O Club Atletismo Millaraio foi un dos protagonistas no Campionato Provincial de Atletismo Benxamín, Alevín e Infantil, disputado o pasado Sábado nas pistas de Riveira, onde o clube se presentou con 34 atletas con representantes en prácticamente todas as probas do programa.
Practicamente todos os atletas melloraron suas marcas e moitos provarón as probas combinadas por primeira vez, deixando clara a vocación do noso proxecto, que pretende que cada un poida desenvolver as mais diversas probas do atletismo! Unha proba de que vamos por bo camiño é que logramos 3 primeiros postos (de 4 posibles) e 6 medallas en total e ainda moitos postos entre os 10 primeiros!
O equipo Infantil conseguiu clasificar varios atletas para o Campionato Galego que será disputado día 26/05 en Vigo. A lista definitiva ainda non foi divulgada, pero aqueles que quedaron entre os 3 primeiros no Provincial teñen praza garantida.
O Balance final do clube foi de 13 medallas o que nos deixa moi contentos pois trátade se un campionato Provincial onde competimos con equipos con tradición de toda A Coruña, sendo ainda a segunda vez que o clube participa nos campionatos escolares e a primeira vez para moitos dos atletas.
Resultados Completos:
http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Santiago/s120512.pdf
Noraboa a todos os atletas por dar o seu mellor e facer que Millaraio sexa cada vez mais coñecido pola calidade dos seus atletas e do seu proxecto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario