. Trofeo Participación (colexio/clube con mais corredores inscritos que finalizasen a proba), Trofeo Benxamín (corredor/a menor idade), Superveterán (corredor maior idade) e Superveterana (corredora maior idade). Sorteo de productos doados polas firmas colaboradoras ó finaliza-la entrega de premios. 

lunes, 22 de marzo de 2010

Video da carreira por Haití

Grazas a "milladoiro76" que deixou o enlace en Correr en Galicia para que todos e todas o disfrutemos.

domingo, 21 de marzo de 2010

Convocados os Premios do Deporte Galego 2009

O pasado 15 de marzo a Consellería de Presidencia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, convocou os Premios do Deporte Galego 2009. 

Os Premios serán concedidos nas seguintes categorías: 
1. Premio á mellor deportista feminina. 
2. Premio á mellor deportista feminina discapacitada. 
3. Premio ao mellor deportista masculino. 
4. Premio ao mellor deportista masculino discapacitado. 
5. Premio ao mellor equipo feminino. 
6. Premio ao mellor equipo masculino. 
7. Premio ao mellor equipo de deportistas discapacitadas ou discapacitados. 
8. Premio á mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base. 
9. Premio ao mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar. 
10. Premio ao/á mellor adestrador/adestradora. 
11. Premio ao/á mellor árbitro/a - xuíz/a. 
12. Premio ao mellor labor informativo. 
13. Premio ao mellor evento deportivo. 
14. Premio patrocinio deportivo. 
15. Premio revelación. 
16. Premio ao concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte. 

Poden presentar candidaturas as asociacións deportivas inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, os concellos de Galicia así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada e persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego. O prazo remata o 25 de marzo. Máis información no DOGA do 15 de marzo.

sábado, 20 de marzo de 2010

Felicitacións

Sabedores de que o éxito da I Carreira/Andaina de Axuda a Haití foi grazas ao esforzo e colaboración de todos, queremos compartir con vos as mensaxes de felicitación que chegaron, esta semán, ao correo electrónico de MillaRaio. Outras moitas persoas, entidades e patrocinadores do evento felicitáronnos en persoa ou de palabra. Aquí só podemos recoller as que chegaron por escrito. GRAZAS A TODOS.

***

Bos días.
Agredecémoslle o seu correo-e, onde fan alusión á colaboración deste concello na magnífica proba deportiva e sobretodo, mostra de solidaridade celebrada o pasado domingo no Milladoiro.
Somos nós, como concello, os que nos sentimos enormemente orgullosos de que haxa no noso termo municipal asociacións e clubes que sexan capaces, dende a precariedade de medios e dificultades nas que todos nos movemos, de levar a cabo iniciativas como estas co éxito que supuxo a todos os niveis.
Polo tanto transmitirlles o noso ánimo, a nosa felicitación e a nosa posta a disposición para manter a colaboración en actividades como éstas ou outras que organizen dende ese clube.
Un saúdo moi cordial.

Departamento de Atención Cidadá do Concello de Ames.

***

Grazas a vos Xosé Luis, a seguir traballando en pro do atletismo. 
Saúdos, 

Victor Sanmartín 
Delegado en Santiago da FGA

***

Hola Xosé, bos dias;
Non tedes nada que me agradecer, gústame colaborar con todas aquelas persoas que loitan polo meu deporte, en Juan Pablo tedes unha persoa preparada e que merece total confianza e apoio... dádello e veredes que os vosos nenos aprenden a disfrutar do atletismo.
Cando queirades, podemos organizar unha xornada de adestramento con eles, unha sorpresa especial ou o que queirades, adoro os pequerrechos e gústame velos lonxe dos malos costumes do botellón e outros. Estades a facer un gran traballo polos vosos fillos, ÁNIMO!!!.

Unha aperta e ata sempre;
Pedro Nimo del Oro


***

Como Empresa colaboradora, MillaSport, quiere extender una gran felicitación al club de atletismo Millaraio por su gran esfuerzo para realizar el evento "Andaina CARREIRA SOLIDARIA POR HAITÍ", el cual consideramos que fue un éxito total para la causa, agradeciendo asimismo a todos lo concursantes por su apoyo y participación en el mismo, dando fuerzas a los más necesitados y alentando a que en un futuro se puedan llevar a cabo más eventos de esta índole.

ATT.
Sergio Bujan Vázquez


***

Felicidades por vuestro éxito y generosidad. Contar nuevamente con nosotros para lo que necesitéis. Un saludo cordial

Dr. Fco. Javier Macía Arce 
CENTRO DENTAL MACIA 
(Disculpa la brevedad, te escribo desde mi iPhone) 


***

Desde Brasil, quedamos muy contentos en ver tantos niños corriendo y además por una causa tan nobre.
Que Dios bendiga a todos que participaron, en especial al clube Millaraio por la iniciativa.

Jaime Fernández

***

Estimado Xosé Luis: 
Escribo para felicitarvos pola boa organización da proba. Todo o mundo o comentou e eu tamén o vin. 
Saúdos, 

José Mª Vispalia, pai de Sara e Adrián 

***

Á at. de Francisco M. Buela Cruces 
Presidente do Clube de atletismo Milla Raio 

Desde o grupo municipal do BNG de Ames non queremos deixar pasar a ocasión para felicitar ao clube que vostede preside pola iniciativa da I Carreira Solidaria para recadar fondos en favor da reconstrucción de Haití. Do mesmo xeito, trasladámoslle os nósos parabéns polo éxito da convocatoria e animamos á asociación a seguir traballando para conseguir novos éxitos. 
Un saúdo 

Olalla Alvite del Río 
Concelleira do BNG de Ames 

***

Hoxe non me dirixo a vos para inscribir a Fátima nunha carreira, senón para felicitar a toda a Directiva polo traballo que fixo e por deixar ao Clube no lugar que se merece. Un saúdo.

Andrés Dell. 

***

Son tantas as felicitacións que hai que repartir que de certo quedarei curta:
Ao Milladoiro, porque acolle con altura de miras e sen complexos todas as propostas que se lle fan. 
Ao deporte galego, próximo e solidario sempre que se lle pide. 
Á directiva de Millaraio, por asumir desde a absoluta inexperiencia un enorme traballo do que agora podemos presumir pola súa eficacia e xenerosidade. Aos pais e nais que doaron o seu prezado tempo con ilusión e a todos os cativos e cativas que fan grande este club.
E a Xoán Paulo, motor da idea, atleta exemplar e dinamizador incansable do noso proxecto.
Parabéns a tod@s!

Susana Mayo Redondo 

***

Hola: 
Son Natalia, a nai de Alex e Lucía Bertussi, supoño que xa sabedes que morreu Juan Bernal, o señor maior de máis de 90 anos. 
Volvendo a cambiar de tema, felicidades por como organizáchedes a carreira este Domingo. 
Saúdos.

jueves, 18 de marzo de 2010

O sentir da Directiva de MillaRaio


Publicamos unha carta do tesoreiro de MillaRaio, escrita aos seus compañeiros da Directiva despois da carreira por Haití. O texto é de Alejandro Canal, pero representa ben como viviron os compoñentes da Directiva a xornada do pasado domingo e as horas posteriores.

Buenas noches compañeros: 

Cuando uno termina un evento como la carrera del domingo, se siente reconfortado, orgulloso, contento. Incluso en ese pequeño instante en que se produce una especie de "bajón" desea que todo vuelva a empezar para mejorar aquello que no salió tan bien como uno esperaba. Después en frío, sentado en casa, reflexiona y piensa "se acabó y ha salido todo bien, hemos hecho historia dentro del Club". Esta Directiva ha hecho historia, amigos míos. Hemos sido los primeros en organizar una carrera y eso ya nadie nos lo podrá quitar. A nivel Concello, e incluso fuera de sus fronteras, también tenemos ya un hueco, porque nuestro Club ha subido un escalón del que podemos mirar mejor. 

Está claro que lo que tenemos ahora no es fruto de la casualidad. Desde el principio hemos querido dar al Club una filosofía distinta. Hemos puesto trabajo, ideas y nos hemos resignado cuando no fuimos premiados como mejor Club del año por el Concello… Pero seguimos con HUMILDAD, como no cabía de otra manera, con el tesón de las hormigas, gota a gota, luchando día a día, dando nuestro trabajo y nuestro tiempo, "sintiendo" el Club y lo que este representa por encima de todo, buscando esa independencia que nos permitiese llevar a cabo todo lo que hasta ahora hemos conseguido. 

En estos días posteriores a la carrera veo a compañeros de la Junta Directiva que les ha dado "subidón". Incluso alguno que no estaba muy convencido lo veo súper contento, creyéndose que es posible ya todo lo que nos propongamos. Veo a otros, en cambio, que están de "bajón", no sé si por el estrés y cansancio acumulados. 

¡Que nadie se venga abajo! Sabemos que el trabajo ALTRUISTA no siempre tiene los reconocimientos que uno espera, pero cada uno debe saber que es muy válido y que los otros "compañeros de faena" saben el esfuerzo enorme que se ha hecho para llegar aquí. Nuestra actitud debe ser de más animo, más lucha, más trabajo, más humildad, más resignación, más tesón, más de todo. Esto está empezando y somos pequeñas hormigas que sólo colaboran a que MILLARAIO llegue a estar, dentro de unos años, entre los mejores Clubes Deportivos de Santiago y Comarca. Eso si es un reto, compañeros. 

Nuestra recompensa es la cara de todos esos niños que el domingo pasado se reían y lo pasaban pipa; y la de sus padres, que le pedían autógrafos a Pedro Nimo. Eso es lo que nos debe dar alegría. 

Gracias a todos por ser como sois y permitidme formar parte de este maravilloso proyecto. Nos vemos mañana para seguir trabajando y pensar nuevas cosas. 

Un saludo, Alejandro Canal 

martes, 16 de marzo de 2010

Ata sempre Julián


O atletismo galego está de loito polo pasamento, esta mañá en Ferrol, de Julián Bernal. 

As mensaxes de pésame sucédense en moitas páxinas da internet. MillaRaio súmase e dende aquí enviamos ao seu fillo Jesús e demáis familia o noso pésame. 

En xaneiro falamos de que era exemplo de ilusión por correr a seguir polos nosos pequenos atletas, e tamén por pais e nais entre os que me conto, xa que nunca é tarde para empezar. Hoxe, máis que nunca, reitero estas verbas. 

Aínda que a carreira por Haití do domingo era unha cita modesta, boteino en falta. De seguro me pasará noutras moitas populares ás que asista. Era emocionante velo correr. 

A derradeira carreira foi o 7 de marzo na Torre de Hércules, onde acadou, na súa categoría, o título de Campión de España campo a través. 


Máis información na Voz de Galicia, no artigo "Adios al abuelo del atletismo gallego" e na páxina da FGA. 

lunes, 15 de marzo de 2010

Premio ao club de maior participación


MillaRaio levou o diploma ao club de maior participación, non podía ser doutro xeito tratándose dos anfitrións e organizadores da Carreira Solidaria de Axuda a Haití. Un total de 29 atletas, de idades moi curtas, correron por esta nobre causa. Para MillaRaio a carreira non se limitou a ser un acto de solidariedade, foi máis alá e convertiuse nunha festa do deporte, para pequenos e grandes, en toda regra.

Aproveitamos a ocasión para dar as GRAZAS aos moitos CLUBES, de toda a xeografía galega, que nos apoiaron coa súa participación neste evento a favor de Haití: At. Bertamiráns; AAD Barbanza; EDM Negreira; At. Noia; At. Ordes; At. USC; At. SGP; Olímpico Vedra; At. Milladoiro; At. Sar; At. Fontes do Sar; At. Coruña Com.; At. ADAS; At. B. Oliveira; Triat. Bricosa; At. Alejandro Gómez; Tran-Tran; Noitebra F; Santa Uxía At; Judo C. Shiai; At. A Vila; C. Ciclista Padronés; At. Orotava; CD Egovarros; At. Sierra Narón; Omega 5. 

As clasificacións dos nosos atletas, pequenos en idade pero grandes en méritos:
Prebenxamín masculino: González Olveira, Hugo (2); De la Riva Paredes, Guillermo (7); Rivas Seijas, Antón (8); Ramos López, Iago (9); Budiño Cancelas, Brais (10); Márquez Tarrio, Brais (11); Piñón Álvarez, Miguel (12); Canal Piñón, Ephrem (13); Uzquiaga Escourido, Mario (14); Souto García, Pablo (17); Moar Rosero, Brais (19); López Lareo, Mario (20); Moar Segade, Xoel (27); Cascallar Mayo, Aldán (34). 
Prebenxamín feminino: Bertussi Lorenzo, Lucía (3); Dell Blanco, Fátima (5); Buela Enjo, Carla (11). 
Benxamín masculino: Guazzone Mariño, Leonardo (2); Ferro Vilas, Jaime (3); Nogueira González, Antón (4). 
Benxamín feminino: Cascallar Mayo, Xela (8). 
Alevín masculino: Rodríguez Abel, Hugo (1); Fuentes García, Iago (5); Vispalia Moreno, Adrián (7); Nogueira González, Pablo (10). 
Alevín feminino: López Portabales, Alba (2); Sánchez Pardo, Natalia (5). 
Infantil feminino: Sánchez Pardo, Cristina (2); Vispalia Moreno, Sara (3). 

GRAZAS AOS NOSOS FILLOS E FILLAS POLA SÚA ILUSIÓN, PARTICIPACIÓN E XENEROSIDADE.

domingo, 14 de marzo de 2010

Clasificacións da carreira por Haití

Xa temos as clasificacións que podedes descargar en pdf.

Grazas aos corredores populares

MillaRaio quere dar as grazas a todos os corredores populares que asistiron á carreira solidaria por Haití e que tamén fixeron posible este éxito. Estamos á espera de recibir un correo da FGA coas clasificacións que publicaremos en canto nos sexa posible.

No foro de Correr en Galicia vemos que estades contentos co ambiente da carreira e coa organización. As "reclamacións" sobre a dureza do percorrido ao director deportivo do club, Juan Pablo Fernández e ao Delegado de Santiago da FGA, Iván Sanmartín. ;-)

Máis de 1.500 euros recadados na carreira por Haití


Algo máis de 1.500 euros foi a cantidade recadada na I Carreira/Andaina Solidaria de Axuda a Haití que se celebrou hoxe, 14 de marzo, no Milladoiro. Ao finalizar o evento os cartos foron entregados a Manos Unidas que os destinará a algún dos proxectos de reconstrucción que a ONG está a desenvolver actualmente no país haitiano.

A carreira foi un éxito de participación e organización, malia ser o primeiro evento destas características que MillaRaio organizaba. O club contou coa colaboración do Concello de Ames e da Delegación de Santiago da FGA, sen a súa axuda non sería posible este logro así que o éxito é tamén deles.

A participación de atletas foi moi elevada en todas as categorías. Na categoría prebenxamín foi necesario desdobrar a carreira en dúas, nenas e nenos por separado, debido ao gran número de inscritos. A andaina tamén tivo boa acollida entre o público. Nela participaron Carlos Fernández, alcalde de Ames; Francisco Villaverde, concelleiro de cultura, deportes e patrimonio histórico; Gustavo Nieto, concelleiro de infraestructuras e obras, servizos básicos, parques e xardíns; representantes do PP e do BNG do Concello de Ames; Marcos Monteagudo, presidente de AEMI; Pedro Nimo del Oro, atleta de élite e padriño da carreira; así como moitas persoas do concello e arredores que se sumaron deste xeito ao acto de solidariedade con Haití.

O evento estivo presentado polo xornalista da RTVG Pedro Pablo Alonso e contou coa cobertura informativa da TVG que emitirá un resumo no programa Revista fin de semana.

sábado, 13 de marzo de 2010

Preto de 450 inscritos na carreira solidaria por Haití


Chegou o día da carreira/andaina solidaria de axuda a Haití. Despois de case dous meses de preparativos todo está listo. O éxito de participación está asegurado xa que hai unha lista provisional de 421 corredores inscritos, sen contar os que participarán na andaina e que se poden apuntar mañá "in situ" no intre de comezar este acto de solidariedade co pobo haitiano. 

Segundo MeteoGalicia, como podedes ver no mapa, o tempo acompañará con ceos pouco anubrados ou despexados e temperaturas máximas en lixeiro ascenso que farán que a sensación térmica sexa agradable a partir do mediodía. Dase a ver que os ovos que Antonio López "Tucho" levou a Santa Clara funcionan. 

Dar as grazas novamente ao Concello de Ames polo apoio loxístico para a carreira e á Delegación de Santiago da FGA, máis concretamente ao delegado Iván Sanmartín, aos 10 xuíces que mañá traballarán altruístamente e ao secretario Pedro Sánchez del Rio, que onte, ben entrada a noite, continuaba inscribindo aos corredores interesados de última hora. 

Grazas tamén a Pedro Nimo que nos apadriña e cede unha prenda para o sorteo de mañá e aos colaboradores e patrocinadores que fan posible o avituallamento dos participantes e o sorteo de agasallos que haberá cando finalice a proba. Só fallou a Xunta de Galicia coa doazón, ata o momento, dun "material deportivo..." que non é tal. 

A Directiva de MillaRaio tamén traballou para facer a carreira posible e moitos/as socios/as mañá poñeremos o noso grao de area neste proxecto. En MillaRaio dúas persoas soportaron a maior carga de traballo e fixeron un gran esforzo que é xusto recoñecer, o secretario do club, Xosé Luis Ramos e o director deportivo e adestrador Juan Pablo Fernández

Despois de tanto traballo mañá temos unha cita ineludible.
HAITÍ AGARDA.

viernes, 12 de marzo de 2010

19 de marzo carreira en As Pontes

A XX Carreira Pedestre San Xosé-As Pontes, organizada polo Club Atletismo Olympo de As Pontes e patrocinada polo Concello de As Pontes, celebrarase o venres 19 de marzo. 

A saída darase no Circuito da Fraga, xunto ao Pavillón Municipal, ás 11:00 h. A proba absoluta disputarase ao mesmo tempo que as probas escolares. 

O prazo de inscrición remata o mércores 17 de marzo, ás 13:00 horas. Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados/as por cada categoría e un agasallo a todos os participantes na chegada. 

Categorías e percorridos
PREBENXAMÍN (M. e F.): anos 03-04 / 335 m / 1 volta /Circuito A 
BENXAMÍN (M. e F.): anos 01-02 / 550 m / 1 volta / Circuito B 
ALEVÍN (F.): anos 99-00 / 965 m / 1 volta / Circuito C 
ALEVÍN (M.): anos 99-00 / 1.300 m / 1 volta / Circuito A + C 
INFANTIL (F.): anos 97-98 / 1.300 m / 1 volta / Circuito A + C 
INFANTIL (M.): anos 97-98 / 1.515 m / 1 volta / Circuito B + C 
CADETE (F.): anos 95-96 / 1.515 m / 1 volta / Circuito B + C 
CADETE (M.): anos 95-96 / 1.930 m / 2 voltas / Circuito C 

martes, 9 de marzo de 2010

Importancia do adestrador no deporte base

O adestrador é unha figura clave no deporte infantil, o seu papel pode asegurar unha boa iniciación deportiva e reducir o número de abandonos. Deben favorecer o desenvolvemento das destrezas deportivas, a autoconfianza, a motivacion e a diversión. 

Recomendacións para que os adestradores consigan un clima deportivo satisfactorio e axeitado para a práctica deportiva: 

Ensinar destrezas deportivas. É importante mellorar a condición física e técnica, sen separar o aprendizaxe do xogo e do adestramento. En deportes de grupo non excluír a ningún xogador e realizar cambios para que todos poidan aportar o seu grao de area na competición. 

Realizar actividades deportivas curtas, variadas e sinxelas, ao alcance dos deportistas. As experiencias de éxito fortalecen a confianza pero si esiximos máis das posibilidades de cada un, a experiencia de fracaso pode debilitar a confianza do deportista e levalo ao abandono. Adaptarse ás diferencias individuais e crear un ambiente de traballo agradable. 

Dar instruccións claras, concisas e positivas. O adestrador actúa como modelo, realizando demostracións e adaptando a linguaxe ao nivel de compresión dos deportistas. 

Recompensar acertos de xeito inmediato. Coa recompensa aprenderán novas condutas desexables e manterán outras que xa teñen. Apreciar e valorar os esforzos para conseguir os obxectivos propostos. 

Recompensar habilidades emocionais e sociais. Apreciar valores como a cooperación, a responsabilidade...; promover sempre o xogo limpo y non perder o control coas decisións arbitrais. 

Este texto é o resumo dun artigo escrito por Graciela Lois Rio e Eva M. García Quinteiro e publicado na web de Epside (Psicólogos do deporte en Galicia). O artigo completo: I parte e II parte.

domingo, 7 de marzo de 2010

Clasificacións da carreira de Padrón

O sábado, 6 de marzo, celebrouse a VIII Carreira Popular Concello de Padrón. A organización, un ano máis, resultou un éxito e a participación foi bastante alta. Atletas galegos destacados como Iván Raña, Iván Iglesias ou Alejandro Gómez, entre outros, non faltaron nesta cita co deporte.

MillaRaio tamén asistiu a Padrón. Unha carreira especial para o club por ser a primeira na que participaron os nosos pequenos atletas cando o ano pasado MillaRaio daba os seus primeiros pasos. Este ano MillaRaio foi o 2º club en número de participantes.

As clasificacións dos nosos atletas:
Prebenxamín masculino: Iago Ramos López (11), Brais Márquez Tarrío (20), Mario López Lareo (25), Mario Vilar Veiga (29) 
Prebenxamín feminino: Fátima Dell Blanco (5) 
Benxamín masculino: Jaime Ferro Vilas (12), Antón Nogueira González (13) 
Alevín masculino: Jacobo Nogueira Colmeiro (10), Iago Fuentes García (12), Pablo Nogueira González (15) 
Alevín feminino: Alba López Portabales (3), Natalia Sánchez Pardo (10) 
Infantil feminino: Cristina Sánchez Pardo (5)

viernes, 5 de marzo de 2010

Papá, ¿qué estás haciendo?

No sé cómo decírtelo papá, seguramente crees que lo estás haciendo por mí, pero no puedo evitar sentirme raro, molesto, mal. 

Me regalaste un balón, cuando apenas empezaba a andar, aún iba a la escuela cuando me apuntaste a un equipo. Me gusta entrenar durante toda la semana, bromear con los compañeros y jugar el domingo como lo hacen los equipos grandes. 

Pero cuando vas a los partidos no sé, ya no es como antes. Ahora ya no me das una palmada cuando termina el partido, ni me invitas a un bocata. Vas a la grada y vas pensando que todos son enemigos, insultas a los árbitros, a los entrenadores, a los jugadores, a los padres... 

¿Por qué has cambiado? Creo que sufres por mí y no lo entiendo. Me repites que soy el mejor, que los demás no valen nada a mi lado, quién diga lo contrario se equivoca, que sólo vale ganar. 

Ese entrenador del que dices que es inepto, que no se entera, es mi amigo, el que me enseñó a divertirme. El chaval que el otro día salió en mi puesto, ¿te acuerdas?, ¡sí hombre!, aquel que criticaste toda la tarde, porque «no sirve para llevarme la bolsa» como tú dices, ese chico está en mi clase... Cuando lo vi el lunes me dio mucha vergüenza. 

Papá, me agobias... hasta he pensado en dejarlo... pero me gusta tanto... Papá por favor, no me obligues a decirte que no quiero que vengas a verme jugar.

Este artigo foi remitido por un pai anónimo á UD Lanzarote e publicado no nº 107 da súa Revista Oficial (páx. 26). Grazas a Xosé Luis Ramos por facelo chegar ao noso blog. Sobran máis comentarios.

jueves, 4 de marzo de 2010

O cartel anunciador da Carreira Solidaria por Haití


Xa temos o cartel que anunciará a Carreira/Andaina Solidaria de Axuda a Haití, dentro duns días veredes o noso pobo empapelado con el.

Grazas a Alberto Viaño polo deseño e ao Concello de Ames pola impresión.

miércoles, 3 de marzo de 2010

O mundialista Pedro Nimo del Oro apadriña a carreira solidaria por Haití


Cando o verán pasado o atleta santiagués Pedro Nimo acudiu ao campionato do mundo absoluto en Berlín na súa páxina web oficial escribía: "Hasta llegar a ese campeonato del mundo, con el que soñé siendo niño, habré pasado mil experiencias: contratiempos, lesiones, victorias, problemas, alegrías... se ha hecho esperar, pero por fin, cada dia esta más cerca el sueño de un niño que ha tardado mucho, pero ha sabido rectificar, adaptarse y nunca dejar de luchar". 

E en referencia aos atletas populares galegos: "En el próximo campeonato del mundo de Berlín estará uno más de los miles de atletas populares gallegos, Pedro Nimo del Oro, pero Pedro es sólo un hombre y un nombre, un nombre que representa con muchísimo orgullo y cariño a todos los que son “MIS POPULARES GALLEGOS”. Sin ellos no habría llegado aquí, y sin duda, estarán empujándome y soñando con una gran carrera... llegue o no, siempre estarán ahí, a las duras y a las maduras, como siempre ha sido". 

Por desgraza o resultado na maratón do seu primeiro campionato do mundo non foi bon. Nun artigo escrito por el e titulado "La carrera más dura de mi vida" relata os moitos problemas físicos que tivo que pasar, o sufrimento para rematar a carreira e que non abandonou porque "no corría Pedro Nimo... ayer corría el representante de España, de Galicia... y no podía rendirme, desde bien chico me han educado para no rendirme, pelear y nunca bajar los brazos... pues eso he hecho. Espero que mis padres estén orgullosos de haber sabido inculcar estos valores a su hijo y que todos mis paisanos estén satisfechos y se sientan identificados conmigo". 

As palabras de Pedro Nimo engrandéceno como persoa e como atleta e fan que a prenda que doa para esta carreira solidaria a favor de Haití teña un valor engadido, porque sabemos o que representa para el. No nome de toda a Xunta Directiva de MillaRaio e os seus socios/as GRAZAS PEDRO por apoiar, unha vez máis, as carreiras populares e esta noble causa. Sen dúbida moitos corredores populares desexarán a túa prenda firmada, será o mellor agasallo e recompensa ao seu esforzo... 

Máis información sobre Pedro Nimo na súa páxina web oficial.

Regulamento para a Carreira Solidaria por Haití

O club de Atletismo MillaRaio en colaboración co Concello de Ames organizan, o domingo 14 de marzo, a I Carreira Solidaria de Axuda a Haití no Polígono Industrial do Milladoiro e baixo o control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo) e segundo o seguinte: 

REGULAMENTO 

1. Poderán participar atletas federados e non federados. A clasificación será conxunta. 

2. A proba terá lugar o domingo 14 de marzo con percorrido urbán polas rúas do Milladoiro e polo seu Polígono Industrial (a 4 Km de Santiago). A saída e meta estarán ubicadas no párking situado diante do Colexio Infantil do Milladoiro, nas inmediacións da Piscina Municipal. 

3.  Estableceranse as seguintes categorías de competición: 
PREBENXAMÍN: atletas nados no ano 2003 e posteriores. 
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2001 e 2002. 
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2000 e 1999. 
INFANTIL: atletas nados nos anos 1998 e 1997. 
CADETE: atletas nados nos anos 1996 e 1995. 
XUVENIL-JUNIOR: atletas nados nos anos 1994, 1993, 1992 e 1991. 
PROMESA-SENIOR: atletas nados en 1990 ata veteráns. 
VETERÁNS: atletas nados en 1975 e anteriores. 

4. Horario e distancia das probas: 
11:00 h. Prebenxamín e anteriores/ 300 m (1 volta ao párking) 
11:15 h. Benxamín e Alevín/ 1000 m (2 voltas A) 
11:30 h. Infantil e Cadete/ 1400 m (volta A+B)
12:00 h. Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns/ 5000 m (2 voltas C)
12:00 h. Andaina/ 1500 m (1 volta D) 
12:40 h. Entrega de premios e sorteos 

5. Outorgaranse Diplomas de Honra ós 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida (os xuvenil-junior e os promesa-senior computarán como unha soa categoría) e un diploma especial á entidade que aporte máis participantes á carreira. A entrega de premios está prevista para as 12:40 horas. 

6. Farase un sorteo de agasallos doados polos patrocinadores entre todos os participantes das carreiras e da andaina. Os agasallos corresponden ó material deportivo, camisetas, balóns e mochilas doados por “O Curruncho Deportivo”, “Milla Sport” e “Centro Deportivo”, vales para unha limpeza dental no Centro Dental Macia, unha estancia no Hotel Husa Santiago Apóstol e vales de compra nos establecementos de Milladoiro por cortesía de AEMI (Asociación de Empresarios do Milladoiro). 

O atleta mundialista PEDRO NIMO DEL ORO vai ser padriño da carreira e colabora doando para o sorteo unha das prendas que utilizou no último Campionato do Mundo de Berlín onde correu a Maratón. 

7. As inscricións deberán ser enviadas ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com, ou no FAX 981 191 559, e nela deberán reflexarse os seguintes datos: nome e apelidos; data de nacemento completa (dd/mm/aaaa); club e nº de licencia (se a ten); correo electrónico; empresa, club, colectivo ou entidade á que pertencen. O prazo de inscrición rematará o venres 12 DE MARZO ás 14 horas. 

8. Dado o carácter solidario da proba, para poder participar na mesma entregarase un DONATIVO DE 3 EUROS que será entregado integramente á institución MANOS UNIDAS nun acto que terá lugar ao remate das probas atléticas. Haberá unha urna para depositar este donativo no momento da recollida do dorsal. Os donativos recadados serán destinados na súa totalidade á axuda DOS AFECTADOS POLO TERREMOTO DE HAITÍ. 

9. Haberá servizo de avituallamento líquido á conclusión das probas cortesía de Coca Cola (Begano, S.L.). Os rapaces recibirán colacao e chocolatinas (colaboración de Distribucións Camba) e os participantes da carreira absoluta zumes, iogures e unha peza de froita (cortesía de Froitería Barreiros). Haberá servizo de duchas no pavillón municipal do Milladoiro, a carón da piscina municipal a 300 m da saída das probas. 

10. Agardamos de todos a máxima colaboración e deportividade. Todo o non previsto neste regulamento resolverase segundo o regulamento RFEA en vigor.

martes, 2 de marzo de 2010

Como chegar á carreira solidaria por Haití

Deixamos un plano de Milladoiro no que se indica como chegar ao polígono, onde se celebrará a carreira/andaina solidaria de axuda a Haití. Xa sabedes que o Milladoiro está a 4 km de Santiago (ou Santiago a 4 km do Milladoiro, segundo como se mire).