Cristina Sánchez Pardo estivo a moi pouco de meterse na final da concorrida proba de 100m lisos, quedando coa 8ª marca, baixando unha vez mais a barreira dos 14 segundos. Tamén tomou parte na proba dos 100 m. valados, quedando 6ª na sua serie.
Martin Fernandez Hermida (cadete de 1º año) aceptou o desafio de lanzar Xavalina, ainda que foran moi poucas as prácticas que tivemos nesta proba. Con 2 nulos non pasou á mellora impedindo que poidera chegar preto da sua marca persoal con outros 3 lanzamentos máis. Por outra parte fixo unha boa competición en lonxitude, manténdose por riba dos 5 metros (5,12m), ás portas das medallas, quedando na 4º posición.
É a primeira vez que un membro do Millaraio queda campión galego individual en pista o aire libre.
A participación dos nosos cadetes nesta competición déixanos moi orgullosos e con ganas de seguir traballando para que os nosos atletas teñan as mellores condicións, con confianza no noso proxecto e a seguridade de que vamos no bo camiño!
Noraboa a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario