domingo, 25 de noviembre de 2012

DECEMBRO - Mes de Moitas Actividades


Xa fai 2 meses que os nosos atletas entón en actividade e como todos os anos o regreso do parón vocacional non é doado, pero con moito traballo e determinación, xa podemos notar que vamos gañando a forza e resistencia necesarias para poder afrontar os primeiros retos importantes da tempada invernal!
Aínda pendentes da confirmación do horario oficial, o vindeiro Sábado se fará un control de marcas oficial na pista de atletismo da USC. É una competición oficial onde o obxectivo é rexistrar marcas que valen para saber como vai a progresión de cada un e tamén para o caso de buscar acudir a campionatos que pidan mínimas de participación ou posición no Ranking. Este control foi un pedido do Clube xunto à delegación de Atletismo de Santiago que ten se preocupado en fomentar actividades atléticas en todos os ámbitos.

A competición se realizará simultaneamente ao Campionato Galego de Marcha onde teremos a Vanesa Varela e Natalia Sanchez como representantes e, por tal motivo, as probas de pista do control teñen que desenvolverse antes das 11:30, polo que teremos que madrugar un pouco mais que o habitual. A intención é que todos nosos atletas participen de una das probas (xa definiremos durante os adestramentos da semana) de preferencia a de velocidade. Logo despois de competir faremos como complemento da sesión, un recoñecemento ao circuíto de campo a través da Alameda, que albergará o vindeiro 15/12 a primeira etapa do campionato escolar para o cal están todos os atletas convocados! (despois da competición, será a comida do Clube con o detalle de información no post anterior)

Completando a actividade do próximo fin de semana, participaremos todos da carreira de Vedra, considerada carreira do Clube e onde estarán todos inscritos (aqueles que saben que non poden ir, favor avisar por correo). O Clube encárgase da inscrición dos atletas e teremos a misión de superar a participación dos anos anteriores e, quen sabe, a da carreira de Ames!

Vémonos todos o fin de semana!

No hay comentarios: