jueves, 3 de mayo de 2012

Clasificados Provincial de Pista.

Xa circularón as listas de atletas clasificados para o Campionato provincial de Atletismo en Pista a realizarse en Riveira o vindeiro sábado 12/05. Temos a mais de 50 marcas clasificadas entre as 16 millores da provincia!

 Faremos chegar as listas ao correo eletrónico dos pais dos atletas en dous formatos: Unha lista xeral, con todos os clasificados en todas as probas e outra cos clasificados de millaraio onde xa están contempladas ao final algunhas incidencias de erros que xa identificamos. Pedimos que fagan chegar calquera incidencia para que que poidamos pedir as retificacións canto antes.
Por outra banda, os alevíns e infantiles teñen no mesmo día o Campionato Provincial de Probas combinadas (Velocidade, Lonxitude e Peso para alevíns e Vallas a maiores para Infantiles). A participación nas combinadas imposibilita a participación nas probas individuales polo que temos que evaluar cal é a mellor opción en cada caso.

A prioridade do noso proxecto sempre é que aprendan e experimenten todas as probas, polo que damos preferencia sempre às combindas, pero tamén sabemos que é importante buscar a clasificación para o campionato galego, que será para os 3 primeiros do provincial e as 4 mellores marcas de todas Galicia en probas escolares.

Hai un par de semanas que estamos estudiando caso a caso e falando cos atletas para definir as mellores opcións e como outra parte importante é a dispoñibilidade, deixamos abaixo os horarios da competición para que podades consultar e comunicar posibles axustes unha vez que divulguemos as listas coas probas que fará cada atleta:

http://www.atletismogalego.com/hs120512.pdf

Para este evento teremos o Autobus à disposición e é MOI IMPORTANTE que veñan cantos mais e todos xuntos no autobús. É unha maneira de xerar grupo, de que teñan como contar sùas experiencias, de que sintan que son parte de este grande Clube que estamos construindo! Na parte deportiva, faz unha grande diferencia pois xa se lles orienta dos horarios de probas, están sen a presión de chegar alguns minutos antes da sua proba tendo tempo de facer un quecemento adecuado e tamén observan outras probas, animando aos compañeiros e aprendendo!



Tamén hai previsto para esta competición a entrega a cada deportista de unha bolsa con bocadillo, água e fruta para a comida, por parte da Secretaria de deporte da Xunta de Galicia, polo que poden comer alí e pasar o día todos xuntos nun ambiente deportivo e sano!

Un saludo!

No hay comentarios: