miércoles, 23 de mayo de 2012

Intensa actividade atlética no Fin de semna- Para todos!!!

Primeiramente recordar que o prazo para a inscripción na andaina remata o Venres e que seria moi importante para o clube ter os nosos atletas e os seus pais disfrutando xuntos neste día e mostrando a representación do clube nun evento coorganizado por nós! Tedes mais abaixo a forma de inscripción.

Antes da Andaina teremos unha serie de eventos que apontamos abaixo na orde cronolóxica:

Venres - Control para Cadetes/Xuveniles en Pontevedra.

Un vez pasados os campionatos galegos destas categorias, nosos atletas seguen en busca de mellorar as marcas e tambén terán a oportunidade de estrenar o relevo 4x100m de Millaraio. As probas se fan en xornada de tarde e non hay transporte colectivo, ainda que aqueles que queiran ir e non teñan como, poden comunicalo aos adestradores para buscar unha maneira.
A participación é voluntaria.

horarios: http://www.atletismogalego.com/hp250512.pdf


Sábado Mañan - Adestramento Todos na Pista.

Outra vez teremos adestramento nas pistas da USC para os maiores 11:00 a 12:30 e para benxamíns e prebenxamíns de 12:30 a 13:30.

Tomóuse esta decisión pola inminente participación dos Benxamíns e Alevins no seu campionato galego día 02/06. Para facilitar a programción dos pais, deixamos aqui o enlace co regulamento e os horarios, ainda que iremos facilitar mais detalles mais adiante (ao ser unha proba da federación, xa sabemos que non hai autobus nen bocadillos).

http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2035-2012.pdf


Para facilitar a comunicación das confirmacións, enviaremos unha invitación para esta cita onde bastará con confirmar ou denegar a invitación para que enviemos as inscripcións ainda que ao final a confirmación depende das marcas. (ver circular)

Sábado Tarde - Campionato Galego Infantil - Pontevedra

Terá lugar nas pistas do CGTD (centro Galego de tecnificación Deportiva) en Pontevedra e reunirá os clasificados nos provinciais individuais e de probas combinadas. Millarario tomará parte con 7 atletas en busca de facer un bo papel e quen sabe conquistar algunha medalla. Non hai autobus da organización, pero aqueles que non teñan como ir poden entrar en contacto co clube para que se lles facilite unha solución. As probas son todas no periodo da tarde e deixamos abaixo o enlace cos horarios:

http://www.atletismogalego.com/hp260512.pdf

É a maior representación do clube en un campionato Galego de Pista e algúns dos nosos parten con boas colocacións no ranking en algúns casos con boas posibilidades de pelexar polas medallas!

Ánimo a todos!!!




No hay comentarios: