miércoles, 3 de marzo de 2010

Regulamento para a Carreira Solidaria por Haití

O club de Atletismo MillaRaio en colaboración co Concello de Ames organizan, o domingo 14 de marzo, a I Carreira Solidaria de Axuda a Haití no Polígono Industrial do Milladoiro e baixo o control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Federación Galega de Atletismo) e segundo o seguinte: 

REGULAMENTO 

1. Poderán participar atletas federados e non federados. A clasificación será conxunta. 

2. A proba terá lugar o domingo 14 de marzo con percorrido urbán polas rúas do Milladoiro e polo seu Polígono Industrial (a 4 Km de Santiago). A saída e meta estarán ubicadas no párking situado diante do Colexio Infantil do Milladoiro, nas inmediacións da Piscina Municipal. 

3.  Estableceranse as seguintes categorías de competición: 
PREBENXAMÍN: atletas nados no ano 2003 e posteriores. 
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2001 e 2002. 
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2000 e 1999. 
INFANTIL: atletas nados nos anos 1998 e 1997. 
CADETE: atletas nados nos anos 1996 e 1995. 
XUVENIL-JUNIOR: atletas nados nos anos 1994, 1993, 1992 e 1991. 
PROMESA-SENIOR: atletas nados en 1990 ata veteráns. 
VETERÁNS: atletas nados en 1975 e anteriores. 

4. Horario e distancia das probas: 
11:00 h. Prebenxamín e anteriores/ 300 m (1 volta ao párking) 
11:15 h. Benxamín e Alevín/ 1000 m (2 voltas A) 
11:30 h. Infantil e Cadete/ 1400 m (volta A+B)
12:00 h. Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns/ 5000 m (2 voltas C)
12:00 h. Andaina/ 1500 m (1 volta D) 
12:40 h. Entrega de premios e sorteos 

5. Outorgaranse Diplomas de Honra ós 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida (os xuvenil-junior e os promesa-senior computarán como unha soa categoría) e un diploma especial á entidade que aporte máis participantes á carreira. A entrega de premios está prevista para as 12:40 horas. 

6. Farase un sorteo de agasallos doados polos patrocinadores entre todos os participantes das carreiras e da andaina. Os agasallos corresponden ó material deportivo, camisetas, balóns e mochilas doados por “O Curruncho Deportivo”, “Milla Sport” e “Centro Deportivo”, vales para unha limpeza dental no Centro Dental Macia, unha estancia no Hotel Husa Santiago Apóstol e vales de compra nos establecementos de Milladoiro por cortesía de AEMI (Asociación de Empresarios do Milladoiro). 

O atleta mundialista PEDRO NIMO DEL ORO vai ser padriño da carreira e colabora doando para o sorteo unha das prendas que utilizou no último Campionato do Mundo de Berlín onde correu a Maratón. 

7. As inscricións deberán ser enviadas ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com, ou no FAX 981 191 559, e nela deberán reflexarse os seguintes datos: nome e apelidos; data de nacemento completa (dd/mm/aaaa); club e nº de licencia (se a ten); correo electrónico; empresa, club, colectivo ou entidade á que pertencen. O prazo de inscrición rematará o venres 12 DE MARZO ás 14 horas. 

8. Dado o carácter solidario da proba, para poder participar na mesma entregarase un DONATIVO DE 3 EUROS que será entregado integramente á institución MANOS UNIDAS nun acto que terá lugar ao remate das probas atléticas. Haberá unha urna para depositar este donativo no momento da recollida do dorsal. Os donativos recadados serán destinados na súa totalidade á axuda DOS AFECTADOS POLO TERREMOTO DE HAITÍ. 

9. Haberá servizo de avituallamento líquido á conclusión das probas cortesía de Coca Cola (Begano, S.L.). Os rapaces recibirán colacao e chocolatinas (colaboración de Distribucións Camba) e os participantes da carreira absoluta zumes, iogures e unha peza de froita (cortesía de Froitería Barreiros). Haberá servizo de duchas no pavillón municipal do Milladoiro, a carón da piscina municipal a 300 m da saída das probas. 

10. Agardamos de todos a máxima colaboración e deportividade. Todo o non previsto neste regulamento resolverase segundo o regulamento RFEA en vigor.

2 comentarios:

marKs dijo...

hasta q hora se puede recoger dorsales???

soy seniOr/promesa, entonces mi carrera empieza a las 12:00, me gustaria saber hasta cuando los puedo recoger xq no soy de la zona. gracias

Millaraio dijo...

Recollida de dorsais ata media hora antes de que empece a túa proba.