martes, 1 de mayo de 2012

Fin de Semana de Moitas Actividades!

Agardando a continuidade da tempada de pista que terá lugar en Riveira no próximo 12/05 con o campionato Provincial de Pista (xa se coñecerán mais detalles en algúns días), o próximo fin de semana estará dedicado a eventos relacionado ao atletismo en ruta. Os atletas das categorias Infantil, Cadete e Xuvenil, terán un adestramento técnico de 12:00 a 13:00 horas nas pistas de atletismo unha vez que teñen un numero de probas moi variado sendo necesario facer alguns axutes antes do provincial.

Como xá é tradicional dende a fundación do clube, Millaraio acudirá a Carreira de O Pino con todos os seus equipos, esperando revalidar alguns titulos individuais e tamén ser a entidade que mais atletas aporte à competición. Nosa participación xa foi recoñecida polo Concello de O Pino que dedicou ao clube un premeio especial pola súa participación e o fomento do atletismo!

O evento é considerado "Carreira do Club". Todos os nosos atletas están convocados e estarán inscritos salvo aqueles que confirmen que non poden acudir, ben Rechazando a invitación enviada por email, ben enviando un mail a millaraio@gmail.com .

Pregamos confirmación de no asistencia pois somos moitos atletas e a non participación de inscritos xera costes e complicacións às organizacións!
Reglamento, Horarios e Detalles:
http://www.atletismogalego.com/hs050512.pdf


Por outra banda, no domingo día 06/05, o concello de Padrón organiza o Campionato Galego de Milla e 1000m en ruta. Tamén poden acudir os prebenxamíns que teñen unha carreira para eles.

A participación é voluntaria e aqueles que queiran inscribirse deben Confirmar asistencia na Invitación ou enviar correo a millaraio@gmail.com antes de Mércores as 17:00.

Reglamento, Horarios e Detalles:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2029-2012.pdf


Un saúdo!

No hay comentarios: