lunes, 31 de mayo de 2010

X Carreira Popular Rota do Románico, Concello de Pantón

Celebrarase o sábado, 5 de xuño, ás 10:00 h. 
Inscrición: ata o xoves 3 de xuño.

Categorías masculinas e femininas, horario e percorrido:
Categoría A/2003-2006/10:00 h/400 m
Categoría B/2001-2002/10:10 h/800 m
Categoría C/1998-2000/10:10 h/800 m
Categoría D/1995-1997/10:25 h/1.100m

Entrega de dorsais: o día da proba na carpa da organización sita na explanada diante do centro sociocultural de 8:30 a 9:30

Premios: trofeo para @s dúas primeir@s categorías, medalla para os terceiros, camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

Máis información

domingo, 30 de mayo de 2010

Xantar fin de tempada 2009-2010

O sábado rematou cun xantar dos socios do club

Despois un pouco de fútbol... 
A pelota é o mellor xoguete do mundo

Tamén charlamos

Outros fixeron piruetas

Correron os máis peques

Correron os maiores

Correron pequenos e maiores xuntos


Correron papás e mamás cos nenos

Corremos as mamás

Correron os papás

Correron os nenos e nenas co adestrador

Algún púxollo difícil a Juan Pablo

Finalmente dar as grazas aos esforzados fotógrafos


I Carreira de orientación en MillaRaio

Profesor e alumnos en prácticas do CMAFD do IES de Silleda, 
atletas, adestrador, pais e nais participaron na actividade

Ás 10:00 h comenzan os preparativos e as primeiras explicacións

Os atletas saen acompañados de dous monitores, 
en pequenos grupos e de xeito escalonado


Traballar cos mapas de orientación é importante na actividade

Dous atletas atopan a baliza de orientación que se ve ao fondo

Os máis pequenos chegan á meta. Eles non usaron mapas. 
Atoparon papeliños con pistas baseadas no conto dos tres osiños

Os papás e mamás que quixeron participar 
tamén tiveron a súa propia ruta de orientación

miércoles, 26 de mayo de 2010

Clasificacións da XV carreira de Ordes

Prebenxamín masculino
   7. Sunny Seijas Portas (2:16)
Benxamín masculino
   2. Leo Guazzone Mariño (4:02)
Na clasificación absoluta Juan Pablo Fernández acadou a 4ª posición (30:30).

Noraboa aos tres polos resultados e pola vosa participación nunha dura xornada de altas temperaturas.

martes, 25 de mayo de 2010

Que é unha carreira de orientación?

Ofrecemos unha breve explicación sobre as carreiras de orientación xa que o próximo sábado os/as atletas de MillaRaio, coa axuda de papás e mamás, participarán por primeira vez nunha actividade destas características.

Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas e coa axuda dun mapa e un compás. 

Os participantes usan un mapa especial para situarse no terreo e percorrer na orde indicada os diferentes puntos de control ou balizas que se atopan marcados no mapa. 

Os mapas que se empregan nas carreiras de orientación están a escala 1:10.000 ou 1:15.000 (1 cm equivale a 100 metros ou a 150 metros) e recollen as características do terreo, rocas, árbores, vexetación, ríos, camiños…

No mapa, a saída está sinalada cun triángulo, os puntos de control márcanse con círculos unidos por liñas e numerados na orde que deben ser visitados e a chegada con dous círculos concéntricos. 

Os diferentes puntos de control ou balizas son secretos e os corredores non os coñecen antes de comenzar a carreira. Os corredores saen en intervalos de tempo e cada un toma a súa propia ruta.

Para verificar a visita a todos os puntos cada participante usa unha folla de control cos seus datos. Este control faise marcando a folla cunha pinza perforadora atada a cada baliza ou apuntando o código (letra ou número) que se atopa en cada punto.

O símbolo internacional de orientación. Emprégase para designar os controis ou balizas nas carreiras deste tipo.

Carreiras en Cerceda e Sandiás

VI Carreira Popular Pedestre A Silva (Cerceda)
O domingo, 30 de maio, a partir das 11:00 h en A Silva (Cerceda). 
Saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Ordes).
Inscrición ata o xoves 27 ás 14 horas.

Categorías, horarios e distancias (feminina e masculina):
Chupete/2005 e posteriores/11:00 h/100 m
Pitufo/2003-2004/11:10 h/100 m 
Benxamín/2001-2002/11:20 h/800 m
Alevín/99-2000/11:40 h/1.200 m 
Infantil/97-98/12:00 h/1.800 m
Cadete-xuvenil-aficionados/12:30 h/2.200 m
Absoluta-senior-iunior-promesa-veteráns/13:00 h/7.500 m

Premios 
Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo, camiseta aos 350 primeiros que cheguem a meta. Haberá bebidas e froita ao remate de cada proba. Sorteo de agasallos e degustación de empanadas.

I Carreira Popular Torre de O Castro, Sandiás
O domingo, 30 de maio, a partir das 11:00 h en Sandiás (Ourense). A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a meta diante do Colexio.
Inscrición ata o 28 de maio.

Categorías, horario e distancias 
N. Pitufos/2003 e posteriores/12:40 h/350 m

Saída ás 11:00 h - 2.000 m 
A. Benxamín/2001 e 2002
B. Alevín/1999 e 2000
C. Infantil/1997 e 1998
D. Cadete/1995 e 1996

Saída ás 11:30 h - 7.900 m 
E. Xuvenil/1993 e 1994
F. Iúnior/1991 e 1992 
G. Promesa/1988, 1989 e 1990 
H. Sénior/1987 ata veteráns
I. Veteráns A/maiores de 35 anos 
J. Veteráns B/maiores de 40 anos
K. Veteráns C/maiores de 45 anos
L. Veteráns D/maiores de 50 anos
M. Veteráns E/maiores de 55 anos

Premios 
Trofeo para o 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º de cada categoría. Camiseta para todos os que cheguen a meta.

lunes, 24 de mayo de 2010

Clasificacións da Carreira da Muller

12-15 anos 
   10. Cristina Sánchez Pardo (31:17) 
Senior 
   47. Isabel Abel (29:07) 
   263. Natalia Lorenzo (40:06) 
Veteranas A 
   169. Adriana Mariño (40:06) 
   196. Carlota Blanco (41:50)
   266. Dolores González Rodríguez (46:22) 
   273. Esther García (47:09) 
   321. Ángeles Escourido (51:20) 
   337. Chelo García (53:21) 
   363. Lourdes Piñón (55:42) 
Veteranas B 
   44. Josefina Pardo (34:27)

Parabéns tamén a Hugo Rodríguez Abel, Iago Fuentes García e Natalia Sánchez Pardo que participaron na carreira aínda que non aparecen nas clasificacións.

Parabéns e grazas a todas as corredoras de MillaRaio por colaborar na nobre causa de loitar contra o cancro. Parabéns tamén á organización da carreira que foi de "sobresaliente". Moi ben organizada a recollida e entrega de chips, estupenda idea o de indicar cada quilómetro do percorrido con grandes letreiros (sobre todo para principiantes coma mín) e bon funcionamento das furgonetas de ropeiro. Só comentar que algún turista despistadillo se cruzaba entre as corredoras na zona vella (en San Martiño Pinario e na entrada do Obradoiro). O resto, incluído o ambiente xeral, para quitarse o sombreiro. 

O próximo ano se volve a carreira da muller repetiremos a experiencia. O de participar noutras carreiras populares algunhas mamás xa empezaron, outras aínda o estamos valorando... Pero todo se andará. 

Máis información sobre as clasificacións.

domingo, 23 de mayo de 2010

Mamás de MillaRaio na Carreira da Muller

María Abel, vencedora e tía do atleta Hugo Rodríguez Abel,
cruza a liña de meta.

María Abel e Isabel Abel,
primeiras clasificadas na categoría de irmás.

Un grupo de mamás no Monte do Gozo
colocando o chip antes da saída.

Celebrando a chegada na Praza do Obradoiro.
A festa continúa na Alameda.

E para rematar algo de aerobic...

sábado, 22 de mayo de 2010

MillaRaio celebrará unha carreira de orientación o próximo sábado 29 de maio


Grazas á colaboración dos alumnos do CMAFD do IES de Silleda, MillaRaio celebrará una carreira de orientación exclusiva para os socios/as.

A cita é ás 10 h no pavillón multiusos de Milladoiro para preparar os equipos; sobre as 12 h comezará a proba na zona de Galdrachán. É necesario levar lapis, papel e regra. Os papás e mamás poden axudar aos nenos/as, de xeito que a actividade será gratificante para pequenos e grandes. Daremos información máis detallada da actividade nos próximos días.

O sábado rematará cun xantar para os socios/as na finca do presidente do club.

jueves, 20 de mayo de 2010

Amplíase o prazo de inscrición para a Carreira da Muller en Santiago



Ante a avalancha de inscritas a última hora a organización da Carreira da Muller viuse obrigada a ampliar o prazo de inscrición ata o sábado. O número de participantes xa supera as 2.500 e a previsión é de 3.000. En ningunha das primeiras edicións celebradas se conseguiu semellante participación. Mamás de MillaRaio aínda estades a tempo! (e os papás tamén podedes correr).

A Carreira da Muller celebrarase o próximo domingo 23, a partir das 10 da mañá. A saída será no Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, onde seguirá a festa cunha actuación de David de María e un festival de aeróbic. A presentadora Anne Igartiburu é a embaixadora do circuíto 2010 e a actriz galega María Castro a imaxe da iniciativa en Compostela. Tamén estarán na saída do Monte do Gozo, a fondista olímpica lucense María Abel, e a ex-ximnasta ourensá Marta Bobo

Recollida de dorsais os días 21 e 22 no andar de deportes do Corte Inglés.

O domingo haberá unha liña especial de autobuses dende as 8:00 h que levará ás participantes ata o Monte do Gozo. Sairán da Praza de Galicia cada 10 minutos, co seguinte percorrido: Praza de Galicia, Ensinanza, Virxe da Cerca, san Roque, Pastoriza, San Caetano, rúa de Berlín, rúa de Lisboa, rúa de Londres, avda. Gonzalo Torrente Ballester, rúa das Estrelas e Monte do Gozo.

Máis información en El Correo Gallego e na web oficial da carreira.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Clasificacións da Carreira Solidaria de Santiago


Excelentes resultados dos atletas de MillaRaio na IV Carreira Popular Solidaria en Santiago celebrada o pasado domingo. Parabéns a pequeños e grandes polos logros e principalmente por esas ganas e ilusión que demostrades.

Prebenxamín masculino
  2. Ephrem Canal Piñón
Prebenxamín feminino
  2. Lucia Bertussi Lorenzo
  3. Fátima Dell Blanco
Benxamín masculino
  1. Leonardo Guazzone Mariño
 Alevín masculino
   1. Alessandro Bertussi Lorenzo
 Alevín feminino
   2. Alba López Portabales
   3. Natalia Sánchez Pardo
 Infantil feminino
  1. Cristina Sánchez Pardo

Cada vez son máis os pais e nais do club que se animan a participar nas carreiras ás que asisten cos pequenos/as. Nesta ocasión correron Adriana Mariño, Tito Guazzone, María Jose Pardo (8ª en veteranas), Natalia Lorenzo (3ª en promesa senior) e Carlota Blanco.

martes, 18 de mayo de 2010

Carreiras en Rois, Ordes e Ferrol

XXII Carreira Pedestre Popular do San Isidro, Rois
Sábado, 22 de maio, ás 17:00 h no campo da festa de Rois (Igrexa de San Mamede)
Horarios, categorías e distancias
17:00h/Pitufos/0-4 anos/25 m
17:10h/ A homes-B mulleres/5-8 anos/800m
17:30h/C homes-D mulleres/9-12 anos/1.500m
Trofeos aos tres primeiros clasificados por categoría e sexo.

XV Carreira Popular do Concello de Ordes 
Domingo, 23 de maio, a partir das 11:00 h na Casa do Concello de Ordes. Inscrición ata o 20 de maio.
Categorías, anos de nacemento e distancias
Baby/2005 e posteriores/500 m.
Prebenxamín/2003-2004/500 m.
Benxamín/2001-2002/1.000 m.
Alevín/1999-2000/1.000 m.
Infantil/1997-1998/3.000 m.
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo.

III Milla Urbana "Armada Española", Ferrol
Domingo, 23 de maio, a partir das 11:00 h na Escola de Especialidades da Armada "Antonio de Escaño". Inscrición ata o mércores 19 de maio ás 21:00 h.
Horarios, categorías e distancias:
11:45 h/Infantís/1998-1997/1.000 m.
12:00 h/Alevíns/1999-2000/750 m.
12:15 h/Benxamíns/2001-2002/500 m.
12:30 h/Prebenxamíns/2003-2004/300 m.
12:45 h/Biberóns/2005-2006/300 m.
Trofeos e premios: trofeo ao primeiro clasificado por categoría e sexo, medallas para todos/as nas categorías de nenos, sorteo de agasallos ao final da entrega de premios.

XXII Cross de Tirán (Moaña)
Domingo, 23 de maio, a partir das 10:00 h no Colexio de Tirán (Moaña)

viernes, 14 de mayo de 2010

8 atletas de MillaRaio clasificados para o Campionato Provincial de Ferrol

Mañá, 15 de maio, celébrase en Ferrol o Campionato Provincial de Atletismo en pista que se enmarca nos Xogade e no que compiten as categorías benxamín, alevín e infantil.

Participarán neste campionato as 16 mellores marcas da provincia da Coruña, en cada proba e categoría, realizadas nas fases previas. Para a proba dos 1.000 metros individuais MillaRaio conta con 8 atletas clasificados: Cristina Sánchez Pardo, Hugo Rodríguez Abel, Alba López Portabales, Jaime Ferro Vilas, Xela Cascallar Mayo, Sara Vispalia Moreno, Jacobo Nogueira Colmeiro, Natalia Sánchez Pardo.

É un gran logro para estes atletas estar entre os 16 mellores da provincia. Xogaron un gran papel na clasificación previa, xa que 1000 metros non están ao alcance de todo o mundo. Calquera resultado que acaden mañá en Ferrol será un éxito benvido e celebrado. Desexámoslles moitísima sorte a todos/as e que disfruten con esta nova experiencia.

jueves, 13 de mayo de 2010

Paula Campanero adestrará este sábado aos atletas de MillaRaio

Paula Campanero Gutiérrez, campeona galega de salto con pértega e actual récord galego (4.05 metros), adestrará o próximo sábado 15 de maio aos nenos/as do club.

Paula, que é licenciada en Educación Física, impartirá unha clase dentro do bloque de técnica e desenvolvemento de saltos que está levando a cabo este bimestre Juan Pablo Fernández.

Juan Pablo non asistirá ao adestramento xa que o 15 de maio participará no Campionato de España de Clubes en Nerja (Málaga). Dende aquí desexámoslle moita sorte e tamén para o seu club a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

miércoles, 12 de mayo de 2010

O Pino distingue a MillaRaio cun premio especial

O concello de O Pino fíxolle chegar ao noso adestrador e director deportivo, Juan Pablo Fernández, o agradecemento pola participación dos atletas de MillaRaio na carreira da pasada fin de semana.

Malia a choiva, 18 atletas do club participaron neste evento. Por este aporte de atletas á carreira, o concello de O Pino ten previsto facernos unha distinción especial cun premio ao club.

As palabras dun dos organizadores no foro de Correr en Galicia (Derek) confirman este recoñecemento: Los niños vinieron muchos en las categorías de los más peques, que, por cierto, destacar al Millaraio y a su entrenador Juan Pablo Fernández que son un auténtico ejemplo.

A VII edición da carreira pedestre de O Pino contou con record de participación e asistencia de destacados corredores. Os gañadores da proba absoluta foron María Abel e Lolo Penas (7 victorias en 7 edicións). A organización, un ano máis, impecable.

As clasificacións de MillaRaio:
Prebenxamín masculino
5. Miguel Piñón Álvarez, 8. Ephrem Canal Piñón,
10. Mario Vilar Veiga, 13. Brais Moar Rosero,
15. Mario López Lareo, 18. Xoel Moar Segade
Prebenxamín feminino
3. Fátima Dell Blanco, 4. Lucía Bertussi Lorenzo
Benxamín masculino
2. Leonardo Guazzone Mariño, 8. Jaime Ferro Vilas,
9. Antón Nogueira González
Alevín masculino
7. Alessandro Bertussi Lorenzo, 8. Hugo Rodríguez Abel,
15. Iago Fuentes García, 18. Pablo Nogueira González
Alevín feminino
7. Alba López Portabales, 14. Natalia Sánchez Pardo
Infantil feminino
4. Cristina Sánchez Pardo
Máis información

Felicitacións a todos/as participantes e mil grazas ao concello de O Pino por esta distinción.

martes, 11 de mayo de 2010

IV Carreira Popular Solidaria en Santiago

O domingo, 16 de maio, a partir das 11:00 h no Campus Sur de Santiago de Compostela. A saída das probas será na Avda Antonio R. Ibáñez a carón do Colexio Mayor Fonseca e do Parque da Alameda en Santiago de Compostela.

Inscrición en inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou no FAX 981 191 559, ata o venres. Deberán aparecer: nome e apelidos, Data de nacemento completa (dd/mm/aaaa) clube e nº de licencia (se a ten) correo electrónico.

Organizada conxuntamente pola USC e a Fundación USC Deportiva, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Fundación Compostela Deporte, a Delegación en Santiago da FGA e o Concello de Santiago. O control técnico das probas estará a cargo do Comite de Xuices da Delegación de Atletismo de Santiago (FGA). Tamén contará coa colaboración de Proxecto Home Galicia e do atleta Pedro Nimo del Oro. 

Horario, categorías e distancias
11:00h/PREBENXAMÍN/2003 e posteriores/470 m
11:15h/BENXAMÍN/ 2001-2002/1.260 m
11:15h/ALEVÍN/1999-2000/1.260 m
11:30h/INFANTIL/1998-1997/2.410 m
11:30h/CADETE/1996-1995/2.410 m

Entrega de premios ás 12:45 h. Outorgaranse medallas aos 3 primeiros clasificados de cada categoría (homes e mulleres).

Dado o carácter puramente solidario da proba, para poder participar na mesma entregarase un donativo no momento da recollida do dorsal sita no lugar da Saída ubicada na rúa Avda Antonio R. Ibáñez. Tódolos donativos serán entregados á organización PROXECTO HOME GALICIA e a COCIÑA ECONÓMICA.

Pedro Nimo no foro de Correr en Galicia di:
Por ahora me confirma su participacion Ivan Raña, y habrá mas sorpresas... siento las fechas, pero no ha podido coincidir mejor... Lo que si, este año, nos volcaremos con los niños, que serán los protagonistas... 
Será ANDAINA y carrera, el ritmo es libre!, este año queremos volcarnos con los niños, y esperamos que ellos sean los que disfruten a tope de esta carrera, este año es por y para ellos!!!... Traed a vuestros niños y venid a correr, caminar o pasear... apoyad esta carrera, pues creo que hemos dado un gran paso adelante. Os pido que desde colegios y clubes acudais con los má jovenes, hay categorías desde los más peques, y por y para ellos se luchará... creo que debemos cuidar y mimar esa base y ojalá sea un éxito. ENGANCHEMOS LOS NIÑOS AL DEPORTE.

lunes, 10 de mayo de 2010

Clasificacións carreira de Teo

Pre-Infantís masculino (1 km)
   2. Guillermo De La Riva Paredes (5:34)
   3. Brais Moar Rosero (6:35)
   4. Xoel Moar Segades (7:12)
Infantís masculino (3 Km)
    4. Leonardo Giovanni Guazzone Mariño (16:55)

Parabéns campións.
Máis información

Clasificacións carreira de O Porriño

Pitufo masculino
   2. Mario Vilar Veiga
Prebenxamín feminino
   20. Lucía Bertussi Lorenzo
Alevín masculino
   16. Alessandro Bertussi Lorenzo (7,10)

Parabéns aos tres atletas.
Máis información

viernes, 7 de mayo de 2010

Carreiras en Vilalba, Bóveda, Outes e Ribeira

I Carreira Popular Letras Galegas, Vilalba
O sábado, 15 de maio ás 16:00 h. Inscricións ata o 13 de maio ás 13:30 h. A saída e meta serán na Praza da Constitución. Os dorsais e os chips entregaranse o día da proba na Praza da Constitución dende as 14:30 ata as 15:30 h. 
Horario, categorías e distancias
16:00 h/Categoría +5/2001-2005/450 m
16:00 h/Categoría +10/2000-1998/850 m
16:00 h/Categoría +13/1994-1997/1.600 m
Trofeo para os 3 primeiros/as de cada categoría.

III Carreira Pedestre Popular Río Mao, Bóveda (Lugo) 
O domingo, 16 de maio ás 10:30 h na Área Recreativa Muiño do Xil en Bóveda (Lugo). A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da proba no lugar da saída ata 30 minutos antes do inicio da competición.
Horario, categorías e distancias
11:35 h/PITUFOS/2005 e posteriores/80 m
11:45 h/PREBENXAMIN/2004-2003/200 m
12:00 h/BENXAMIN/2002-2001/400 m
10:45 h/ALEVIN/2000-1999/1.300 m
10:45 h/INFANTIL/1998-1997/1.300 m
11:05 h/CADETE/1996-1995/2.800 m
Entregarase un trofeo conmemorativo o primeiro/a clasificado/a en cada categoría. Os participantes en categorías inferiores recibirán unha gorra. O finalizar a proba aqueles atletas e acompañantes que o desexen poderán disfrutar dunha pancetada.

III Carreira Pedestre de Outes 
O luns, 17 de maio, a partir das 10:30 h. A saída será na praza de Galicia, agás a dos máis pequenos (300 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol. 
Inscrición ata o xoves 13 de maio ás 14:00 h. Limite de inscricións: 500 participantes.
Horario, categorías e distancias masculinas
10:30 h/PITUFOS/2005 e posteriores/300 m
10:35 h/CATEGORÍA A/2004-2002/300m
10:40 h/CATEGORÍA B/2001-1998/1.000 m
10:55 h/CATEGORÍA C/1997-1994/3.000m
Horario, categorías e distancias femininas
10:30 h/PITUFAS/2005 e posteriores/300m
10:35 h/CATEGORÍA A/2004 e 2002/300m
10:40 h/CATEGORÍA B/ 2001-1998/1.000m
10:55 h/CATEGORÍA C/1997-1993/3.000m
Para a recollida de chips (só as categorías de 1 e 3 Km) deberase deixar un aval, que neste caso será algún documento identificativo propio ou o dun familiar (DNI, carnet de conducir, de moto). Os documentos serán recuperados unha vez se devolva o chip ao rematar a carreira. Poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. 
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías. A entrega de trofeos está prevista para as 13:00 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.

VII Carreira Popular Virxe da Guía 
O luns, 17 de maio, a partir das 10:45 h. Saída e chegada na Capela da Guía de Carreira (Sta. Uxía de Ribeira).
Inscrición ata o 13 de maio, ás 20:00 h. Recollida de dorsais o día da proba no lugar de saída ata 15 minutos antes do inicio de cada proba.
Horarios, categorías e distancias
11:15h/PITUFOS/3-5 anos/75 m
11:00h/BENXAMÍNS/6-8 anos/600 m
10:45h/INFANTÍS/9-12 anos/1.500 m
Premios: nas categorías pituf@s, benxamins/as e infantiles, todos recibirán medallas conmemorativas e camisetas (non haberá trofeos nin clasificacións). Ao rematar as probas na entrega de trofeos, sortearase unha bicicleta).

miércoles, 5 de mayo de 2010

Clasificados para Campionato Provincial de Ferrol (1000 m)

Para o Campionato Provincial de Ferrol clasifícanse en cada categoría os 16 mellores corredores da provincia. Temos a satisfacción de ter atletas de MillaRaio clasificados e tamen en lista de agarda (se hai baixas repéscanse os postos 17 ao 22). 

A competición será en Ferrol, nas pistas da Malata, o 15 de maio en horario da tarde. Os pais teñen que confirmar a participación dos atletas clasificados antes do próximo xoves, 6 de maio. Tamén se deben confirmar os pendentes de repesca para o caso de que queden prazas vacantes.

ATLETAS CLASIFICADOS
12. Cristina Sánchez Pardo (infantil femenino)
11. Hugo Rodríguez Abel (alevín masculino)
16. Alba López Portabales (alevín feminino)
14. Jaime Ferro Vilas (benxamín masculino)
7. Xela Cascallar Mayo (benxamín feminino)

ATLETAS EN LISTA DE ESPERA
18. Sara Vispalia Moreno (infantil femenino)
18. Jacobo Nogueira Colmeiro (alevín masculino)
21. Natalia Sánchez Pardo (alevín feminino)

HORARIOS DO CAMPIONATO
Benxamín mulleres: 16.45 h
Benxamín homes: 16.50 h
Alevín mulleres: 17.00 h
Alevín homes: 17.10 h
Infantil mulleres: 17.20 h
Infantil homes: 17.30 h

A normativa do campionato de Ferrol.

martes, 4 de mayo de 2010

Resultados das probas combinadas en pista

Despois de 1ª carreira en pista moitos atletas de MillaRaio xa se enfrontaron a un segundo desafío, as probas combinadas. Aínda que fora só para probar e coñecer eso que non se sabía moi ben de que ía. Douvos unha pincelada.

As probas combinadas do atletismo son un conxunto de probas de diferentes características que buscan atopar ao atleta máis completo sumando todas as facetas do atletismo (carreiras de velocidade, resistencia, saltos, lanzamentos, valados…) Nas categorías absolutas as probas oficiais do programa olímpico son 10 para os homes (decathlon) e 7 para as mulleres (heptathlon). 

No caso dos máis peques, cada categoría ten as súas probas acorde coa idade dos participantes. Os benxamíns e alevíns compiten en 3 probas: velocidade, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Os infantís en 4 probas: velocidade, valados, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Igualmente que nas competicións dos maiores, o resultado de cada unha das probas, que se obtén en segundos ou metros, é convertido en puntos nunha táboa. A suma dos puntos de todas as probas dá a clasificación final da competición. Polo tanto aínda que non gañes ningunha das probas, podes gañar a competición sendo regular en todas.

Para comprender mellor podedes ver os resultados da competición na que participamos. Ao final están as clasificacións coa suma de puntos de todos aqueles que fixeron as 3 probas. Para mín os resultados están moi ben, tendo en conta que era a primeira toma de contacto con probas técnicas. E para as próximas seguro que melloramos as marcas! 

Juan Pablo Fernández (Director deportivo MillaRaio)

Resultados
Triatlón alevín masculino
   Alex Bertucci Lorenzo (386 puntos)
   Iago Fuentes García (320 puntos)
Triatlón alevín feminino
   Alba López Portabales (416 puntos)
Triatlón benxamín feminino
   Xela Cascallar Mayo (113 puntos)

Resultados da 1ª carreira en pista de MillaRaio (1000 m)

Era a primeira carreira en pista de todos e tamén do club. 
A sensación de novo xunto coa propia tensión de toda competición facíanse notar nos nervios de cada un dos que ía competir. E mesmo dos que só íamos a acompañar, sentados dende fóra. 
Pero todos o fixeron moi ben e cumpriron co desafío de estrear as pistas. Un longo desafío de 1000 m que non está ao alcance de calquera! Noraboa a todos por ese primeiro paso nas pistas. 

Juan Pablo Fernández (Director deportivo MillaRaio)

Resultados
Benxamín masculino
   6. Jaime Ferro Vilas (4:31.7) 
Benxamín feminino 
   6. Xela Cascallar Mayo (5:49.8) 
Alevín masculino
   4. Hugo Rodríguez Abel (3:52.6)
   7. Jacobo Nogueira Colmeiro (3:58.1) 
  11. Iago Fuentes García (4:14.1) 
  12. Adrián Vispalia Moreno (4:14.7) 
Alevín feminino
   4. Alba López Portabales (4:23.9) 
   7. Natalia Sánchez Pardo (5:12.3) 
Infantil feminino
   2. Cristina Sánchez Pardo (4:21.7)
   4. Sara Vispalia Moreno (4:38.3)

9 de maio carreira en Ourense (O Couto)


A III Carreira Popular Festas de O Couto (Ourense) celebrarase o próximo domingo, 9 de maio, a partir das 11:30 h.

Categorías, distancias e horarios
Cativos/ nados a partir do 2004/ 250 m/13:00 h
Benxamín/ 2001, 2002 e 2003/ 1.500 m/11:30 h
Alevín/ 99-00/ 1.500 m/11:30 h
Infantil/ 97-98/ 3.000 m/11:50 h
Cadete/ 95-96/ 3.000 m/11:50 h

Admitiranse inscricións ata as 20:00 h. do venres 7 de maio e na Secretaría de Competición cun plazo límite de media hora antes do inicio da proba. Os atletas poderán retirar os dorsais na secretaría de Competición (na zona de saida-meta) o día da proba dende as 10:00 h.

Haberá premios para o 1º clasificado de cada categoría (en mulleres e homes). Na categoría cativos tódolos participantes que cheguen a meta levarán unha medalla conmemorativa e un agasallo da organización pola súa participación.

lunes, 3 de mayo de 2010

Clasificacións da carreira de Aios (Sanxenxo)


A carreira de Aios pintou ben para todos/as atletas de MillaRaio que participaron nela o pasado sábado, 1 de maio. Parabéns aos seis campións.

Prebenxamín masculino:
   1. Miguel Piñón Álvarez3. Ephrem Canal Piñón (150 m)
Benxamín masculino: 
    2. Leonardo Guazzone Mariño (1.500 m en 6'41'')
Benxamín feminino: 
    3. Lucía Bertucci Lorenzo (1.500 m en 10'03'')
Alevín masculino: 
    2. Alessandro Bertucci Lorenzo (1.500 m en 6'03'')
Alevín feminino: 
    2. Alba López Portabales (1.500 m en 7'15'')

Na proba absoluta unha mamá e un papá de MillaRaio, Natalia Lorenzo Pérez (9ª en feminino) e Tito Guazzone (75º en masculino) tamén se animaron a participar. Parabéns por ese ánimo deportivo que demostran.

Máis información

domingo, 2 de mayo de 2010

MillaRaio participará como club na carreira de O Pino

O próximo sábado, 8 de maio, MillaRaio participará como club na carreira pedestre de O Pino. Todos os atletas de MillaRaio estarán inscritos para a proba que se celebrará a partir das 19 h.
A carreira está recomendada por Juan Pablo pola súa proximidade xeográfica e a boa organización da proba que contará co control técnico da FGA.

VII Carreira Pedestre Concello de O Pino
O sábado 8 de maio na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago).
Categorías, horarios e distancias
Prebenxamín/2003 e posteriores/19:00 h/ 500 m
Benxamín/2001-2002/19:10 h/850 m (1 volta ó circuito pequeno)
Alevín/1999-2000/19:10 h/850 m (1 volta ó circuito pequeno)
Infantil/1997-1998/19:20 h/1.930 m (1 volta ó circuito mediano)
Inscricións 
Todos os atletas de MillaRaio estarán inscritos para esta carreira. Os dorsais recolleranse na Secretaría da competición sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (Casa da Cultura) ubicada fronte ó polideportivo municipal como plazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
Premios
Trofeo para os 3 primeiros clasificados por categoría e sexo.
Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba sen axudas externas.
Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final. 
Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
Camiseta técnica e bebida para tódolos participantes.
Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).

VI Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras
Celebrarase o domingo, 9 de maio, a partir das 11.00 h. A saída e chegada será no campo de fútbol de Cacheiras, Teo
Categorías, horario e distancias
Pre-infantís/ ata 7 anos/ 11:00 h/ 1 km (distancia ao meu parecer inapropiada)
Infantís/ 8-12 anos/ 11:00 h/ 1 km
Cadetes/ 13-14 anos/ 11:30 h/ 3 km
Xuvenís/ 15-16 anos/ 12:00 h/ 8 km
Júniores/ 17-18 anos/ 12:00 h/ 8 km
Promesas/ 19-30 anos/ 12:00 h/ 8 km
Séniores/ 31-40 anos/ 12:00 h/ 8 km
Veteranos/ 41 anos/ 12:00 h/ 8 km
Máis información e Percorridos das probas

V Carreira Popular As Agüiñas, O Porriño
O 9 de maio, a partires das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño. 
Entregaranse trofeos ós 5 primeiros na categoría de menores. Finalizada a entrega de trofeos, sortearase UNHA BICICLETA entre os atletas das categorías menores. Para poder recolle-lo premio, será condición sine qua non a presencia física do atleta en cuestión, sorteándose de novo o agasallo caso de non estar presente.
Categorías, distancia e horario
Cadete homes/ 95-96/ 2.578 m/ 10:00 h
Cadete mulleres/ 95-96/ 2.014 m/ 10:15 h
Infantil homes/ 97-98/ 2.014 m/ 10:25 h
Infantil mulleres/ 97-98/ 1.634 m/ 10:35 h
Alevín homes/ 99-00/ 1.634 m/ 10:45 h
Alevín mulleres/ 99-00/ 1.284 m/ 10:55 h
Benxamín mulleres/ 01-02/ 730 m/ 11:05 h
Benxamín homes/ 01-02/ 730 m/ 11:15 h
Prebenxamín mulleres/ 03-04/ 400 m/ 12:15 h
Prebenxamín homes/ 03-04/ 400 m/ 12:20 h
Pitufos mulleres/ 05-06-07/ 150 m/ 12:25 h
Pitufos homes/ 05-06-07/ 150 m/ 12:30 h

XXI Carreira Popular de Ferreirúa
O domingo, 9 de maio a partir das 10:45 h en Ferreirúa, A Pobra de Brollón (Lugo)
Distancias 
Ata 4 anos/ 70 m
5-6 anos e 7-9 anos/ 600 m
10-12 anos/ 1.900 m
Retirada de dorsais o domingo día 9, de 8:30 a 10:30 h, na Pista Polideportiva.