Unha vez mais o Clube
Atletismo Millaraio foi protagonista na Carreira de Ames onde deixou mais azul
o paseo fluvial de Bertamiráns con seus mais de 60 atletas distribuídos en
diferentes categorías de Benxamíns a adultos, un novo Recorde do Clube pa esta carreira!
Contra os
prognósticos a climatoloxía foi perfecta e axudou a que se puidera disfrutar de
un bo día de atletismo que contribuíu para que a foto do Clube se fixera polo
menos unha vez con bo tempo!
Adiantamos que
por motivo do festivo, sabemos que moitos non puideron estar presentes para a foto, polo que
faremos unha outra mais adiante para dar a oportunidade de que poidan
estar todos! Probablemente na carreira de Vedra, que é carreira “do Clube” e xa
ten data publicada para o día 02/12.
En relación ca
parte deportiva, destacar a implicación de todos os atletas en facer o mellor
posible, aínda que estamos comezando a tempada, moitos correran por primeira
vez en novas categorías e a grande maioría ten nas probas de pista o seu punto
forte, aínda que van se defendendo cada vez mellor nas probas de resistencia!
Agradecemos a
colaboración de todos aqueles atletas, pais, directivos e adestradores que doaron
o seu traballo na axuda da organización da proba e dos nosos equipos, pois o Clube
é un dos colaboradores principais e deixouse ver na cantidade de persoas que
axudaron nas distintas tarefas realizadas por xente do Clube! Parabéns a todos!
Por último,
deixamos o enlace cos resultados completos de todas as categorías, ofrecido
pola Delegación de Atletismo de Santiago y tamén outro enlace con varias fotos
do Correo Gallego onde podemos ver moitos atletas de Millaraio en acción!
Resultados Completos:
Galeria fotos El Correo Gallego:
No hay comentarios:
Publicar un comentario