lunes, 21 de mayo de 2012

COMIDA ANUAL DO CLUB

Semella que a tempada e o curso comezaron onte e xa está preto o seu final.
Como outros anos por estas datas o club organiza unha comida de confranternidade para atletas e familia. Este ano elexiuse o día 17 de xuño, domingo, aproveitando que é o día no que se celebra a Milla do Concello de Ames en Milladoiro.
O lugar onde terá lugar a comida é a mesma finca na que se fixo outros anos e que moitos xa coñecedes. Os que non coñezan o lugar poden preguntar a outros pais, así como aos membros da directiva.
O lugar é moi adecuado para poder pasar un bo día de lecer e poder xogar cos rapaces ao aire libre.

O menú previsto é o seguinte:

Menú Nenos:
1º Croquetas e tortilla.
2º Pasta á Boloñesa.
3º Xelados.
Prezo 6€.

Menú Adultos:
1º Ensaladilla ou tortilla.
2º Churrasco de porco, patacas e criollo.
Bebida postre e café.
Prezo 10 €.


Para inscribirse na comida tedes que mandar un correo ao presidente do club miguelbuela@gmail.com co nome do atleta e o número de nenos a de adultos que irán  en total.
Ademais nos próximos días mandarase un correo para comunicar  a conta bancaria na que teredes que facer o ingreso polo importe que corresponda e poñendo no concepto o nome do atleta e o número de nenos e adultos que asistiredes á comida.
data límite para inscibirse e facer o ingreso é o día 4 de xuño e non se aceptarán incricións con posterioridade.
No caso de ter feito o ingreso e finalmente non poder asistir, avisando con polo menos 3 días de antelación á data da comida, se devolveran o cartos ingresados.
Outros anos a experiencia foi moi agradable polo que vos animamos a todos a participar!

No hay comentarios: