martes, 1 de mayo de 2012

ANIMÁDEVOS CO CAMPEONATO GALEGO DE 1000 METROS E MILLA EN RUTA!

Como xa está recollido na anterior entrada, o próximo domingo pola mañá temos nada menos que un Campeonato Galego moi preto de casa e no que non precisamos mínima de participación nin eliminatorias previas para tomar parte nas finais. É o Campeonato Galego de Milla en ruta (1609 metros), que para os pequenos é Campeonato de 1000 metros en ruta.
É unha carreira que se disputa nun circuito moi axeitado na localidade de Padrón. As distancias, por suposto, están homologadas pola Federación Galega de Atletismo. Polo tanto, ainda que non sexa en pista, temos a seguridade de que a distancia é exactamente a que se anuncia e as marcas feitas serán rexistradas como marcas "oficiais" na respectiva distancia.
Estas carreiras son especialmente bonitas para ver pois podemos seguir a evolución dos atletas ó longo de todo o percorrido da carreira, que ten lugar no entorno do canal de derivación do río Sar.
É de esperar que o nivel sexa alto pois virán gran parte dos mellores atletas de Galicia na distancia en todas as categorías, tanto nenos/as como maiores. Polo tanto non vai ser doado lograr medallas para o club, pero si logramos algunha o merito será moito. De todos os xeitos, a mera participación nun evento de esta importancia xa é gratificante e unha posibilidade para medrar cada un como atleta e de facer cada día máis grande o club MillaRaio.
¡Animádevos pois a participar! Tendes o enlace para a inscrpición na anterior entrada do Blog onde tamén podédesvos inscribir á carreira do sábado pola tarde no Concello do Pino, que é unha das mellores carreiras populares que temos en Galicia... ¡E tamén moi preto de casa!

No hay comentarios: