lunes, 28 de mayo de 2012

Grandes Resultados no Fin de Semana- Millaraio Millor club de Galicia no Infantil de Combinadas

O pasado Sábado en Pontevedra teve lugar o Campionato Galego Infantil onde o Clube esteve representado por 7 atletas que fixeron un grande papel, ainda queo feito de estaren competindo en un campionato galego xa era moi meritorio!

Nas competicións individuais, Pablo Nogueira lanzou o peso outra vez mais alo dos 7 metros para ser o 12º de Galicia; Rocio Garcia estivo a piques de facer marca persoal cando casi venceu a barreira dos 1m30cm e acabaou 9ª e, por outra banda, Consuelo Quintáns aceptou o desafio dos 3km marcha facendo unha carreira moi controlada, de menos a mais, foi 10ª mellorando en mais de 1 minuto o seu antigo rexistro para poñerse con 23'07".



Por outra banda estaban os 4 atletas que competian en probas combinadas (80m lisos, 80m vallas, salto lonxitude e lanzamento de peso) e que, igual que os competidores individuais, feixerón unha grande proba mellorando a maioría das suas marcas persoais e poñendo o Clube como un dos mellores equipos nete tipo de probas, o que nos deixa moi contentos pois é o grande obxectivo do noso proxecto!

Icia Felipez mellorou moito sua marca en lonxitude e fixo boas carreiras para ser a 8ª millor de Galicia; Maria Hernando confirmou sua progresión mellorando as marcas en peso, lonxi e vallas para poñerse con 981 pontos na 4ª posición, a un pouquiño dos 1000 pontos e do podiun... Cabe lembrar que as duas son Infantiles de 1º ano e que lles queda outro ano mais na mesma categoria!


Nunha grande disputa con outra atleta da Sociedad Gimnastica de Pontevedra, Andrea Gonzalez demostrou sua competitividade e fixose con o 1º posto en 3 das 4 probas para facer 1511 pontos (millor marca galega do ano) e proclamarse Campeona Galega de Combinadas! Andrea foi moi regular facendo marcas moi próximas as suas mellores con grande destaque para a mellora de mais de medio metro en lonxitude onde chegou aos impresionates 4m40cm.

Na competición masculia ocurria algo parecido e Nicolás Rodriguez-Cadarso foi o grande destaque da xornada gañando 3 das 4 probas e impoñendose na puntuación xeral con grande ventaxa para ser o Campión con 1413 pontos, tambén o Recor de Galicia en esta tempada!

Destacar o apoio dos atletas de Millaraio Carla Buela, Marta Garcia e Antón Nogueira que estiverón animando nas gradas así como os pais e o presidente do Clube que non quixo perder esta cita que convertiuse no Maior exito da historia do do noso xoven Clube!

Resultados completos: http://www.atletismogalego.com/Resultados201112/Pontevedra/p260512.pdf
Parabéns a todos!

No hay comentarios: