miércoles, 28 de noviembre de 2012

Novas sudaderas e cazadoras


Informarvos a todos os socios/a que xa temos os modelos das novas cazadoras e sudaderas para probar. Tedes que pasar a probalas por Centro Deportivo en San Pedro de Mezonzo. No caso das cazadoras, como comentamos nun post anterior, trátase dun modelo diferente ao que vichedes nas pistas da USC (de ese modelo non quedaban tallas e a marca non garantizaba servilas todas). As cazadoras están parcialmente subvencionadas e teñen un custo de 25 €, aínda que se poden adquirir tamen usando os puntos. As sudaderas estan subvencionadas totalmente polo club, de xieto que saen a custo 0.

En ambos os casos debedes pasar a probalas pola tenda e deixar indicado o voso nome e a talla que necesitedes. O prazo para probar este material na tenda é até o día 11 de Decembro. A tenda xa dispón de todas as tallas.

lunes, 26 de noviembre de 2012

AVISO Lotería de Nadal

 
Os talonarios de lotería completos ou incompletos que non se vaian a vender, tedes de devolvelos con DATA LÍMITE O SÁBADO DÍA 1 DE DECEMBRO.
Despois de esa data non se admitirá devolución de ningún recibo, tan só de cartos.
 
O pago da lotería poderá facerse ATA O DÍA 4 DE DECEMBRO

domingo, 25 de noviembre de 2012

DECEMBRO - Mes de Moitas Actividades


Xa fai 2 meses que os nosos atletas entón en actividade e como todos os anos o regreso do parón vocacional non é doado, pero con moito traballo e determinación, xa podemos notar que vamos gañando a forza e resistencia necesarias para poder afrontar os primeiros retos importantes da tempada invernal!
Aínda pendentes da confirmación do horario oficial, o vindeiro Sábado se fará un control de marcas oficial na pista de atletismo da USC. É una competición oficial onde o obxectivo é rexistrar marcas que valen para saber como vai a progresión de cada un e tamén para o caso de buscar acudir a campionatos que pidan mínimas de participación ou posición no Ranking. Este control foi un pedido do Clube xunto à delegación de Atletismo de Santiago que ten se preocupado en fomentar actividades atléticas en todos os ámbitos.

A competición se realizará simultaneamente ao Campionato Galego de Marcha onde teremos a Vanesa Varela e Natalia Sanchez como representantes e, por tal motivo, as probas de pista do control teñen que desenvolverse antes das 11:30, polo que teremos que madrugar un pouco mais que o habitual. A intención é que todos nosos atletas participen de una das probas (xa definiremos durante os adestramentos da semana) de preferencia a de velocidade. Logo despois de competir faremos como complemento da sesión, un recoñecemento ao circuíto de campo a través da Alameda, que albergará o vindeiro 15/12 a primeira etapa do campionato escolar para o cal están todos os atletas convocados! (despois da competición, será a comida do Clube con o detalle de información no post anterior)

Completando a actividade do próximo fin de semana, participaremos todos da carreira de Vedra, considerada carreira do Clube e onde estarán todos inscritos (aqueles que saben que non poden ir, favor avisar por correo). O Clube encárgase da inscrición dos atletas e teremos a misión de superar a participación dos anos anteriores e, quen sabe, a da carreira de Ames!

Vémonos todos o fin de semana!

FESTA DE NADAL DO CLUB

Como todos os anos facemos coincidir a festa de Nadal do club coa primeira competición de Cross de Santiago que será o día 15 de Decembro. A competición este ano será na Alameda, e teredes mais información no calendario nos próximos días.

A comida será coma os dous últimos anos no RESTAURANTE SQUASH no Milladoiro.
 O menú será o mesmo que o do ano pasado.  

NENOS: Entremeses, pasta a bolognesa postre, refrescos e auga  PREZO 7€

ADULTOS: Entremeses, a elixir carne ou peixe, viño, auga, postre e café PREZO 10€

Para anotarvos tedes como data límite o 5 de Decembro  no seguinte correo: miguelbuela@gmail.com.  

Para pagar teredes que facelo na conta de Novagalicia Banco 2080 0372 82 3040011333 antes do dia 7 de Decembro. As persoas que no teñan conta en Novagalicia Banco para evitar que teñan que pagar 3€ de GASTOS POLA TRANSFERENCIA poden entregarlle os cartos as persoas da directiva que encontren nos adestramentos antes do dia 7.
Para facilitar a anulación por causas xustificadas, o club devolverá os cartos a todas as persoas que o comuniquen con tres días de antelación; se faltan menos de tres días non se devolverán os cartos porque o restaurante xa terá comprada a materia prima.

ESTE ANO NON SE ANOTARA A NADIE FORA DE PRAZO o supoñer moitos problemas coa organización.

Animádevos!!!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

MILLARAIO: O MELLOR CLUBE DO CONCELLO DE AMES


Como todos os anos, o concello de Ames organiza a Gala do Deporte, co obxectivo de premiar os destaques do deporte do noso Concello. A escolla dos premiados fica a cargo dos representantes de todos os Clubes do Concello que propoñen as candidaturas e tamén votan nas diferentes categorías para escoller os premiados de cada ano.

Na edición do 2012 temos o orgullo de se recoñecidos como O MELLOR CLUBE DO CONCELLO, recibindo o apoio da maioría dos Clubes que recoñecen a labor do Millaraio no fomento do deporte de base no Atletismo que é un deporte minoritario, contando con 73 atletas da categoría benxamín a xuvenil e unha importante participación de rapazas. Tamén recoñecen dende o concello a implicación do Clube propoñendo e participando de maneira activa en actividades deportivas e sociais do concello.


Tamén entrou en valor a estrutura deportiva que conta con o esforzo de desprazarse e pagar a instalacións das pistas de atletismo, a división en grupos por idades e homoxéneos ben como a formación e experiencia dos adestradores do proxecto, todos con bagaxe académica e historial dentro do atletismo.

Por outra banda os resultados deportivos que comezan a aparecer con participacións en campionatos estatais e mesmo nacionais e medallas en campionatos galegos sumados ao recoñecemento da federación Galega de Atletismo, considerando o Clube como Núcleo de Iniciación Básica Atlética II, acabaron de afirmar o Millaraio como mellor candidato a recibir o galardón!

O premio entregarase o vindeiro 1º de decembro, ás 20:30, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, con aforo limitado e controlado por invitacións. O Clube terá algunhas e pedimos aos interesados en asistir que manden un correo a millaraio@gmail.com para expresar  súa vontade de acudir e cantas persoas irían. Caso necesario faremos un sorteo para definir os asistentes.
Gracias a todos aqueles que pasaron por el Club en los 4 años de historia y que aportaron cada uno su parte para que poderamos chegar a ofrecer esta estrutura a nosos atletas e recibir os  recoñecementos polo traballo realizado! 
Parabéns a todos!

jueves, 15 de noviembre de 2012

Convocatoria Eleccions Presidente/a do Club


A Xunta Directiva do Club de Atletismo MillaRaio na reunión celebrada a o día 9 de novembro de 2012, tomou o acordó de convocar as eleccións para cubrir o cargo de Presidente do club, segundo os seguintes criterios e convocatoria

CONVOCATORIA

Con esta data quedan convocadas as eleccións que terán lugar o 15 de decembro de 2012 ás 12,00 h. no local do que fai uso o club sito en c/ Rosalía de Castro nº 47- baixo, no Milladoiro

O cargo electo é o de Presidente por cesamento regulamentario de D. Francisco Miguel Buela Cruces.

O devandito cargo será elixido entre os socios do Club. Os candidatos, de acordó co artigo 45.3 de Ley 3/12 de 2 de Abril del deporte de Galicia “…no podrá formar parte de más de una junta directiva de clubes distintos que participen o tengan intereses en idéntica competición oficial”

A elección realizarase por votación directa e secreta dos socios, tendo dereito de sufraxio activo todos os socios.

Os trámites que se han seguir ata a celebración do acto electoral son os seguintes:

  1. A convocatoria será anunciada con 30 días de antelación. A elección efectuarase o día sinalado (15/12/12) entre as 12,00 e as 14,30 h. en que se procederá ao peche das urnas e a o seu correspondete escrutinio.
  2. Dentro dos cinco días seguintes á data da convocatoria electoral a secretaría encargarase de:
    - publicar no blog do MillaRaio e remitir por e-mail a convocatoria electoral na que deberán constar os seguintes extremos:
        a. Cargo obxecto de elección
        b. Día e hora da celebración do acto electoral e a hora en que se pecharán as urnas para dar comezo ao escrutinio
    - expor, mediante listaxes que poderán ser consultadas cos membros da xunta directiva, o listaxe de socios con dereito a voto.
  3. As candidaturas deberán presentarse mediante e-mail a conta do club, secretaria@millaraio.es, con 15 de días de antelación, cando menos, a data sinalada para o acto electoral. As candidaturas deberán presentarse posteriormente cunha declaración xurada de non incorrer na situación recollida no art. 45.3 da Ley 3/2012 de 2 de abril del deporte de Galicia, e co aval do 10% dos socios do club, entregándose a calquera membro da directiva.
  4. Os socios que dexesen formular reclamacións contra as listaxes de electores, haberán de presentalas dentro do prazo dos cinco días seguintes a súa exposición (do 20 ao 24 de novembro).
  5.  A Xunta Directiva, no  caso de existir reclamacións contra as listaxes de electores, resolverá sobre elas dentro dos tres días seguintes á expiración do prazo para formulalas. A súa notificación seralle notificada a cada reclamante dentro dos dous días seguintes.
  6. A Xunta Directiva, ao día seguinte á finalización do prazo de presentación de candidaturas  (01/12/12) proclamará como candidatos aqueles que reúnan os requisitos legais exixibles e considerarán electos aqueles que non teñan oponentes.
  7.  A seguir, publicarao no blog e comunicarallelo aos interesados.
  8. Todos os plazos sinalados computaranse por días naturais.
  9. Para a celebración da elección, constituirase a mesa electoral. Esta mesa estará integrada polo secretario da Xunta Directiva como presidente, auxiliado como mínimo por dous membros máis da propia Xunta, como vogais, dos que o máis moderno actuará como secretario. Cada candidato poderá, pola súa parte, designar de entre os socios un ou máis interventores para que o representen nas operacións da elección.
  10. Na mesa electoral deberá haber unha urna pechada que deixe unicamente unha abertura para depositar os votos.
  11. Unha vez constituída a mesa electoral, o presidente indicará o comenzo da votación e, á hora prevista para a súa finalización, pecharanse as portas e só poderán votar os socios que xa estivesen no local. Os membros da mesa votarán en último lugar.
  12. A elección terá de duración para o seu desenvolvemento o tempo fixado entre as 12,00 e as 14,30 h.
  13. As papeletas de voto deberán ser brancas, do mesmo tamaño, editadas polo Club e deberán levar impreso por una soa cara o nome do candidato.
  14. Na sede en que se celebren as eleccións, deberá dispor do número suficiente de papeletas cos nomes dos candidatos en branco
  15. Os votantes deberán acreditar ante a Mesa Electoral a súa personalidade. A mesa comprobará a súa inclusión no censo de socios; o seu presidente pronunicará en voz alta o nome e os apelidos do votante e indicará que vota; deseguido, o presidente introducirá a papeleta na urna correspondiente.
  16. Logo de finalizar a votación, procederase ao escrutinio lendo en voz alta todas as papeletas.
  17. Deberán ser declarados nulos totalmente aqueles votos que conteñan expresións alleas ao estrito contido da votación ou que conteñan riscaduras ou marcas escritas e as que indiquen mis dun candidato para un mesmo cargo, ou nomes de persoas que non concorran á elección.
  18. Unha vez finalizado o ecrutinio, a presidencia anunciará o resultado e de seguido proclamará electo o candidato que obtivese o maior número de votos. No caso de empate entenderase elixido o socio máis antigo.
  19. No prazo de cinco días dende a proclamación do Presidente, será comunicado ao Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta.




                            

martes, 13 de noviembre de 2012

Folga Xeral 14 de novembro.

Como consecuencia da Folga Xeral do mercores dia 14 de novembro, e ante a imposibilidade de confirmar a apertura das instalacions, suspendese o entreno do mercores, tanto nas pistas da USC coma no Pavillon do Milladoiro. Perdon a todos polas molestias.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Aviso sobre as cazadoras!!

Sentimos informar a todos os socios interesados na adquisición das novas cazadoras, que por motivos alleos a xunta directiva, a tenda non dispón, nin vai dispoñer en breve de todas as tallas para poder probalas e adquirilas. Problemas co fabricante ou distribuidor lle impiden garantirnos que se poidan servir para todo os socios interesados. Por este motivo, vemonos na obriga de buscar un modelo alternativo e con outro fabricante que poida atender a demanda de todo o club.

En próximas datas publicaremos no blog o novo modelo e cando se pode ir a probar a nova cazadora.

Pregamos disculpas a todos socios que xa foron a tenda e atopáronse con problemas.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Ofrecemento do club para o Domingo 11



Este Domingo día 11 celebrarase a  FEIRA DE CABALOS (cualificada de interese autonómico) en Francos-Teo,  aldea donde se fan os eventos da comida de fin de tempada e a cacharela do club. Coincide co 500 aniversario da Feira.
Por iso dende o club de Atletismo queremos ofrecer os seguintes servicios ós socios:

*Aparcamento gratuito na finca para todos os socios de Millaraio  sempre que a Policía permita o acceso ata ela.
Tamén existe un aparcamento gratuito a 700m. apróximadamente e non hai problema para chegar.  Outros cercanos a finca teñen un coste duns 3 euros.

Na feira hai moitos postos de pulpo, churrasco, carne o caldeiro, pero coidan  estar case sempre saturados:

*Ofrecemos por tanto o espazo que hai  na finca para comer os socios (que queiran levar a comida) e en caso de choiva poderan utilizar o cuberto que dispón de aseo e mesas. Tamén existe a posibilidade de coller na casa nº 14, algo para comer e beber. Si precisades mais información sobre esto último chamade a Miguel Buela.  Tamén se podería consumir alí mesmo.

Os rapaces poden xogar nas fincas habituales , pero ao NON SER  UN EVENTO DO CLUB non haberá monitores por tanto é  responsabilidade  dos socios  deixar todo tal e como está: recoller basura, deixar gardadas e recollidas as mesas,  etc...

No seguinte enlace tedes mais información sobre esta feira:



jueves, 8 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO- MILLARAIO PRESENTE!

Un ano mais o concello de Ames vai celebra a festa do Magosto, facendo coincidir con varias actividades relacionadas ao período do Outono e tamén con actividades de carácter lúdico-deportivo.


O Clube Millaraio non podería estar fora e convoca a todos aqueles atletas e familiares que queiran participar da festa que vai incluír una actividade de atletismo impartida ao mais pequenos para achegar un pouco do noso deporte a todos aqueles que queiran probar! Os atletas que veñan con a roupa do Clube e participen das actividades recibirán “Puntos Millaraio” pola participación en actividade de interese!

Tamén axudaremos na organización, unha vez que o noso clube tamén ten a función de ofrecer a súa colaboración en actividades nas que poidan disfrutar todos os veciños do noso concello e en especial, aqueles que pertencen a Millaraio.

Toda a Información podedes acadar na seguinte ligazón:

http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=8960&idioma=gl&sec=32


Vémonos Sábado!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Adquisición de novas cazadoras e tenis de cravos


O club xa dispón das novas cazadoras que van substituír ás antigas azul escuras (Nas fotos adxuntas móstrase o modelo). A semana pasada a levamos para ensinar aos adestramentos nas pistas e a primeira impresión foi moi positiva, até o punto que moitos pais preguntaron se era posible a compra non só para os nenos, senón tambien para eles.

Todos os nenos/as que queiran adquirila poden facelo utilizando os puntos que teñan dispoñibles ou ben pagando o importe da mesma. O prezo final esta bastante rebaixado, xa que esta subvencionada parcialmente polo club e cun desconto importante por parte da tenda. Para adquirila deben achegarse á tenda Centro Deportivo (San Pedro de Mezonzo 31) para probar as tallas e facer a reserva indicando o seu nome, apelidos e talla solicitada.



Os pais dos atletas que desexen adquirila pódeno facer. Neste caso non se subvenciona, pero a tenda realízanos un desconto importante no prezo final.

Comentar que tambien pódense renovar os tenis de cravos nesta mesma tenda. Se xa se dispoñen duns tenis de cravos Joma en estado aceptable, pódense deixar na propia tenda e recoller uns novos (Joma) por 20 €. Outra opción sería cambiar os actuais Joma por outros de segunda man. Neste caso non é necesario pagar nada. Se non se dispoñen de tenis de cravos para cambiar será necesario adquirilos ao prezo marcado na tenda.

Desta forma, o club quere facilitar o intercambio de material deportivo entre os socios interesados. Neste caso concreto, trátase de material que adoita quedar pequeno dun ano para outro, en bastante bo estado e con pouco uso.  

GRAN PARTICIPACIÓN DE MILLARAIO NA CARREIRA DE AMES


Unha vez mais o Clube Atletismo Millaraio foi protagonista na Carreira de Ames onde deixou mais azul o paseo fluvial de Bertamiráns con seus mais de 60 atletas distribuídos en diferentes categorías de Benxamíns a adultos, un  novo Recorde do Clube pa esta carreira!
Contra os prognósticos a climatoloxía foi perfecta e axudou a que se puidera disfrutar de un bo día de atletismo que contribuíu para que a foto do Clube se fixera polo menos unha vez con bo tempo!


Adiantamos que por motivo do festivo, sabemos que moitos non puideron estar presentes para a foto, polo que faremos unha outra mais adiante para dar a oportunidade de que poidan estar todos! Probablemente na carreira de Vedra, que é carreira “do Clube” e xa ten data publicada para o día 02/12.
En relación ca parte deportiva, destacar a implicación de todos os atletas en facer o mellor posible, aínda que estamos comezando a tempada, moitos correran por primeira vez en novas categorías e a grande maioría ten nas probas de pista o seu punto forte, aínda que van se defendendo cada vez mellor nas probas de resistencia!
Agradecemos a colaboración de todos aqueles atletas, pais, directivos e adestradores que doaron o seu traballo na axuda da organización da proba e dos nosos equipos, pois o Clube é un dos colaboradores principais e deixouse ver na cantidade de persoas que axudaron nas distintas tarefas realizadas por xente do Clube! Parabéns a todos!
Por último, deixamos o enlace cos resultados completos de todas as categorías, ofrecido pola Delegación de Atletismo de Santiago y tamén outro enlace con varias fotos do Correo Gallego onde podemos ver moitos atletas de Millaraio en acción!

Resultados Completos:


Galeria fotos El Correo Gallego:

jueves, 1 de noviembre de 2012

Fin de Semana - Carreira de Ames

Hola a todos!

Primeiro aclarar algunhas cousas respecto a fin de semana e a estrutura de adestramentos. Tedes o Calendario no Blog sempre actualizado para consultar os eventos e os detalles de adestramentos cando teñades algunha dúbida. O clube decidiu acoplar o calendario de adestramentos de este ano ao calendario escolar, polo que nos puentes festivos que non teñan clase no colexio, non haberá adestramentos.

No Domíngo día 04/11 faremos o estreno oficial do Clube na tempada 2012/13 e non podía ser de mellor forma que correr na propia casa, no noso Concello! Seguimos pedindo a colaboración daqueles que poidan botar unha mán nas tarefas de colocación de vallas, corte de tráfico e outras labores organizativas da carreira que ten o noso Club como colaborador! (Enviar un correo a miguelbuela@gmail.com para quedar)

Os atletas de Millaraio están todos anotados e unha vez mais, hai a previsión de que teremos o record de participación na proba, que a falta de unhas horas para o peche das inscripcións, xa conta con casi 600 inscritos nas carreiras escolares.

Hai algunhas novidades relacionadas cos circuitos das categorías menores, con cambios para melloría da proba introducidos pola organización. Podedes consultar a nota relacionada a este tema e os mapas con os percorridos na seguinte ligazón:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1096

Non esquezades que este ano cambiaron os horarios da carreira, de tal maneira que corren os adultos e os xuveniles primeiro, ás 11:00, e o resto de categorías dos pequenos ás 12:00.

Os que compitades ás 12:00 tendes que estar a pe de carreira as 11:30 para recoller os dorsais e quentar. 
Aproveitaremos esta carreira do club para facer a foto oficial deste ano, así que estade atentos porque a faremos as 11:45 aproximadamente. Faremos unha segunda foto nun adestramento para que poidan estar tamén  os que non poden vir a carreira por motivos de viaxe.

Boa carreira!! Vémonos o domingo!